Cando se cumpren 15 anos dende o regreso da Selección Galega de fútbol aos terreos de xogo no século XXI e coincidindo coa data do 98º aniversario do primeiro partido oficial dun combinado galego, este xoves 19 de novembro, o Colectivo NÓS reúne nunha videoconferencia a varias figuras destacadas do fútbol galego para falar sobre o presente e futuro da Irmandiña.
A charla será retransmitida en vivo ás 21:00 horas polas canles de Facebook e Youtube do Colectivo Celtista e Galeguista NÓS, moderada pola xornalista María Sabarís, e contará coas intervencións do músico e escritor Xurxo Souto como promotor do movemento bravú que rescatou o debate da Selección Galega nos anos 90, do adestrador Fernando Vázquez como seleccionador no 2005 xunto a Arsenio Iglesias, do porteiro celeste Sergio Álvarez como gardamallas no combinado do 2016 e da xogadora recoñecida internacionalmente, Verónica Boquete.
O Colectivo NÓS, como agrupación de seareiros celtistas que loita por defender a identidade galeguista dun Celta que comparte orixe coa selección (dous dos fundadores do clube, Manuel de Castro e Pepe Bar foron os primeiros seleccionadores galegos), organiza esta videoconferencia como revulsivo para tentar recuperar o foco de atención sobre a Selección Galega e o seu futuro ante a pasividade da federación e as institucións do país nun momento de incertidume cando se cumprirán 4 anos dos seus últimos partidos oficiais desputados.
El Celta presenta su innovadora tercera camiseta y estrena su nueva tienda en Balaídos, con Celestino como sorpresa
La alcaldesa de Mos manifestó que espera que Feijóo inaugure la segunda fase de Afouteza como presidente del Gobierno
El asturiano logra su tercera victoria del Rallye Rías Baixas tras subirse a lo más alto del podio en 2021 y 2023
Pasión total en Vigo y su área en la jornada de sábado del Rallye Rías Baixas, una jornada en la que el motor volvió a O Castro
Supón un fito no eido da acuicultura sustentable e podería reducir a dependencia dos bancos naturais
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL