As campañas de concienciación promovidas pola Deputación de Pontevedra nos festivais das Rías Baixas avanzan con “rotundo éxito” e xa acumulan unha participación por enriba das 10.000 persoas. Rematados os catro primeiros festivais (Portámerica, Atlántic Fest, Vive Nigrán e SinSal) estase a percibir “unha excelente acollida” das campaña de sostibilidade “Somos historias, somos sostibles”, e das campañas de igualdade “Conta comigo. Eu respéctote” e “Lembra, eu decido, ti respecta.
Ata o momento, no ecuador do verán musical na provincia, a Deputación de Pontevedra, segue a desenvolver a campaña de sensibilización para previr as violacións a as agresións por submisión química. A iniciativa iniciada o ano pasado baixo o lema “Lembra, eu decido, ti respecta” vai dirixida tanto a mozos como a mozas e con ela repártense material explicativo no que se mostra con claridade os límites nas relacións e danse a coñecer este tipo de agresións facendo fincapé en que son un delito e que a culpa nunca é da vítima. A novidade deste ano para todos os #RíasBaixasFests é a posta en marcha da campaña “Conta Comigo eu Respectote”, especialmente dirixida aos mozos. Con ela preténdese que os mozos amosen o seu rexeitamento ante este tipo de conductas, non sexan cómplices e situarse claramente fronte aos agresores.
Neste stand de igualdade, durante os primeiros catro festivais a Deputación de Pontevedra atendeu a máis de 4.500 persoas, repartiu 4.400 sombreiros, 13.200 adhesivos e distribuíu máis de 8.000 trípticos. A iniciativa está a espertar un grande interese, especialmente entre as mulleres, que son o 62% das persoas que achegáronse ata os puntos de información. Moitas delas interactuaron coas axentes de igualdade para compartir casos de violencia sexual que viviron de primeira man.
Respecto á iniciativa de sustentabilidade, “Somos Historias, Somos Sostibles”, a Deputación xa repartiu máis de 6.000 ecocabichas (1.200 no Portamérica, 1.500 no Vive Nigrán, 2.200 no Atlantic Fest e 800 no Sinsal). Amais, o persoal da institución provincial percibiu que o público que se achegou ata os stands da institución provincial interesáronse moito por esta pioneira iniciativa. Esta acción, encamiñada ao compromiso co medio ambiente, está pensada para concienciar á sociedade sobre a importancia de recoller os residuos máis nocivos nestas contornas, como son as cabichas e os plásticos. Con esta proposta buscase que o público recolla estes materiais e a cambio se beneficien de sorteos de entradas para festivais na edición do 2019.
As tres campañas, coas que a Deputación de Pontevedra quere complementar a oferta lúdica e musical con espazos para cambiar conciencias, tamén estarán presentes o vindeiro fin de semana en Bueu, co “SonRías Baixas”, posteriormente, no “Marisquiño” (en Vigo do 10 ao 12 de agosto) e no “Revenidas” (en Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa, do 17 ao 19 de agosto).
El policía fue alcanzado por un petardo, que le impactaría en el pie derecho, por lo que tuvo que ser atendido en urgencias
Vilagarcía ha anunciado que ya es posible bañarse con normalidad en la playa de Canelas. La Xunta desaconsejó temporalmente el baño en ella
Caballero destaca que Zona Franca de Vigo invertirá 90,9 millones en la ciudad con el impulso de importantes proyectos
Anuncian solicitarán el acceso a todos los expedientes de autorización de eventos públicos tramitados desde el 1 de enero
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL