• Jardín en Vigo
  • Nuevo obrador Vigo
  • Estadio Balaídos
  • Castillo Sobroso
  • Conciertos atardecer
  • Fiesta histórica
  • Mercado O Porriño
  • Despliegue militar
  • Festa da Coca
  • Mundial 2030
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A Comunidade de Montes de Tameiga presenta unha querela contra Mouriño e Nidia Arévalo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
15/12/2020

A Comunidade de Montes de Tameiga presenta querela nos xulgados de O Porriño contra Manuel Carlos Mouriño Atanes como representante do Real Club Celta de Vigo, S.A.D., e contra Nidia María Arévalo Gómez así como aos demais membros da Xunta de Goberno Local do Concello de Mos. Os comuneiros demandan á xustiza que se acorden, como medidas cautelares, a suspensión das obras e, no suposto de estar concluídas, a prohibición do uso do construído. Para asegurarse da efectividade desta medida se solicita ademais o precinto da edificación en cuestión e o apercibimento aos querelados de incorrer en delito de desobediencia ou de quebrantamento de medida cautelar no caso de quebrantar o precinto.

Tamén solicitan na querela que se esixa á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística a elaboración dun informe sobre se as obras proxectadas e construídas son catalogables como obras e instalacións imprescindibles para o uso de actividades de carácter deportivo ao aire libre ou se se trata da implantación dun equipamento deportivo para o que se require a tramitación dun Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións (PEID) .

Másnoticias

O Porriño pone fecha a su mercado más sostenible, el "FLI-PO" vuelve con 45 puestos, comida y música

Vuelve el Fli-Po, el mercado más sostenible de O Porriño con música, talleres y food trucks

04/06/2026
El Celta recoge antes del partido alimentos y otros productos para los afectados por la DANA

Campaña en Vigo para que el estadio de Balaídos no lleve el nombre de Abanca: "É público, é vigués"

04/06/2026

Na querela presentada sinálase que co fin de sortear a tramitación e aprobación dun PEID e de favorecer o inicio prematuro das obras, a Xunta de Goberno Local do Concello de Mos concedeu dúas licencias nun intento de minimizar o alcance das obras mediante un fraccionamento do proxecto por fases: primeiro autorízase o campo de fútbol –dobre– e o aparcamento, e despois autorízanse os vestiarios e o resto de instalacións. "Isto supón unha concesión de licencias sabéndoas contrarias á lei". A Xunta de Goberno, "co fin de sortear a tramitación e aprobación dun PEID e de favorecer o inicio prematuro das obras", concedeu as licencias intentando minimizar o alcance daquelas mediante un fraccionamento do proxecto por fases. A asesoría legal da Comunidade de Montes entende que todas estas actuacións "poden ser constitutivas de delito por prevaricación penado coa prisión dun ano e seis meses a catro anos e a de multa de doce a veinticuatro meses".

A Comunidade de Montes de Tameiga destaca que "é significativo que precisamente se estea agora a tramitar un PEID (DOG nº 166 de 18.08.2020) cuxa principal finalidade é a de dotar de cobertura ás obras previamente licenciadas". Para o colectivo isto "confirma a consciencia por parte da entidade local de que unhas obras das dimensións das proxectadas, e executadas, polo Celta de Vigo requiren dun PEID, posto que exceden con moito das instalacións deportivas que tipicamente se veñen permitindo en solo rústico sen necesidade de tal Plan Especial".

A Comunidade de Montes de Tameiga tamén denuncia que as obras executadas exceden claramente os proxectos licenciados. O proxecto técnico licenciado para os vestiarios e instalacións auxiliares imprescindibles prevía tres pezas independentes de dous andares unidas baixo unha cuberta unitaria. En total, prevíase unha superficie total de 1.404,31 metros cadradas cunha superficie en planta ocupada por toda a edificación de 2.762,8 metros cadradas. Sen embargo, apuntan que as obras que se están executando exceden con moito do proxecto licenciado, pois a superficie executada é manifestamente superior á permitida pola licenza na que pretenden ampararse. Este exceso pódese apreciar a simple vista das obras executadas.

A entidade local afirma que no proxecto técnico licenciado para o campo de fútbol e soto para instalación, prevíanse dous campos de fútbol ao este de onde se proxectou a construción dos vestiarios, sen que se previse a construción dun terceiro campo de fútbol ao oeste de dita construción. Sen embargo, estase construíndo un terceiro campo de fútbol ao oeste dos vestiarios sen que se atope previsto no proxecto licenciado.

Apuntan que agora pretenden encaixar un campo de fútbol dobre (agora triplo) que alcanza unhas dimensións de 16.576 metros cadrados, un aparcamento de 5.500 metros cadrados e uns vestiarios e instalacións das dimensións das proxectadas no uso de actividades de carácter deportivo ao aire libre e catalogalos como obras e instalacións imprescindibles para o uso de que se trate, resulta absolutamente insostible e contrario á vontade do lexislador urbanístico autonómico. A eventual permisión da implantación en solo rústico por licenza municipal só cabería en supostos excepcionais de instalacións deportivas municipais ou parroquiais. Pola contra, o complexo deportivo que se licenciou "encaixa perfectamente na definición de equipamento deportivo privado contida no RLSG e no Decreto 83/2018." A Comunidade de Montes de Tameiga sinala que, de forma intencionada e con coñecemento da súa ilegalidade, "produciuse unha absoluta e groseira desviación das obras executadas respecto da licencia da que pretenden ampararse, incrementándose de xeito considerable o volume e superficie da edificación".

Temas: A LouriñaCelta de VigoMosTameiga
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial
Enfoque

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial

El jardín de Vigo con más especies exóticas presenta una nueva apertura en su interior. Un espacio donde convive la botánica y la artesanía

PorSara Rodríguez
04/06/2026
Vigo suma un nuevo obrador de barrio que une la tradición de Galicia con los sabores de Nicaragua
Enfoque

Vigo suma un nuevo obrador de barrio que une la tradición de Galicia con los sabores de Nicaragua

Una nueva panadería de barrio que servirá de puente entre Vigo y Nicaragua. Así es este proyecto familiar que acaba de abrir en la ciudad

PorAlfredo Teja
04/06/2026
El Celta recoge antes del partido alimentos y otros productos para los afectados por la DANA
Enfoque

Campaña en Vigo para que el estadio de Balaídos no lleve el nombre de Abanca: "É público, é vigués"

El estadio de Balaídos y las calles aledañas se llenan de pancartas reclamando que el campo "es vigués, no de Abanca"

PorCarlos I. Castrillón
04/06/2026
Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen
Enfoque

Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen

El Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de la provincia, ya se puede volver a visitar. Estuvo cerrado varios meses por obras

PorIván Dacal
04/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Comentarios 1

  1. Alberto Blanco Llinares says:
    Hace 5 años

    Celta a jugar en Mos. Balaídos para Grupo PSA o proveedores.

    Responder

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X