A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este venres un novo convenio co Concello de Vigo para a execución dun plan de mellora da mobilidade urbana, a través da renovación da capa de rodadura dunha decena de viarios municipais, situados en sete parroquias do rural. O orzamento destas actuacións ascende a un total de 673.195 euros, dos que a Deputación aportará segundo o convenio 537.113 euros e o Concello os restantes 136.081.
A través destas actuacións para mellorar a seguridade viaria, renovarase o aglomerado e rehabilitarase o paquete de firme en toda a lonxitude dun total de nove viarios, situados nas parroquias de Cabral (rúa Penis), Teis (rúa Párroco Don Serafín e rúa Cantabria), Lavadores (rúa Fonte Escura e Camiño de Sabaxáns), Sampaio (Camiño de Sampaio de Abaixo), Bembrive (rúa Parrocha), Candeán (Camiño de Besada) e San Xoán (rúa Vista do Mar).
Este novo convenio súmase as actuacións que se desenvolven na cidade ao abeiro do convenio 21-23 Concello-Deputación, algunhas xa en obras como a fase 4 da humanización de Martínez Garrido, xa executada nun 60%; ou a transformación da avenida de Castelao entre Martín Echegaray e Doctor Darío Durán. Están en licitación a mellora de firme da avenida de Fragoso, a mellora da pavimentación das rúas do Carme e Cesáreo González, a das rúas Padre Seixas e Porriño, da rúa Nigrán e da avenida Atlántida. Amais, a fase 1 da recuperación de Samil xa está en fase de aprobación, mentres os proxectos da humanización de San Roque, as actuacións do Vigo Vertical en Juan Ramón Jiménez ou na rúa Aragón licitaranse proximamente. Finalmente, o proxecto de cubrición do patio do CEIP Javier Sensat adxudicarase en próximas datas.
Polo demais, a actuación da grada de Marcador do Estadio de Balaídos, na que participan Concello e Deputación, está executada ao 80%, mentres que no capítulo de infraestruturas, xa está asinado o convenio para a continuidade das actuacións para a cesión ao Concello da titularidade da EP-2001 Calvario-A Garrida. En canto ao convenio para as obras de mellora das interseccións e acondicionamento no entorno da EP-2003 (estrada do Vao), está en trámite o expediente de contratación.
Ponteareas ha abierto el plazo para solicitar las ayudas para el material escolar. Esta es la cuantía y quién puede optar a ellas
Baiona registró este martes su primer incendio forestal en el entorno de la iglesia de Baredo, aunque se controló pronto
Medio Rural ha actualizado la superficie quemada de varios de los incendios. El de Larouco ha arrasado con al menos 30.000 hectáreas
La multinacional sueca inicia la cuenta atrás para abrir su tienda de 355 metros cuadrados en Vigo, la gran apertura del verano en Vialia
O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL