• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A Deputación apunta a mobilizar máis de 200 millóns nun orzamento que "reactive" a economía en 2021

A Deputación apunta a mobilizar máis de 200 millóns nun orzamento que "reactive" a economía en 2021
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
11/11/2020

A Deputación de Pontevedra presentou esta mañá o seu orzamento para o vindeiro ano que buscará, segundo a presidenta provincial, Carmela Silva, “potenciar o investimento público para reactivar a economía” e, á vez, “cumprir coa axenda 2020”. As contas, que se aprobarán nun pleno extraordinario o 20 de novembro, destacan por un incremento da capacidade orzamentaria até os 164,5 millóns de euros (este ano foron 160,93 millóns). Unha cifra que, porén, poderá superar amplamente os 200 millóns unha vez se aproben os diferentes proxectos de financiación europea. A débeda continúa descendendo a ritmo acelerado e a administración provincial prevé finalizar o vindeiro ano con menos de un millón de euros. En 2015 era de 41 millóns.

A Axenda 2030 marca de forma transversal o orzamento cun novo plan de traballo Obxectivo Pontevedra Provincia, “Alianza Local 17ODS” que busca reforzar a política social, a innovación e a dixitalización, a reactivación de sectores estratéxicos como a cultura e o turismo, e o mantemento da igualdade e o medio ambiente como eixos prioritarios. Pola súa banda, o reforzo do investimento público cara á reactivación económica se aplica ao Plan Concellos, a todo o capítulo das infraestruturas e a mobilidade sostible, sectores produtivos, emprendemento e pemes, investigación e innovación, e á loita contra o despoboamento nun equilibrio sustentable do territorio, entre outros obxectivos.

Másnoticias

Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha

Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha

21/07/2026
Unha ponte colgante sobre o Miño en As Neves e Monçao para unir fronteiras

Impulsan crear un nuevo puente internacional en el área de Vigo para conectar Galicia y Portugal

21/07/2026

Para a presidenta Carmela Silva “este é un orzamento que ten moi claro que é o que queremos facer nesta provincia: transformala tendo en conta o novo cambio de paradigma que se está a producir no mundo e particularmente na Unión Europea”. “A do vindeiro ano vai ser a intervención máis excepcional e potente das que se fixo historicamente nesta casa para a intervención na economía e na sociedade”, asegurou o vicepresidente, César Mosquera.

En canto aos eixos prioritarios do orzamento, na acción cos concellos da provincia, a Deputación volve a ser a administración provincial de todo o estado que máis transferencias realiza aos municipios. Segundo os últimos datos do Ministerio de Facenda, achega un 35,34% dos recursos, duplicando a media do 18,2 do resto das deputacións provinciais. En 2021 as achegas aumentan ata os 61,2 millóns de euros, un 9,68% máis que en 2020, co Plan Concellos como instrumento clave. Mantéñense as condicións de flexibilidade entre liñas, establecidas no marco da pandemia para que os municipios poidan utilizar os recursos da liña 1 de investimentos para a compra de calquera tipo de material que necesiten ou a xeración do emprego. É dicir, até un máximo do 30% do importe asignado a cada concello para a liña 1, poderá destinarse a incrementar os importes das liñas 2 e 3. Amais, habilítase unha nova acción específica a que os concellos poidan destinar axudas aos sectores afectados pola pandemia que poderá chegar até o 20 % da liña 1, o que supón mobilizar 6 millóns de euros.

O reforzo da política social é outro dos eixos do orzamento 2021 cun incremento dun 3% chegando aos 17 millóns de euros. De feito, duplícanse as axudas de emerxencia e o goberno deixa aberta a creación de novas liñas segundo evolucione a crise. No eido do medio ambiente e políticas de sostenibilidade o orzamento presenta un notable aumento de case un 11%, ata os 35,5 millóns de euros, “conscientes de que toda a nosa acción debe pivotar en torno ao respecto e coidado do territorio”. Infraestruturas e mobilidade sustentable; recuperación de espazos públicos; competitividade do sector primario; unha política de residuos exemplo en Europa; transición enerxética; I+D+I en Mouriscade e Areeiro; campañas de acción polo clima e consumo responsable e defensa da protección animal e dos ecosistemas.

A reactivación cultural, do turismo e do deporte é outra das apostas do orzamento que reforza o investimento nestes sectores estratéxicos. Aumenta un 7,7% ata os 21 millóns de euros. Respecto ás políticas de igualdade, seguirán sendo a sinal de identidade da Deputación cun incremento dun 7,7% respecto a este ano, chegando aos 1,4 millóns de euros en 2021, aínda que os recursos multiplícanse ao longo dos orzamentos de todas as áreas xa que igualdade é un eido transversal en todos os proxectos. En canto á administración provincial, a busca da eficiencia e da innovación reforzarase cun orzamento de 28 millóns de euros, un 3,65% máis que en 2020. A continua modernización de todos os servizos, a extensión da administración electrónica, a progresiva cualificación do persoal, as ofertas de emprego ou o programa TROPOS, no que se está a traballar, son algúns dos obxectivos marcados.

Amais deste esforzo inversor, o vicepresidente Mosquera informou que xa se esta a elaborar un Plan Estratéxico de captación de Fondos Europeos, baseado nas liñas que marca a nova estratexia como a axenda verde, a axenda urbana, a sustentabilidade, innovación, dixitalización e a aposta polo I+D+I, que xunto aos remanentes, suporá unha inxección de cartos moi importantes para poñer en marcha un Plan Especial para a provincia. “Estase traballando arreo nos proxectos que poidan optar a fondos europeos para telos preparados tan pronto se abran as convocatorias”. Mosquera tamén engadiu que, no caso de ser necesario poñer en marcha programas extraordinarios para dar resposta á actual situación excepcional, a boa saúde económica da Deputación permitirá afrontar créditos. Insistiu, amais, en que as contas seguen na liña de anos anteriores “porque pensamos que é a correcta”, non tendo fondos de libre disposición nin para a presidenta nin para o vicepresidente, e transferindo aos concellos “todo o que se pode e máis” para que sexan eles os que decidan en que o invisten.

Temas: Carmela SilvaDeputación de Pontevedra
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo
Enfoque

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

El sorteo de la Bonoloto dejó una pequeña alegría en Vigo. Un boleto sellado en un estanco de Coruxo tuvo un buen premio

PorIván Dacal
21/07/2026
O Porriño toma medidas especiales por el "gran apagón" que afecta a toda España
Enfoque

"Hito histórico" para O Porriño, aprueban su escudo y su bandera con estos elementos

El pan, la industria, la piedra y Antonio Palacios, protagonistas en el escudo y en la bandera de O Porriño que aprobó el Consello de la Xunta

PorMiguel Alonso
21/07/2026
Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis
Enfoque

Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis

Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Baiona iza la bandera roja y prohíbe temporalmente el baño en dos de sus playas
Enfoque

Baiona quita la prohibición de bañarse en dos de sus playas, que vuelven a tener un agua "excelente"

Los usuarios y usuarias de las playas de Baiona podrán volver a bañarse en Ladeira y Santa Marta. Ambas vuelven a tener un agua "excelente"

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X