O Pleno da Deputación de Pontevedra dará luz verde este venres ao novo acordo marco de conservación de firmes das estradas provinciais que destinará case 4,5 millóns de euros para intervir en todos os concellos durante o 2021. A presidenta Carmela Silva, xunto ao deputado de Infraestruturas Gregorio Agís, puxo en valor este xoves “o enorme esforzo económico que facemos este ano aumentando os investimentos, ademais de actuar con equidade, na totalidade da provincia”.
A presidenta insistiu en que “o obxectivo é manter en bo estado todas as infraestruturas porque nos importa a seguridade das veciñas e veciños e non facer política partidaria”. Dende o 2018 o goberno provincial investiu xa 17,5 millóns de euros na conservación dos máis de 1.650 quilómetros que ten a rede de estradas provinciais.
O novo acordo marco, que ten vixencia dun ano prorrogable ata catro, permitirá realizar todo o mantemento da rede de estradas provinciais, ademais de repoñer tamén a sinalización afectada. Os traballos estenderanse pola provincia de Pontevedra a través dunha nova distribución en seis zonas, o que supón unha máis que as cinco que estipulaba o acordo anterior. Así, na zona A, que abrangue os concellos de Lalín, Dozón, Rodeiro, Agolada e Vila de Cruces, investiranse 638.184 €; a zona B, á que se destinará 867.894 €, inclúe a Silleda, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Caldas, Cuntis, Valga, Pontecesures e Catoira; a Zona C, onde se investirán 634.094 €, abrangue os concellos de Barro, Caldas, Portas, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia, Vilanova e A Illa; a Zona D, á que se destinarán 878.598 €, comprende Pontevedra, Vilaboa, Ponte Caldelas, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Barro, Poio, Cangas, Moaña, Marín, Bueu, Pazos, Fornelos, Redondela, Soutomaior, Moraña e Campo Lameiro; a Zona E, onde se investirán 723.076 €, inclúe os concellos de Salceda, Pazos, Tui, Ponteareas, Salvaterra, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, A Cañiza, Covelo, Arbo e Crecente; e a Zona F, á que se achegarán 689.073 €, abrangue Vigo, Nigrán, Baiona, Gondomar, O Porriño, Salceda, Mos, Redondela, Tui, Tomiño, Oia e O Rosal.
“Todos os concellos se beneficiarán do esforzo inversor que facemos para manter en boas condicións os firmes das estradas provinciais” asegurou Carmela Silva. “Actuamos con equidade, na totalidade da provincia e mantemos en bo estado todas as infraestruturas”, engadiu Silva quen recordou que “cando gobernaba o PP na Deputación os únicos firmes que se mantiñan eran os das estradas provinciais situadas nos concellos gobernados polo PP”.
La localidad de O Baixo Miño volverá a contar con su particular ruta exprés de autobús que la une directamente y sin paradas con Nigrán
El presidente del Gobierno gallego, Alfonso Rueda, ha confirmado el "retraso" al mes de septiembre en la incorporación del nuevo helicóptero
Condenan a Abanca a abonar a un cliente 19.990 euros por una ciberestafa en Ferrol. La entidad avanza que recurrirá el fallo
A estudante do campus pontevedrés da Universidade de Vigo foi seleccionada pola federación española de squash
A estudante do campus pontevedrés da Universidade de Vigo foi seleccionada pola federación española de squash
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL