• Leiva en Vigo
  • Pollos Muñoz Vigo
  • El tiempo Vigo
  • Teatro Cine Fraga
  • Obras Balaídos
  • Controles Vigo
  • O Son do Camiño
  • Náutico de Vigo
  • Castrelos 2026
  • Cíes Market
  • Agua Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A profesora Marina Núñez leva a UVigo á Bienal de Venecia

A profesora Marina Núñez leva a UVigo á Bienal de Venecia
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
08/06/2022

Considerada unha das mostras culturais máis relevantes do mundo, a 59 edición da Bienal de Venecia, que se desenvolve ata o mes de novembro nesta cidade italiana, conta por primeira vez cunha exposición dedicada ás obras NFT, creacións dixitais ás que se lle asigna un certificado dixital de autenticidade a través dunha serie de metadatos. Trátase da mostra O tempo das quimeras do Pavillón Nacional de Camerún, que propón un diálogo entre as obras de creadores deste país africano e artistas internacionais, como a profesora da Facultade de Belas Artes Marina Núñez, que está presente por primeira vez no programa oficial desta Exposición Internacional de Arte de Venecia con Sin piel, unha colección de 30 vídeos que se insire na parte dixital da exposición promovida por Camerún na súa primeira participación na bienal.

“É unha exposición internacional moi respectada e multitudinaria, de modo que alégranme moito tanto o prestixio como a visibilidade que trae asociadas” recoñece da súa selección para esta mostra esta artista e docente, que o pasado ano protagonizaba unha exposición individual no Museo Thyssen-Bornemisza. A obra de Núñez estará presente en Venecia por segunda vez, despois de que en 2001 formase parte dun dos eventos paralelos da bienal, patrocinado polo Goberno de España. Nesta ocasión, faino como parte do programa oficial do evento, tras ser unha dos 23 artistas internacionais seleccionados por Emmanuel Paul Loga Mahop e Sandro Orlandi Stagl, comisarios de O tempo das quimeras, para un proxecto que se insire no conxunto de exposicións que albergan os pavillóns nacionais de máis de 25 estados que se suman nesta programación á exposición central da bienal.

Másnoticias

La UVigo vuelve a destacar en España como la primera en compromiso ambiental

La UVigo vuelve a destacar en España como la primera en compromiso ambiental

16/10/2025
Un estudo internacional evidencia a intensificación dos excesos de auga doce oceánica cara os continentes

Un estudo internacional evidencia a intensificación dos excesos de auga doce oceánica cara os continentes

15/10/2025

A primeira mostra de NFTs na historia da bienal

En consonancia coa temática proposto pola comisaria Cecilia Alemani para a exposición central, que pon o foco na representación dos corpos e as súas metamorfoses e na relación entre os individuos e as tecnoloxías, a mostra na que Núñez e Miguel Soler son os únicos representantes españois combina en dúas sedes unha selección de obras físicas e outra de creacións virtuais. Nesta segunda, que pode visitarse Palazzo Ca´ Bernardo, atópase Sin piel, unha colección de 30 vídeos que constitúe a segunda incursión de Núñez no mundo dos NTF, tras as cinco obras da serie Simbiosis que ata finais de abril puideron verse na exposición do mesmo nome que acolleu a galería La Gran de Madrid.

Nese senso, desde esta galería destacan que “máis aló do valor autentificador e do encriptado das imaxes e da transparencia das transaccións avaladas por smartcontracts”, este tipo de obras estanse a converter “nunha ferramenta de visualización, valoración e promoción da arte dixital, que é o medio natural de Marina Núñez”. A este respecto a artista recoñece que no marco dunha forma de arte “que xa non é algo novo”, posto que “calquera obra creada por completo ou en parte coa axuda de calquera software, xa é arte dixital”, os NFT achegan novidades como “a firma do artista, o contrato que rexistra as sucesivas transaccións da obra, novos públicos, un mercado online internacional, comunidades creadas en torno a esas obras e artistas, formas diferentes de consumo ou exposición das obras...”, constituíndo unha nova “estrutura ou escenario” para a arte dixital. Nese senso, Núñez incide na súa "sensación de que hai moitas persoas que estaban lonxe do mundo da arte contemporánea e que se mostran agora moi interesadas en ver e posuír imaxes”, a través destes mercados NFT. “A maioría delas non son nin pretenden ser arte, pero é unha espazo que agardo que progresivamente vaia enchéndose de contidos e formalizacións de máis calidade”, sinala a profesora do Departamento de Pintura.

A pel como fronteira

Como “unha colección de 30 vídeos únicos, nos que a pel das mulleres protagonista, axítase, ténsase, desaxústase, cunha inquietude que acaba por facer que o rostro estalle para revelar un interior fluínte de aspecto cósmico” presenta Núñez a creación que exhibe na Bienal de Venecia. Faino nunha exposición na que, segundo informou a galería La Gran, ten como “concepto central” o diálogo “sobre soños realizables e utopías posibles” de artistas cameruneses e internacionais. “En toda a miña produción abondan os monstros e os híbridos, ou os monstros híbridos, como a Quimera”, lembra Núñez, que presenta nesta serie de vídeos figuras que ocultan tras a pel “un interior diferente ao anatómico, un fluxo de partículas que quere expandirse”. Nese senso, esa idea da utopía que se articula na exposición vincúlase cunha proposta artística no que a pel é representada “como un límite, como unha fronteira que constrinxe, que impide unha relación próxima ou incluso simbiótica coa contorna”, sinala artista.

Temas: arteUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

La food truck que arrasa en Vigo con los platos del mejor chef del mundo actualiza su carta
Enfoque

El famoso chef Dabiz Muñoz llegará a Vigo con su food truck, vuelve "Pollos Muñoz"

...

PorAlfredo Teja
16/10/2025
La "montaña" que ya impide ver una parte de los partidos del Celta y el ambientazo de Balaídos
Enfoque

La "montaña" que ya impide ver una parte de los partidos del Celta y el ambientazo de Balaídos

...

PorCarlos I. Castrillón
16/10/2025
¿Qué tiempo hará en Vigo este fin de semana? Esto es lo que dice Meteogalicia
Enfoque

¿Cuándo volverá a llover en Vigo y su área? Esta es la previsión de la Aemet y Meteogalicia

...

PorIván Dacal
16/10/2025
Adiós a la hostelería en el Náutico de Vigo, cierra solo para socios y despide a parte de la plantilla
Enfoque

Adiós a la hostelería en el Náutico de Vigo, cierra solo para socios y despide a parte de la plantilla

...

PorAlfredo Teja
16/10/2025
La UVigo vuelve a destacar en España como la primera en compromiso ambiental
Enfoque

La UVigo vuelve a destacar en España como la primera en compromiso ambiental

PorMetropolitano
16/10/2025

La UVigo reafirma su compromiso institucional con las políticas de sostenibilidad y destaca su esfuerzo por las energías renovables y el ahorro energético

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03octTodo el día26Bodies Evolution, exposición del cuerpo humano en VigoEXPO | VIGO

18octTodo el día19Fiesta de la Batalla de Rande en MeirandeFIESTAS | REDONDELA

18oct16:30Torneo de futbolín en VigoTORNEO | VIGO | GRATIS

18oct(oct 18)20:0019(oct 19)17:00Festa do Codillo de MosFIESTA GASTRONÓMICA | MOS | DESDE 12 EUROS

19oct11:00Festa dos Callos de BeadeFIESTA GASTRO | VIGO | DESDE 4 EUROS

25octTodo el día26Vegana.gal, feria vegana en VigoFERIA VEGANA | VIGO

25oct18:00Greenwalk Awards en Vialia VigoMODA | VIGO

26oct16:00Motohalloween en VigoRUTA DE MOTOS | VIGO

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X