• Festa furancheira
  • Festa da Sardiña Vigo
  • Perreo en Vigo
  • Gen Z y ocio nocturno en Vigo
  • Chenoa
  • Amancio Ortega
  • Pueblo bonito de Galicia
  • Nuevo chiringuito
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A UVigo abre a inscrición do programa universitario para as persoas con diversidade intelectual

A UVigo abre a inscrición do programa universitario para as persoas con diversidade intelectual
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
02/08/2023

Cun acto de graduación como o resto do alumnado da UVigo remataban hai unhas semanas a súa formación as doce persoas que participaron no curso 2022/2023 no Programa universitario para o emprego e a vida autónoma para persoas con diversidade intelectual. Esta iniciativa, que ten como obxectivo dotar ás e aos participantes de competencias que melloren a súa autonomía, formación académica e preparación laboral como cidadás activos, abre agora o período de preinscrición de cara á edición do vindeiro curso, que chegará con múltiples novidades de duración e estrutura académica.

Como explica a coordinadora do programa e vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade, Maribel Doval, a UVigo é unha das 31 universidades españolas que ofertan este título, cuxo obxectivo principal é proporcionar formación universitaria a mozos e mozas con discapacidade intelectual poñendo o foco en aumentar a súa autonomía e preparalos para o mundo laboral.

Másnoticias

La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

04/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

03/06/2026

As e os participantes adquiriren habilidades e competencias necesarias para aumentar as súas posibilidades de inclusión social e laboral, desenvolven experiencias inclusivas e de normalización dentro da comunidade universitaria da UVigo e adquiriren unha formación integral e personalizada para que poidan participar como membros de pleno dereito na súa comunidade. Deste xeito, a institución académica implícase na inclusión social das persoas con discapacidade intelectual a través da formación e a mellora da súa empregabilidade e tamén abre as súas portas a aquelas e aqueles que logo queiran continuar co seu ciclo formativo, accedendo aos estudos universitarios que ofrece a UVigo. 

O programa, que arrancou en 2021, está destinado a persoas con idades comprendidas entre 18 e 29 anos, con discapacidade intelectual recoñecida igual ou superior ao 33 % e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O prazo de solicitude das prazas para o próximo curso está aberto ata o 8 de setembro e a matrícula está subvencionada na súa totalidade, xa que se trata dunha formación financiado polo Programa Unidiversidad da Fundación ONCE e cofinanciado polo FSE+. En total ofértanse 15 prazas que se repartirán entre os campus de Vigo e Ourense, de igual xeito que no curso pasado, e a docencia impartirase entre o 18 de setembro e o 7 de xuño.

Principais novidades: dun curso de duración a dous

Respecto das dúas primeiras edicións, o vindeiro curso o programa presenta varias novidades destacables, como explica a vicerreitora Maribel Doval. Por unha banda, decidiuse realizar un cambio de estrutura do título, pasando de ter un ano de duración e 40 créditos a artellarse en dous cursos académicos de 60 créditos cada un. Así, a docencia comprenderá 600 horas presenciais, que se impartirán en facultades dos campus “en convivencia cotiá coa comunidade universitaria co obxectivo de acadar o enriquecemento que achega a diversidade” e outras 200 horas de prácticas en empresas. Ademais, o título desenvólvese en colaboración coas asociacións Down Vigo e Down Ourense, entidades especializadas na atención a persoas con Síndrome de Down e diversidade intelectual que proporcionan unha resposta á necesidade de familias e persoas con diversidade intelectual.

A formación que reciben os mozos e mozas é eminentemente interdisciplinar e a docencia corre a cargo tanto de profesorado da UVigo como dos profesionais de Down Vigo e Ourense, que ademais realizan apoios activos dentro da aula, actuando como especialistas en pedagoxía terapéutica. Entre as materias que se recollen no programa están: habilidades emocionais, matemáticas, cultura e sociedade, expresión e comunicación, ciberseguridade e ética ou obradoiros de igualdade de xénero, de elaboración e presentación dun currículo, de emprendemento, de vida saudables, de inglés, etc.

A maiores destas materias obrigatorias ofértanse tres itinerarios optativos, dous deles en Vigo sobre formación laboral en administración e xestión e sobre formación laboral en validador lectura fácil e un terceiro en Ourense centrado na formación laboral en xestión turística, do patrimonio e a cultura. Ademais, o alumnado participará en actividades inclusivas nas aulas da Universidade de Vigo, obradoiros, actividades deportivas e de extensión universitaria e saídas e visitas de estudo.

Respecto das novidades, como avanza a vicerreitora, de cara a esta nova edición tratarase de incluír algún egresado ou egresada das dúas primeiras edicións como asistente de aula para algunhas das actividades ou obradoiros programados. Precisamente, respecto aos talleres, avanza que se impartirá un de emprendemento en colaboración coa Fundación Ronsel e a ONCE; un tándem lingüístico con estudantado Erasmus; un para o deseño dunha campaña de comunicación do título propio e outro de saúde emocional.

Finalmente, tamén se ampliará a programación de visitas, por exemplo, a empresas do sector da automoción e da alimentación, así como a museos ou escavacións arqueolóxicas. Finalmente, engade Doval, “tentaremos testar un piloto de módulo de formación en validación de accesibilidade e usabilidade, que se centrará principalmente na subtitulación de vídeos e accesibilidade arquitectónica e web”.

Paralelamente a todo isto, dende a Vicerreitoría estase a traballar na futura posta en marcha dunha Cátedra UVigo Diversidade, de carácter público-privado, para apoiar con máis recursos financeiros o desenvolvemento do título, que a vicerreitora agarda que se poida poñer en marcha en 2024.

Temas: diversidadeUniversidad de VigoUniversidade de Vigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El nuevo fenómeno gastro que arrasa en redes sociales aterriza en un restaurante asiático de Vigo
Enfoque

El nuevo fenómeno gastro que arrasa en redes sociales aterriza en un restaurante asiático de Vigo

...

PorSara Rodríguez
07/06/2026
Redondela se compromete a mantener el Servizo de Axuda no Fogar, "absoluta tranquilidad"
Enfoque

Redondela se compromete a mantener el Servizo de Axuda no Fogar, "absoluta tranquilidad"

...

PorMetropolitano
07/06/2026
Ponteareas, protagonista en la visita del Papa León XIV a España con una alfombra del Corpus Christi
Enfoque

Ponteareas, protagonista en la visita del Papa León XIV a España con una alfombra del Corpus Christi

...

PorEuropa Press
07/06/2026
El muelle de Cíes se convierte en pista de aterrizaje para evacuar a una turista italiana
Enfoque

El muelle de Cíes se convierte en pista de aterrizaje para evacuar a una turista italiana

...

PorMetropolitano
07/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03jun(jun 3)18:0007(jun 7)21:30Festa da Coca de RedondelaFIESTAS | REDONDELA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X