• Jardín en Vigo
  • Nuevo obrador Vigo
  • Estadio Balaídos
  • Castillo Sobroso
  • Conciertos atardecer
  • Fiesta histórica
  • Mercado O Porriño
  • Despliegue militar
  • Festa da Coca
  • Mundial 2030
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A UVigo e a Deputación celebran o Día da Muller e da Nena na Ciencia coa entrega dos Premios "GirlGeekCovid"

A UVigo e a Deputación celebran o Día da Muller e da Nena na Ciencia coa entrega dos Premios "GirlGeekCovid"
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
11/02/2021

A Deputación de Pontevedra celebra este 11 de febreiro o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia co claro compromiso, como sinalou a presidenta Carmela Silva, de “cambiar as cifras” que neste momento arroxa o mundo científico e que amosan que aínda se está a “deixar na cuneta o 50% do talento das mulleres”. “O mundo –dixo- cambia cando hai acción e non só intención, e nós temos intención, pero sobre todo acción”. As actividades coas que a institución provincial envórcase nesta conmemoración tiveron o seu punto central na entrega telemática desde Vigo dos primeiros premios GirlGeekCovid, cos que a Deputación e a Universidade de Vigo incentivan, apoian e fomentan os estudos STEAM entre as mulleres e que forman parte do traballo da Cátedra Feminismos 4.0. Dúas estudantes de Ciencias Ana Ramírez, de Bioloxía, e Laura Sánchez, de Química, e dúas de enxeñería, Iria Ollero, de Enxeñería Biomédica, e María Elena Márquez, alumna de Telecomunicacións, foron as catro alumnas galardoadas

No acto, a presidenta lamentou que o mundo STEAM, que vai xerar a maioría dos empregos a curto e medio prazo, aínda non teña acadado a igualdade. Neste senso, apuntou que as mulleres científicas só ocupan o 7,6% dos libros de texto de Primaria e ESO, que soamente un 25% estuda carreiras STEAM, das que un 24,5% son Enxeñerías; un 12% Informática; 8% Telecomunicacións ou un 11% Física, “datos que nos preocupan, e que teñen que ver con que desde que nacemos nos din ao que nos temos que dedicar. Primeiro, cando nos regalan xoguetes, logo tamén cando se nos oculta a referentes científicas, porque se nos libros de texto de Primaria e ESO, que son nos que sementamos a nosa posición no mundo, o 92% son homes, as nenas entenden que a ciencia é unha cousa de homes”. “E se invisibilizamos ás mulleres que teñen tanto aportado á ciencia –afirmou_, temos problemas moi serios. Se ocultamos ese nomes dificilmente as mulleres poden ter referentes”. Neste sentido, referiuse á aportación feminina apenas visibilizada ás vacinas Covid, cando “hoxe son a prioridade da Humanidade”.

Másnoticias

La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

04/06/2026
Luisa Sánchez ratifica la "plena disposición" de la Diputación para financiar que Vigo acoja el Mundial

Luisa Sánchez ratifica la "plena disposición" de la Diputación para financiar que Vigo acoja el Mundial

04/06/2026

Tanto a presidenta como o reitor, Manuel Reigosa, destacaron a importancia destes premios GirkGeekCovid que, como destacou Carmela Silva, “son premios á excelencia das mulleres que estudan carreiras de enxeñería e ciencia” e, como subliñou o reitor, “son un punto de inflexión en como traballamos nun campo que ata agora estaba bastante baleiro e o primeiro que temos que facer é buscar información e coñecementos para atallar cuestións e machismos que temos no noso día a día”. “Entre todos –sinalou- estamos a construír un futuro mellor”.

As catro premiadas destacaron a relevancia de actividades como estes premios para dar un paso máis na visibilización das mulleres neste campo. Na categoría de Ciencia, o primeiro premio (2.000€) recibiuno Ana Ramírez, estudante de Bioloxía, quen subliñou que a data do 11 de febreiro “é o momento ideal para reivindicar o papel que nós debemos xogar nesta área sociedade e a importancia de facer visibles os logros das mulleres na ciencia, tecnoloxía e enxeñería”. Ramírez felicitou ao resto das participantes por amosar que “ser muller e ter éxito na ciencia é máis que posible”. O accésit (1.000€) nesta categoría foi para Laura Sánchez, da especialidade de Química, quen relatou os seus medos e dúbidas antes de cursar unha carreira STEAM. Recoñeceu que agora a súa disciplina lle chea, pero tivo que “descubrir que era necesario experimentar antes de poñerme esas barreiras que me facían pensar que era una rama inalcanzable”. Agradeceu o apoio da súa familia, e especialmente súa irmá, “porque me abriu a perspectiva de que o xénero non condiciona a túa aspiración, senón a perseveranza e esforzo”

No que respecta á categoría de Enxeñería, o primeiro premio foi para Iria Ollero, estudante de Enxeñería Biomédica, que afirmou que na súa titulación hai un 50% de mulleres “aínda que queda camiño por percorrer para que estas cifras comecen a aparecer no ámbito laboral”. E o accésit foi para Maríelena Márquez, alumna de Telecomunicacións, quen subliñou que “eu tiven apoio da miña familia para dedicarme a isto, pero ata chegar á universidade non somos conscientes da diferenza e de canto traballo fai falta nestes campos para seguir motivando a todas as nenas que queren seguir nisto e que quizais non teñen tantos referentes; grazas por danos recoñecemento a este esforzo, ter esta clase de actos significa moito para todas”.

Carmela Silva recoñeceu o traballo, coñecemento, formación e feminismo das premiadas, todas elas con notas medias entre 8 e 9, e lembroulles que para acadar máis científicas como Patricia Bath (inventora do dispositivo cirúrxico láser que revolucionou o tratamento de cataratas); Marian Croak, (que inventou a voz sobre IP, tecnoloxía que se emprega para realizar videoconferencias por Zoom ou Skype); Shirley Jackson, (inventora do cable de fibra óptica) ou Bessie Nesmith (inventora do tipp-ex) ou Margaret Kight (a ideóloga das bolsas de papel con fondo plano) ou Yvonne Brill (inventora do sistema de propulsión de hidracina) “ten que haber nenas mozas estudiando carreiras STEAM e teñen que ter referencias”. “Porque canta xente coñece a esas mulleres?, preguntou. Pois grazas a elas usamos instrumentos para todo tipo de cuestións. Cos vosos currículums tan potentes seguro que sairán mulleres que van aportar moito e terán a capacidade de dar respostas ás novas demandas. Espero que elas si estean nos libros de texto. Desexo que sexades impulsoras do cambio, aínda que xa o sodes”. Concluíu reivindicando o lema deste ano en redes sociais, “NoMoreMatildas”.

O reitor Reigosa lembroulles que “aínda que volo pinten doutra cor, a igualdade real esta lonxe de chegar e no mundo STEAM e precisamos de xente co voso esforzo e co voso discurso”. Subliñou que estes premios amosan que “temos canteira e será posible con moito esforzo que sexades un referente e un exemplo e que atraiades a este mundo a moitas mais mulleres”.

A xornada en redes

Ao longo desta xornada, a Deputación está a realizar un intenso traballo de visibilización das mulleres da ciencia a través das súas redes sociais, tanto referentes ao longo da historia como as actuais. Tamén amosa a través de datos a desigualdade existente no mundo STEAM e os proxectos que neste campo está a desenvolver a institución provincial, varios deles coa Universidade de Vigo, amais da propia Cátedra Feminismos. É o caso da iniciativa Inspira STEAM, que pretende fomentar a ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas entre as mozas a través de acción de sensibilización e orientación, ou dos proxectos “Achegas das mulleres ao mar”, “O mar das mulleres” e “A maleta dos océanos”, para visibilizar o papel da muller no mar.

Doutra banda, a Deputación desenvolve anualmente campañas de xoguetes sen estereotipos de xénero, promove as xornadas formativas no marco da Escola de Igualdade María Vinyals, ou a mostra “Con A de Astrónomas” para dar a coñecer a milleiros de mulleres que investigaron neste eido.

Temas: Deputación de PontevedraUniversidade de VigoUVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial
Enfoque

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial

El jardín de Vigo con más especies exóticas presenta una nueva apertura en su interior. Un espacio donde convive la botánica y la artesanía

PorSara Rodríguez
04/06/2026
Vigo suma un nuevo obrador de barrio que une la tradición de Galicia con los sabores de Nicaragua
Enfoque

Vigo suma un nuevo obrador de barrio que une la tradición de Galicia con los sabores de Nicaragua

Una nueva panadería de barrio que servirá de puente entre Vigo y Nicaragua. Así es este proyecto familiar que acaba de abrir en la ciudad

PorAlfredo Teja
04/06/2026
El Celta recoge antes del partido alimentos y otros productos para los afectados por la DANA
Enfoque

Campaña en Vigo para que el estadio de Balaídos no lleve el nombre de Abanca: "É público, é vigués"

El estadio de Balaídos y las calles aledañas se llenan de pancartas reclamando que el campo "es vigués, no de Abanca"

PorCarlos I. Castrillón
04/06/2026
Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen
Enfoque

Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen

El Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de la provincia, ya se puede volver a visitar. Estuvo cerrado varios meses por obras

PorIván Dacal
04/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X