• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A UVigo eleva a 4,5 millóns de euros as axudas conseguidas no Plan Estatal de Investigación

A UVigo eleva a 4,5 millóns de euros as axudas conseguidas no Plan Estatal de Investigación
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
13/12/2021

Preto de 4,5 millóns de euros para pór en marcha 43 novos proxectos de investigación. Este é o balance que deixa para a Universidade de Vigo a última convocatoria de axudas da Axencia Estatal de Investigación, unhas cifras que desde a Vicerreitoría de Investigación e Transferencia cualifican como “excelentes” xa que supoñen un incremento de arredor de 800.000 euros sobre a anterior convocatoria, correspondente ao ano 2019 e na que se conseguiran 3,7 millóns de euros cos que desenvolver 33 proxectos.

“En xeral todos os ámbitos aumentaron ou manteñen o número de proxectos obtidos, pero destaca, sobre todo, a capacidade consolidada de captación de fondos competitivos dos centros de investigación do SUG (atlanTTic, Cinbio e CIM) que suman máis da metade do total de financiamento acadado e o incremento importante no ámbito tecnolóxico, que duplicou o número de axudas concedidas, liderado polo eixo atlanTTic - Cintecx”, salienta a vicerreitora Belén Rubio, quen explica que a cifra total de proxectos solicitados non deixou de medrar nos últimos anos, acadando nesta ocasión o centenar de solicitudes nos diferentes programas (Retos, Xeración de Coñecemento, Investigadores novos...). O crecemento é xeral e prodúcese tamén no eido xurídico-social e nas humanidades, “que historicamente non optaban a eses fondos competitivos e onde o número de solicitudes realizadas medra cada ano”, explica a vicerreitora, para quen a promoción da convocatoria do plan nacional foi un dos obxectivos prioritarios do seu mandato, deseñando para isto diferentes accións, entre elas un seminario sobre as claves do éxito á hora de pedir un proxecto ou outro sobre xestión de datos nos proxectos. “A nosa intención é seguir promocionando e apoiando aos investigadores e investigadoras na súas solicitudes futuras”, destaca Rubio, ao que engade que se tratará tamén de incentivar a solicitude de proxectos aos investigadores máis novos (distinguidos, Ramon y Cajal, etc).

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

Desde a Vicerreitoría de Investigación destácase como un dos aspectos máis relevantes desta convocatoria o impulso dos diferentes centros de investigación -atlanTTic, Cinbio, Cintecx e CIM- da Universidade de Vigo, de onde proveñen o 23% do total das axudas solicitadas. Tiveron unha taxa de éxito do 91%, conseguindo 21 proxectos dos 23 solicitados, o que supón case o 50% dos proxectos concedidos á Universidade de Vigo.

Máis de un millón de euros para atlanTTic

Para atlanTTic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, a convocatoria nacional supón o ingreso de máis de un millón de euros, financiamento co que pór en marcha nove proxectos de investigación. "É unha proba máis da alta calidade da investigación que vimos realizando en tecnoloxías de telecomunicación e, neste caso concreto, en 5 G, envellecemento saudable, privacidade e seguridade, mobilidade (satélites e drons), electromagnetismo, radar e criptografía cuántica", explicou o seu director, Martín Llamas.

Tal e como destaca o director do centro, entre os proxectos subvencionados hai traballos de moi distinto perfil, desde aqueles que tratan de dar resposta aos principais desafíos que trae consigo a tecnoloxía 5G, ata outros pensados para dar servizos e aplicacións para un envellecemento saudable, pasando por outros que buscan mellorar os actuais escáneres de seguridade ou aqueles que se dirixen a solucionar diferentes problemáticas relacionadas coa aprendizaxe automática.

900.000 euros para Cinbio

No caso do Centro de Investigacións Biomédicas, Cinbio, o seu director, Miguel Ángel Correa, salienta tamén que se trata duns resultados moi positivos “que nos indican que estamos no camiño correcto” e, ademais, permiten, “non só mellorar a visibilidade do centro a nivel nacional, senón tamén seguir construíndo unha comunidade científica onde os seus éxitos se baseen na excelencia e na produtividade”. Conseguiron en total seis novos proxectos de investigación financiados con máis de 800.000 euros, un financiamento que lles permitirá consolidar as liñas de investigación de dous grupos senior do centro -o grupo de Materias Magnéticos liderado por Verónica Salgueiriño e o grupo de Física Aplicada II liderado por Jose Luis Legido-. Tamén cabe sinalar que varios dos investigadores e investigadoras líderes destes proxectos son unha clara aposta do centro pola captación de novos talentos tanto nacionais como internacionais, cunha prometedora carreira científica, entre eles Begoña Puértolas, Lakshminarayana Polavarapu e Lucas Besteiro no ámbito da nanotecnoloxía ou Juan Fernández no ámbito da neurociencia.

800.000 euros para Cintecx

Desde o Cintecx, o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, a súa directora, Concepción Paz, salienta que estes resultados –máis de 800.000 euros de financiamento para catro proxectos- “son sen dúbida unha proba de que desde o noso centro continuamos polo camiño formulado hai xa uns anos cando acadamos a acreditación da Xunta de Galicia como centro de investigación, un fito que se logrou grazas á total implicación de todos os grupos e persoal investigador”. A todo isto a responsable do centro engade que as axudas económicas dos distintos proxectos, “xogan o papel de aval do noso saber facer investigador” e supoñen tamén novos folgos para continuar fieis á súa estratexia de posicionamento diferenciador en Galicia, “sen deixar ao marxe os escenarios nacionais e europeos”.

Entre os exemplos dos proxectos concedidos aos grupos de Cintecx, poden citarse traballos que velarán pola mellora da xestión da calidade das augas e cumprimento dos estándares fixados pola Directiva Marco da auga; outro sobre a redución do impacto ambiental e sanitario de afluentes hospitalarios mediante oxidación avanzada; outro sobre dispositivos biomédicos e, outro, sobre investigación experimental e numérica para mellorar a refrixeración de baterías e compoñente electrónicos en vehículos eléctricos.

200.000 para o CIM

No CIM, Centro de Investigación Mariña, conseguiuse financiamento por valor de algo máis de 200.000 euros para pór en marcha dous novos proxectos, un no que se tratará de medir o efecto da radiación solar e a temperatura sobre a degradación da biomasa macroalgal en intermareais sedimentarios de porto Foster en Illa Decepción, na Antártida, dirixido polo profesor Mariano Lastra, e outro no que se fará unha estimación do censo efectivo e a depresión consanguínea utilizando datos xenómicos, de Armando Caballero.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vigo descubre los secretos mejor guardados de su patrimonio con la fascinante CMAG
Enfoque

O Concello de Vigo amosa a maior mostra de arte galega na Casa das Artes

...

PorB.C.
22/07/2026
Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo
Enfoque

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O Porriño toma medidas especiales por el "gran apagón" que afecta a toda España
Enfoque

"Hito histórico" para O Porriño, aprueban su escudo y su bandera con estos elementos

...

PorMiguel Alonso
21/07/2026
Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis
Enfoque

Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis

...

PorSara Rodríguez
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X