• Histórico negocio Vigo
  • Navidad de Vigo
  • Demoliciones Vigo
  • Festivos locales Galicia
  • Impuestos Vigo
  • Festival Vigo
  • Macro feria Portugal
  • Fiesta Samaín
  • Tardeo Remember Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo formará docentes de FP para que sexan transmisores dos dereitos sociais da Unión Europea

A UVigo formará docentes de FP para que sexan transmisores dos dereitos sociais da Unión Europea
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
17/10/2024

Converter o profesorado de formación profesional en embaixadores da UE, en transmisores dos seus obxectivos e do seu funcionamento e, sobre todo, dos dereitos sociais e laborais da cidadanía. Esta é a finalidade do proxecto europeo RightsEU, The central role of the European Union's social rights in employment in the Twenty-First Century (O papel central dos dereitos sociais da Unión Europea no emprego no século XXI), que acaba de ser concedido á UVigo no marco do programa Jean Monnet.

Esta iniciativa, que foi presentada este xoves oficialmente no edificio Redeiras, xurde como resposta ás fendas identificadas respecto dos valores democráticos esenciais da Unión Europea. O obxectivo, como explica a súa coordinadora, Emma Rodríguez, profesora da Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, é “abordar estas necesidades específicas que contribúen a construír sociedades diversas e inclusivas a través da educación e o seu reflexo no emprego sostible”. En concreto, RightsEU centrarase en formar o persoal docente dos centros de educación e formación profesional (FP) mediante a planificación, organización e impartición de contidos específicos da UE. Isto inclúe un enfoque na promoción e o fomento de aspectos esenciais como a igualdade e a non discriminación, a transformación dixital e a intelixencia artificial, a crise climática, o emprego verde, os valores comúns, o compromiso cívico e a inclusión social.

Másnoticias

A UVigo inviste doutora honoris causa a Begoña Vila pola súa contribución na exploración do Universo

A UVigo inviste doutora honoris causa a Begoña Vila pola súa contribución na exploración do Universo

30/10/2025
A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

29/10/2025

Formación para abordar desafíos

Segundo Rodríguez, “os sistemas de educación e formación necesitan unha transformación para abordar os desafíos que presentan os novos sistemas de produción e consumo emerxentes. O emprego, como beneficiario destes novos valores, require profesionais formados en competencias e habilidades estreitamente relacionadas cos dereitos sociais da Unión Europea. A dixitalización, o emprego verde e a igualdade e a inclusión son os referentes principais deste proxecto, que ten como obxectivo integrar e reforzar estes conceptos nos percorridos educativos dos programas dos centros de Formación Profesional (FP)”.

Para acadar estes obxectivos, o proxecto contará cun orzamento de 375.000 euros e 36 meses de duración. Están implicados na iniciativa o Centro Integrado de Formación Profesional Coia de Vigo, Centro Integrado de Formación Profesional A Carballeira de Ourense e formadores do Centro de Emprendemento e Formación Profesional de Viana do Castelo en Portugal, o que segundo a coordinadora “permitirá ter docentes con estudantes de perfís diversos nas súas traxectorias formativas, unha importante segregación de xénero, así como estudantes de diversas idades e circunstancias profesionais. A cuestión transfronteiriza é particularmente crucial nas futuras carreiras de moitos destes estudantes”.

No acto de presentación, a vicerreitora de Investigación, Innovación e Transferencia, Belén Rubio, recalcou que a educación é clave “para construír un futuro máis inclusivo, dixital e sostible e este proxecto fortalece esta visión” facendo especial fincapé na igualdade de oportunidades e a non discriminación, na transformación dixital e a intelixencia artificial e na crise climática. Rubio tamén resaltou a experiencia e ampla bagaxe das e dos membros do grupo de investigación DMT, Dereito Mercantil e do Traballo, liderado polo catedrático Jaime Cabeza, que están implicados neste proxecto.

Nove microcursos e 22 docentes de diferentes universidades

En concreto, RightsEU pretende proporcionar unha formación eminentemente práctica para que estes formadores implementen nos seus programas curriculares ou extracurriculares estes principios e dereitos sociais europeos e así se transmitan e se fagan facilmente accesibles ás persoas en formación para o acceso ou o retorno ao mercado laboral. En total, o proxecto comprenderá nove microcursos de 25 horas (tres cada ano), o que supón 225 horas de formación, que serán recoñecidos coas correspondentes microcredenciais. A isto haberá que sumar nove xuntanzas organizativas, tres talleres específicos e tres congresos ou seminarios de expertos. Participarán 22 profesores expertos tanto da Universidade de Vigo como doutras institucións que impartirán a formación en modalidade tanto presencial como en liña, para adaptarse ás necesidades do profesorado de FP implicado.

A través de todas estas accións formativas, RightsEU busca abordar a transferencia de coñecementos que demandan os profesores de FP e a sociedade desde as institucións de educación superior e as institucións de investigación e implantar cursos de formación cunha duración adaptada á limitada dispoñibilidade de destinatarios, centrándose en valores e dereitos sociais específicos para estes profesores. Trátase tamén de promover a igualdade de oportunidades e de acceso na FP entre homes e mulleres mediante formación do profesorado, aplicando os valores de igualdade, inclusión, diversidade e equidade da UE e de implantar os coñecementos necesarios sobre os dereitos dos traballadores transfronteirizos como unha oportunidade laboral potencial desde a etapa de formación profesional. Ademais, tamén se apoiará aos centros de FP na creación ou transformación de sistemas dixitais para adaptarse ás novas necesidades formativas e fomentarase unha educación dixital de alta calidade, inclusiva e accesible para todos, beneficiando aos colectivos máis vulnerables e proporcionar directrices éticas ao profesorado sobre o uso da intelixencia artificial no ensino. Finalmente, tamén se busca fomentar a formación profesional dixital en zonas rurais como medio eficaz para a retención da poboación unha vez finalizada a etapa educativa.

Un proxecto Jean Monnet pioneiro polo seu carácter transfronteirizo

Eva Garea, directora de Área de Proxectos Internacionais de Educación da UVigo, explicou na presentación que RightsEU foi seleccionado no marco do programa Jean Monnet, “moi querido para a UVigo porque financia iniciativas que permitan coñecer mellor a UE, as súas institucións, políticas e, sobre todo, os valores de democracia, paz, respecto, igualdade...” O proxecto foi un dos 13 concedidos nesta convocatoria entre un total de 35 candidaturas presentadas, converténdose ademais nun dos máis cuantiosos concedidos á UVigo dentro de Jean Monnet. Ademais, engadía Garea, ten a peculiaridade de ser o primeiro que ten carácter transfronteirizo e destacou tamén o feito de se dirixe “máis aló do eido universitario, achegándose á educación de persoas adultas, a formación profesional e a aprendizaxe ao longo da vida, unha das prioridades da UE”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El PP denuncia el “atraco” del agua en Vigo y lamenta subidas en la factura de la luz
Enfoque

Denuncian el "sablazo" de impuestos en Vigo, con uno de los recibos del agua "más caros" de España

...

PorUxía Pérez
30/10/2025
Un histórico negocio de Vigo se traslada al corazón de la ciudad con su taller y espacio formativo
Enfoque

Un histórico negocio de Vigo se traslada al corazón de la ciudad con su taller y espacio formativo

...

PorSara Rodríguez
30/10/2025
A UVigo inviste doutora honoris causa a Begoña Vila pola súa contribución na exploración do Universo
Enfoque

Vigo acoge la escala inaugural en Europa de uno de los barcos más sostenibles del mundo

...

PorCarlos I. Castrillón
30/10/2025
Vigo demolerá cinco construcciones para ampliar el PTL con nuevas zonas comerciales e industriales
Enfoque

Vigo demolerá cinco construcciones para ampliar el PTL con nuevas zonas comerciales e industriales

...

PorMetropolitano
30/10/2025
A UVigo inviste doutora honoris causa a Begoña Vila pola súa contribución na exploración do Universo
Enfoque

A UVigo inviste doutora honoris causa a Begoña Vila pola súa contribución na exploración do Universo

PorCarlos I. Castrillón
30/10/2025

A homenaxeada é enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X