• Nuevo local Vigo
  • Vertido en Vigo
  • Rodaje Vigo
  • Samaín Vigo
  • Nuevas viviendas Vigo
  • Histórico negocio Vigo
  • Fiesta Bueu
  • Festivos locales Galicia
  • Vueling ofertas
  • Samaín Top
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo inviste doutora honoris causa a Begoña Vila pola súa contribución na exploración do Universo

A UVigo inviste doutora honoris causa a Begoña Vila pola súa contribución na exploración do Universo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

Carlos I. CastrillónPorCarlos I. Castrillón
30/10/2025

A astrofísica viguesa Begoña Vila, enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA, é desde este mércores a 31ª doutora honoris causa da Universidade de Vigo. Ela recibiu este mércores o máis alto galardón académico en recoñecemento a un traballo que “permitirá que a sociedade enteira poida coñecer con ollos novos o marabilloso que é o noso Universo”.

O acto solemne de investidura tivo lugar na sala Marie Curie do edificio Politécnico do campus de Ourense, presidido por Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo. A el asistiron membros do equipo de goberno, como os vicerreitores e vicerreitoras Francisco Javier Rodríguez, Belén Rubio, Mónica Valderrama, Natalia Caparri e Alfonso Lago, e a secretaria xeral María José Bravo; membros da comunidade universitaria e autoridades. Aprobado por unanimidade do Consello de Goberno da UVigo, o nomeamento de Begoña Vila foi proposto polo Departamento de Física Aplicada, sendo a madriña da nova honoris a profesora Nieves Lorenzo, directora da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da UVigo. No acto, impúxoselle a Begoña Vila, como símbolo do honor recibido, o barrete venerado distintivo de alto maxisterio, o libro da ciencia e sabedoría, o anel que se entregaba na antigüidade nesta cerimonia, as luvas brancas e unha medalla da Universidade de Vigo.

Másnoticias

A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

A Cátedra Feminismos 4.0 financia sete investigacións sobre a perspectiva de xénero

29/10/2025
O Campus Auga da UVigo premia o talento investigador en alimentación, agricultura e termalismo

O Campus Auga da UVigo premia o talento investigador en alimentación, agricultura e termalismo

27/10/2025

Na investidura, Manuel Reigosa amosou o orgullo da Universidade de Vigo pola incorporación de Begoña Vila ao claustro de profesores desta institución académica. O reitor salientou que o fundamento do desenvolvemento dunha sociedade baséase no talento, o esforzo e a visión, tres elementos nos que dixo, a astrofísica viguesa ten demostrado ser “extraordinaria”. Igualmente, no seu discurso subliñou a satisfacción que supón ver que “unha rapariga, criada en Vigo, teña desenvolvido unha carreira profesional tan importante”. O seu exemplo, dixo, permite “dicir ás nenas e nenos galegos que si é posible, que poden desenvolver unha carreira profesional de máximo nivel e que o día de mañá poden dicir aquí estou eu, que me formei na universidade galega e que son galego”. Tendo en conta que no campus de Ourense está a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, Manuel Reigosa sinalou a importancia de, con iniciativas coma esta, abrir vías de contacto con persoas “que traballan na fronteira do coñecemento, neste caso na astronomía e na astrofísica".

Desde Vigo ás profundidades do universo

A nova doutora honoris causa pola UVigo comezou a súa intervención, feita en lingua galega, agradecendo o recoñecemento e transmitindo os seus parabéns á Universidade e á Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo “polo labor que estades a realizar preparando ás novas xeracións”. A astrofísica viguesa realizou no seu discurso un percorrido por algúns dos fitos máis destacados da exploración do espazo, deste o lanzamento do primeiro satélite, o Suptnik , e o do primeiro telescopio espacial, o Hubble, ata o Nancy Grace Roman, no que Begoña Vila está a traballar na actualidade.

“O Hubble foi o traballo de 20 anos e as primeiras imaxes recibidas estaban borrosas porque o espello no estaba ben aliñado”, lembrou Vila, o que obrigou a enviar varios astronautas para melloralo. Pola súa banda, o telescopio espacial James Webb, proxecto ao que Begoña Vila se incorporou en 2006 e no que se encargou de facer a retransmisión do lanzamento en inglés e español no ano 2021, “deu con creces máis do que esperabamos e está a facer grandes descubrimentos sobre o nacemento do Universo, os buratos negros ou onde morren as estrelas”, detallou a enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA.

A localización dun planeta similar á Terra, “que ten que estar a unha distancia particular e ter auga líquida”, é un obxectivo ao que tamén se referiu Vila, que pechou a súa intervención referíndose ás grandes innovacións que introduce o Nancy Grace Roman (18 cámaras que achegarán imaxes máis amplas e un cronógrafo que permitirá atopar planetas máis pequenos cerca das estrelas), que podería lanzarse a finais do ano 2026. Coa previsión de regresar á Lúa, para o que, tamén no ano 2026, está previsto o lanzamento da misión espacial lunar Artemis II, que dará á volta ao satélite; a importancia de traballar en grupos amplos e con participación de moitos países; así como de establecer colaboracións con empresas privadas, Begoña Vila rematou o seu discurso de investidura como doutora honoris causa pola UVigo.

Un “referente para a sociedade do noso tempo”

Como madriña, Nieves Lorenzo pronunciou a gabanza da nova doutora honoris causa. Nela destacou que no “seu firme e sólido compromiso coa promoción da excelencia científica e académica” a Universidade de Vigo “quere contribuír ao recoñecemento dunha traxectoria exemplar a través da distinción de honoris causa ao extraordinario traballo científico e tecnolóxico da doutora Begoña Vila Costas e, seguindo a súa estela de transferencia científica á sociedade, conseguir con este acto dar visibilidade, ante os ollos da sociedade, ao labor da ciencia e a tecnoloxía fóra do ámbito universitario”.

Begoña Vila, sinalou a directora da Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo da UVigo, “é unha referente para a sociedade do noso tempo, un tempo no que a exploración espacial está retomando de novo o impulso que tivo na década dos sesenta coa chegada da humanidade á Lúa”. Grazas ao seu traballo co Telescopio James Webb, detallou, “o persoal científico poderá ver as primeiras luces do universo: a das primeiras estrelas e galaxias que se formaron tras o Big Bang hai 13.500 millóns de anos”. Tamén permitirá, engadiu, “analizar como evolucionaron as galaxias, como se forman as estrelas e os planetas, a composición atmosférica de afastados exoplanetas, e mesmo novos descubrimentos sobre o noso sistema solar”. Todo este traballo, subliñou, “está a ter un innegable impacto científico e social, contribuíndo a un cambio de paradigma no coñecemento do universo” e “permitirá que a sociedade enteira poida coñecer con ollos novos o marabilloso que é o noso universo”.

Na súa intervención Nieves Lorenzo tamén lembrou que para a astrofísica viguesa “é extremadamente importante animar a todas as nenas e mozas a que loiten polos seus soños e descubran o papel das mulleres na ciencia e tecnoloxía do pasado, a fin de que sexan elas as referentes científicas das nenas e dos nenos do futuro”. Neste senso salientou que é “importante destacar o mérito de mulleres que coma Begoña Vila destacan no mundo científico e tecnolóxico: recoñecendo a súa valía rachamos cos estereotipos asociados ás carreiras científicas e tecnolóxicas, potenciando referentes femininos entre o alumando e axudándolles a descubrir as súas vocacións”.

Recoñecemento a unha dilatada traxectoria

No seu discurso Nieves Lorenzo detallou en profundidade os méritos da nova doutora Honoris Causa da UVigo. Despois de licenciarse en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade de Astrofísica pola Universidad de La Laguna, Begoña Vila (Vigo, 1963) acadou o doutoramento en Astrofísica na Universidade de Manchester (Reino Unido). A súa investigación centrouse na análise de curvas de rotación de galaxias espirais, actividade galáctica nuclear e abundancias estelares con observacións en lonxitudes de onda ópticas e de radio. Completou a súa carreira posdoutoral no Departamento de Física da Universidad de Cardiff e pouco despois marchou a Canadá, deixando o ámbito académico para traballar en distintas empresas aeroespaciais implicada en proxectos de satélites de rescate e outras misións de satélites.

En 2006 incorporouse ao proxecto do Telescopio Espacial James Webb da NASA, contratada pola Axencia Espacial Canadense e en 2013 pasou a ser contratada directamente pola NASA, converténdose en enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard, encargada de dous dos instrumentos do citado telescopio. Foi ademais a directora encargada da proba crioxénica final de todos os instrumentos do telescopio en Goddard. Este telescopio, lembrouse no acto, “engloba a máis dun millar de persoas e manexa un orzamento por riba dos 9.500 millóns de euros”. Actualmente está traballando tamén no Telescopio Espacial Nancy Grace Roman, un futuro observatorio espacial infravermello considerado polo Comité Decadal Survey do Consello Nacional de Investigación dos Estados Unidos como a máxima prioridade para a próxima década da astronomía. No proxecto está a coordinar a proba crioxénica do observatorio e apoiando o desenvolvemento das operacións de guía. Alén do seu traballo científico e tecnolóxico, Begoña Vila conta cunha dilatada participación en eventos de comunicación e divulgación científica.

A xa doutora honoris causa pola Universidade de Vigo ten recibido múltiples recoñecementos pola súa carreira, incluíndo a Medalla da NASA para o Logro Público Excepcional en 2016, o Premio Wonenburger da Xunta de Galicia en 2017 e o Premio Galego do Ano en 2019. Foi seleccionada no Top10 Mujeres Líderes Españolas no Exterior por Mujeres&Cia en 2021, na Lista de Forbes das 100 Mujeres más Influyentes en España en 2022 e 2023, Embaixadora Honorífica Marca España en Ciencia e Innovación en 2022 e Medalla da NASA para o Servizo Público Excepcional en 2022. Tamén foi galardoada na categoría de Ciencia e Saúde polo seu labor en misións clave como a do Telescopio James Webb na VII edición dos Premios Influyente 2024.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Denuncian recortes en el profesorado y en la atención a la diversidad en un colegio de Vigo
Enfoque

Denuncian recortes en el profesorado y en la atención a la diversidad en un colegio de Vigo

...

PorEuropa Press
30/10/2025
Redondela aproba un investimento de 700.000 euros para obras nas parroquias
Enfoque

Redondela reorganiza su Gobierno local, en el que entra Vicente Lamas por Iván Vallés

...

PorEuropa Press
30/10/2025
Desvelado el elenco de la próxima gran serie de Antena 3 que se está rodando en Vigo
Enfoque

Desvelado el elenco de la próxima gran serie de Antena 3 que se está rodando en Vigo

...

PorSara Rodríguez
30/10/2025
De enamorar a Vigo con su brunch a sorprender con sabores de Venezuela, así es este nuevo local
Enfoque

De enamorar a Vigo con su brunch a sorprender con sabores de Venezuela, así es este nuevo local

...

PorAlfredo Teja
30/10/2025
A UVigo inviste doutora honoris causa a Begoña Vila pola súa contribución na exploración do Universo
Enfoque

A UVigo inviste doutora honoris causa a Begoña Vila pola súa contribución na exploración do Universo

PorCarlos I. Castrillón
30/10/2025

A homenaxeada é enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X