• Calor en Vigo
  • Local de brunch Vigo
  • Mirador con cascada en Portugal
  • "Serán fetén" Vigo
  • Vigo cine de verano
  • Ampliación parque acuático
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

A UVigo logra máis de 200.000 euros para impulsar sete proxectos de divulgación científica

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
10/06/2025

A Universidade de Vigo acaba de conseguir algo máis de 200.000 euros -204.300- de financiamento na convocatoria 2024 da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), destinada a promover entre a cidadanía a cultura científica. Estes fondos permitirán desenvolver sete iniciativas coas que seguir espallando as actividades de fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación por todo o sur de Galicia, algunhas xa clásicas, que cada ano revalidan a confianza da FECYT e o éxito entre o público, con outras que botarán a andar nesta edición dispostas a conquistar o público, sobre todo á rapazada e á mocidade.

Entre os clásicos mantense a aposta polo festival científico CinVigo, organizado polo CINBIO e que cada primavera enche a Porta do Sol de mozas e mozos, aprendices de científicas e científicos expondo os seus proxectos -arredor de 250 nesta última edición-; o plan Ciencia de ida e volta, un gran paraugas impulsado dende a Unidade de Cultura Científica, UCC+i baixo o que se acollen infinidade de actividades desde o mes de setembro ata xuño nos tres campus; Te lo cuentan las matemáticas, proxecto dirixido a estimular as “vocacións matemáticas” dos nenos e nenas da última etapa de educación primaria e primeiros cursos da ESO, e Paleo en el barrio, ciencia de proximidad, iniciativa liderada desde o CSIC en colaboración coa UVigo e que, nesta edición, a cuarta xa, afondará no pasado paleontolóxico do distrito madrileño de Carabanchel e no concello galego do Porriño.

Másnoticias

O equipo internacional liderado desde a UVigo que estuda o impacto do cambio climático na atmosfera

20/06/2025

La Universidade de Vigo se consolida como una de las mejores del mundo

19/06/2025

Un escape-room pensando para o alumnado preuniversitario

Nesta edición incorpóranse tres propostas totalmente novas. Desde o Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, Cintecx, porase en marcha o proxecto Alerta verde: salva o teu centro educativo coa misión Cintecx, unha experiencia educativa inmersiva deseñada como un ‘escape room’ que busca incrementar o coñecemento científico e tecnolóxico en áreas como as enerxías renovables, a sustentabilidade e a economía circular. Con esta iniciativa buscan capacitar ao alumnado preuniversitario mediante retos prácticos, promovendo as vocacións STEM e a resolución de problemas ambientais nos propios centros educativos, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Esta experiencia de ‘escape room’ convidará ás persoas participantes a superar retos que simulan fallos nos sistemas do seu centro (estrutura, auga, calefacción, enerxía). Logo, guiados polo persoal de Cintecx, os estudantes organizaranse en rutas para resolver diferentes desafíos que combinan ferramentas avanzadas (drons, xeorradar, impresoras 3D) con solucións innovadoras de sustentabilidade.

Nereida, rede de escolas comprometidas cos ecosistemas acuáticos

Outra das grandes novidades chega da man do grupo Future Oceans Lab, do Centro de Investigación Mariña CIM-UVigo, como resposta á necesidade de fomentar unha maior conciencia e comprensión sobre os ecosistemas acuáticos nos centros educativos. Bautizado como Nereida, o proxecto busca corrixir esta carencia promovendo a creación dunha rede galega de escolas azuis que integren a ciencia mariña nos seus programas educativos e fomenten a aprendizaxe práctica e participativa.

Coa posta en marcha deste proxecto procúrase non só ensinar sobre os ecosistemas acuáticos, senón tamén inspirar ás novas xeracións a asumir un papel activo na protección do medio ambiente. Trátase de promover a conciencia ambiental e a ciencia mariña entre o alumnado de infantil, primaria, secundaria e educación especial, impulsando a certificación internacional Escola Azul, que recoñece os centros educativos comprometidos coa educación sobre ecosistemas acuáticos. Entre as actividades clave inclúense a creación dunha incubadora de proxectos azuis, o desenvolvemento de materiais educativos e multitude de obradoiros prácticos nos centros.

Revista de economía ecolóxica para ‘todos os públicos’

A terceira gran novidade chega da man do Post-Growth Innovation Lab, un grupo que puxo xa en marcha diferentes iniciativas de ciencia cidadá financiadas por esta convocatoria de axudas da Fecyt, á que agora suman un novo proxecto, neste caso, unha revista de economía ecolóxica para “todos os públicos”, un proxecto co que buscan achegar ao público en xeral versións divulgativas de artigos académicos publicados en revistas científicas.

O proxecto foi bautizado como TIAS, This Is Also Science, e inclúe dous produtos: unha publicación trimestral e unha adaptación sonora do número especial da revista. A revista TIAS contará con entre 8 e 10 artigos por número e, no cuarto trimestre, publicarase un número especial que recompilará unha selección de artigos xa publicados, aos que se lle engadirán ilustracións para mellorar o seu deseño visual e facilitar a comprensión. Este número especial adaptarase tamén ao sistema de escritura braille, e imprimiranse exemplares en papel, tanto da versión ilustrada como da versión braille.

A adaptación sonora do número especial da revista estará dispoñible en diferentes plataformas dixitais e a narración correrá a cargo de persoas mozas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social. Se ben se busca chegar ao público máis amplo posible, porase especial foco en tres colectivos con especiais dificultades de acceso a este tipo de contidos: persoas novas de entre 16 e 24 anos, persoas en risco de exclusión social e persoas con diversidade funcional visual.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Dispositivo especial de la Policía Nacional en Galicia por las hogueras de San Juan

...

PorMetropolitano
23/06/2025
Enfoque

Renfe lanza este lunes los nuevos abonos mensuales de Media Distancia con hasta un 50% de descuento

...

PorMetropolitano
23/06/2025
Enfoque

Galicia pone fecha a las obras que ampliarán su parque acuático más moderno con nuevas zonas

...

PorAlfredo Teja
22/06/2025
Fotos: Huttopia Galicia
Enfoque

Una empresa internacional pone fecha a su súper glamping en Galicia con todo tipo de servicios

...

PorAlfredo Teja
22/06/2025
Enfoque

O equipo internacional liderado desde a UVigo que estuda o impacto do cambio climático na atmosfera

PorMetropolitano
20/06/2025

Conta con financiamento do International Space Science Institute - O físico Juan Antonio Añel é o seu responsable

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X