• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A UVigo reconfírmase como unha das universidades máis transparentes do Estado

A UVigo reconfírmase como unha das universidades máis transparentes do Estado
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

Carlos I. CastrillónPorCarlos I. Castrillón
02/12/2025

O Examen de Transparencia 2025 elaborado pola Fundación Haz volve situar a Universidade de Vigo como unha das máis transparentes do Estado. Así se recolle na nova edición do Informe de transparencia y buen gobierno de las universidades españolas, no que a institución académica viguesa mantén un índice de cumprimento do 98% dos indicadores e polo tanto renova o selo de transparencia T na categoría de tres estrelas, o máximo posible que concede esta fundación.

O documento, que analiza o comportamento de 49 universidades públicas, outorga á UVigo unha puntuación superior á media das institución públicas que se sitúa no 89% de cumprimento. Deste xeito, a institución olívica sitúase no grupo de cabeza, xunto con outras 12 universidades, que este ano obtiveron un 98% de cumprimento, a puntuación máis alta nesta edición. Ademais, a UVigo mantén os resultados respecto da pasada edición deste estudo, cando conseguira cumprir 30 indicadores na súa totalidade e un parcialmente, obtendo así 61 puntos dun total de 62 posibles.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

Estes resultados permiten á UVigo renovar o Selo T***, a máxima cualificación posible, para a que se require cumprir polo menos o 90% de indicadores. Para a vicerreitora de Extensión Universitaria, Susana Reboreda, “un ano máis da Universidade logrou acadar uns resultados moi favorables no eido da transparencia e grazas ao esforzo de toda a comunidade universitaria logrouse o distintivo que nos pon nunha situación de referencia en relación con todo o sistema universitario público”. Reboreda destaca para a consecución deste recoñecemento, en especial, o traballo desenvolvido pola Unidade de Análises e Programas da UVigo.

Evolución dos indicadores da UVigo

O informa avalía 31 indicadores de transparencia relacionados con diferentes eidos como persoal, estatutos, salarios, nivel de endogamia, auditorías, ránkings, investigación, empregabilidade, etc. A Universidade de Vigo obtén o cumprimento total en 30 deles e un cumprimento parcial no indicador Responsable de Compliance (cumprimento normativo), do Consello Social. En relación con este indicado, na avaliación deste ano a Fundación Haz indica que “só se outorgou un cumprimento parcial en Responsable de Compliance porque a UVigo dispón dunha Comisión de Convivencia e Bo Goberno que atende dúbidas e tramita denuncias relacionadas co cumprimento do Código Ético. Non obstante, como se comentou o ano pasado, o Responsable de Compliance debe abarcar competencias máis amplas que as estritamente vinculadas ao Código Ético e, pola súa natureza, como tamén sinala a LOSU debería depender directamente do Consello Social”

O 96% das universidades públicas son transparentes

No informe da Fundación Haz de 2025 os campus públicos obteñen o mellor resultado global de todos os anos, co 96 % cualificados como transparentes, o 4% translúcidos e ningún opaco. Nesta edición a área cun desempeño máis baixo continúa sendo a relativa ao Consello Social (cun cumprimento medio total do 57%) e a Ética e compliance (cun 47%). O punto máis crítico indicado polo informe é o indicador de Responsable de compliance, xa que ningunha universidade adaptou as súas estruturas ás exixencias da LOSU, que require a creación dun órgano especializado dependendo do Consello Social, o que supón a principal materia pendente do sistema.

Ránking Dyntra, a UVigo mantén o 3º posto

Por outra parte, a UVigo segue estando entre as universidades máis transparentes no ránking de transparencia de universidades da plataforma Dyntra. Neste caso, mellorouse o cumprimento dos indicadores pasando de 160 o ano pasado a 163 este ano, o que permite conservar o terceiro posto, por detrás das universidades de Zaragoza e Murcia con 165 indicadores. A porcentaxe global e cumprimento é do 96,45% que se desglosa para o apartado de Transparencia institucional cun 96,43%, Comunicación pública cun 92%, Participación e colaboración cun 100%, Transparencia económica-financeira cun 100% e Contratación de servizos cun 94,74%.

A Universidade de Vigo figura tamén na terceira posición do ránking de administracións públicas de plataforma Dyntra, sendo polo tanto, a universidade máis transparente do SUG e a administración máis transparente de Galicia.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo
Enfoque

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O Porriño toma medidas especiales por el "gran apagón" que afecta a toda España
Enfoque

"Hito histórico" para O Porriño, aprueban su escudo y su bandera con estos elementos

...

PorMiguel Alonso
21/07/2026
Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis
Enfoque

Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis

...

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Baiona iza la bandera roja y prohíbe temporalmente el baño en dos de sus playas
Enfoque

Baiona quita la prohibición de bañarse en dos de sus playas, que vuelven a tener un agua "excelente"

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X