• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A UVigo supera en 2023 os 14 millóns de euros en captación de fondos internacionais

A UVigo supera en 2023 os 14 millóns de euros en captación de fondos internacionais
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
23/01/2024

O 2023 deixou na UVigo excelentes resultados na captación de fondos internacionais. Así o adiantou o reitor, Manuel Reigosa, no seu informe anual ao Claustro, onde deu conta da consecución neste exercicio de máis de 14 millóns de euros en captación de fondos internacionais, dos que preto de 13 millóns se corresponden con proxectos internacionais de investigación e 1,5 millóns con proxectos educativos internacionais, cifras nunca antes acadadas e que responden á selección da institución académica viguesa para participar en múltiples programas. “Foi o ano no que se presentaron máis propostas e tamén no que tivemos máis éxito”, explica a vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Belén Rubio, quen recalca que a día de hoxe a Oficina de Proxectos Internacionais da Universidade de Vigo ten 79 proxectos de investigación activos.

En apenas cinco anos -desde 2018 ata a actualidade- o número de proxectos internacionais de investigación case se duplicou, pasando dos 40 traballos que estaban en vigor en 2018 aos 79 actuais. De igual maneira, a evolución tamén foi histórica no número de proxectos europeos educativos, triplicándose o financiamento acadado en anos anteriores: de 501.000 no 2022 a máis de 1,5 millóns en 2023. “Os resultados acadados concordan co incremento na colaboración internacional do persoal investigador da Universidade de Vigo, que foi en aumento, desde un 38% en 2012 a más de un 56% en 2022, e que se espera incrementar aínda máis coa nosa incorporación á universidade europea Athena e cunha maior aposta pola incorporación de talento internacional”, explica a vicerreitora.

Másnoticias

Vecinos de Teis señalan que la vegetación ocupa calles y caminos y piden al Concello que la rocen

Vecinos de Teis señalan que la vegetación ocupa calles y caminos y piden al Concello que la rocen

21/07/2026
Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

21/07/2026

13 millóns de euros para 40 proxectos 

Dos case 13 millóns de euros acadados en proxectos internacionais de investigación, 18 correspóndense co programa Horizonte Europa, un dos máis esixentes, 13 son Interreg e oito doutro tipo. Dentro deses 18 proxectos HE, catro están coordinados desde a propia Universidade de Vigo, todos eles cunha subvención para a institución académica viguesa de arredor dun millón de euros. O traballo cunha maior subvención (1.055.625 €) é SOB4ES, coordinado pola profesora María Jesús Briones e que vai dirixido a analizar o estado de saúde dos solos europeos.

Subvención similar recibiron tamén Agrosus, dirixido por Adela Sánchez Moreiras, que se centra no desenvolvemento de estratexias agroecolóxicas para previr e manexar as malas herbas en cultivos de relevancia económica; Farclimate, de Pablo Cabanelas, co que se buscan “solucións transformadoras” para acadar a resiliencia climática, ou Promiseang, de Jesús Simal, dirixido a identificar novas fontes de proteínas.

Ás diferentes convocatorias do programa Interreg España-Portugal POCTEP presentáronse máis de 30 solicitudes, dos que se concederon unha ducia, tres delas coordinadas pola UVigo, dos que o de maior importe foi Aeroganp, liderado polo recentemente creado Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais, IFCAE, e cuxo obxectivo é crear unha rede de investigación aeroespacial na eurorrexión Galicia-norte de Portugal. A maiores, dentro da convocatoria Espazo Atlántico, conseguiuse o proxecto Marinnonet, unha iniciativa liderada polo investigador do Centro de Investigación Mariña José Luis Soengas co que se busca mellorar as capacidades de innovación e transferencia no eido da biotecnoloxía azul dos países desta rexión.

Ao marxe dos programas HE e Interreg, cabe destacar outros como LIFE, grazas ao cal se conseguiron máis de 300.000 euros para a posta en marcha de proxecto EC4RURAL, dirixido polo profesor Xavier Simón, e co que se está a impulsar a creación de 34 comunidades enerxéticas no rural europeo.

“Con respecto ao 2023 parécenos especialmente interesante destacar o boom de proxectos que se produciu vinculados ao campus de Ourense, grazas aos de David Fernández Calviño (3HE e 1 POCTEP), Moncho Gesteira (2 POCTEP) e Humberto Michinel (1 POCTEP)”, explica Sabela González, directora da Área de Proxectos Internacionais de Investigación.

1,5 millóns de euros para 17 proxectos educativos

No caso dos proxectos europeos de educación o resultado do traballo conxunto da OPI e do persoal docente e investigador da Universidade de Vigo traduciuse na aprobación de 17 novos proxectos cunha subvención total de 1.560.194 euros, se ben queda aínda pendente a resolución dalgún programa, polo que a cifra final podería incrementarse.

Como exemplos dalgún dos traballos nos que está implicada a UVigo, desde a OPI destacan dous proxectos internacionais KA2, financiados con 400.000 euros de orzamento cada un deles, un coordinado polo profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Manuel Caeiro sobre dixitalización de catálogos académicos para acadar unha maior mobilidade, e Up2You, coordinado polo profesor Tony Crespo, de Ciencias Económicas e Empresariais, que arrancou este mes en Vigo e que vai dirixido a multiplicar nas diferentes comunidades implicadas as actividades relacionadas co desenvolvemento sostible.

Nesta mesma convocatoria a UVigo obtivo ademais outros seis proxectos, por un importe superior aos 360.000 euros, con traballos que abordan temáticas como a prevención da inclusión da perspectiva social nos programas de enxeñaría, o Blended Outdoor Learning para fomentar a empregabilidade dos recén titulados ou o ensino da contabilidade para a sustentabilidade, a transparencia social e ambiental.

Os exemplos de traballos subvencionados son moi variados e inclúen tamén proxectos de axuda ao desenvolvemento en diferentes partes do mundo, así como as accións Jean Monnet nas que a UVigo conta cunha longa experiencia. “Desde a OPI seguiremos traballando para identificar as fontes de financiamento internacionais, aprendendo as súas características, informando ao PDI da UVigo das novidades a través de novas sesións informativas e apoiando na presentación dos seus proxectos en 2024”, explica a responsable da Área de Proxectos Internacionais de Educación, Eva Garea, quen tamén indica que “para que un proxecto poida acadar éxito e ser subvencionado é necesario poder demostrar excelencia, innovación, creatividade e vínculo coa sociedade”.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoUVigoVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo
Enfoque

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O Porriño toma medidas especiales por el "gran apagón" que afecta a toda España
Enfoque

"Hito histórico" para O Porriño, aprueban su escudo y su bandera con estos elementos

...

PorMiguel Alonso
21/07/2026
Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis
Enfoque

Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis

...

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Baiona iza la bandera roja y prohíbe temporalmente el baño en dos de sus playas
Enfoque

Baiona quita la prohibición de bañarse en dos de sus playas, que vuelven a tener un agua "excelente"

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X