O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron este venres o instituto de Mos para comprobar o avance das obras de renovación de cubertas que a Xunta de Galicia está a acometer neste centro e que supoñen un investimento de máis de 410.000 euros. O obxectivo da intervención, tal e como sinalou, “é continuar avanzando na mellora das instalacións dos centros escolares galegos, unha tarefa á que se lle está a dar un novo pulo a través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para o deseño do novo modelo de centros postcovid”.
O programa da intervención no instituto de Mos consiste na renovación da cuberta do centro dado o actual estado de deterioro e falta de funcionalidade. Entre as accións que se está acometendo figuran a retirada da cuberta existente e dos sistemas de impermeabilización dos encontros da cuberta, a disposición de illamento térmico sobre forxado de teito da última planta e a colocación dun novo taboleiro de cuberta en panel sándwich de chapa de aceiro.
Os traballos están neste momento en execución, aínda que se desenvolven "baixo todas as medidas de seguridade e sen interferir na actividade lectiva", segundo explican dende o Goberno galego. Rodríguez aseverou que este verán “realizamos ou iniciamos un total de 557 actuacións de mellora en toda Galicia, por importe de case 30 millóns, nas que se inclúe esta do IES de Mos”. Así mesmo, o titular do departamento educativo da Xunta destacou un investimento de máis de 1,6 millóns desde 2009 nos centros educativos do concello de Mos.
El sorteo de la Bonoloto dejó una pequeña alegría en Vigo. Un boleto sellado en un estanco de Coruxo tuvo un buen premio
El pan, la industria, la piedra y Antonio Palacios, protagonistas en el escudo y en la bandera de O Porriño que aprobó el Consello de la Xunta
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Los usuarios y usuarias de las playas de Baiona podrán volver a bañarse en Ladeira y Santa Marta. Ambas vuelven a tener un agua "excelente"
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL