“A veces a noite é longa, longa e escura e trae, traizoeira, un mencer frío de flores murchas e soños rotos”, pero sempre hai futuro. A Asociación Cancro de Mama “Pilar Domingo”, de Ponteareas, presenta este venres en Salceda o seu calendario solidario. Nel, doce mulleres que padeceron a enfermidade, acompañánnos mes a mes na loita de dor, pero tamén de afouteza.
As modelos improvisadas, todas elas residentes en Ponteareas, e que hoxe viven as súas vidas con total normalidade, posaron para a cámara de José Manuel Peixoto, dando forma a este extraordinario traballo no que, os textos de Isabel Blanco-Rivas, expresan sentimentos, esperanzas e ilusións. O almanaque dedica ademais o mes de outubro a Pilar Domingo, da que se cumprirán dous anos en febreiro do seu pasamento.
A presentación en Salceda será na Casa da Cultura, mañá venres 29 de decembro, ás 19:30 horas. Un acto no que se contará coa presenza do fotógrafo José Peixoto, autor das fotos que ilustran o calendario, e da escritora Isabel Blanco-Rivas autora dos textos.
As e os interesados en conseguir un calendario, poden adquirilo no Concello de Salceda de Caselas, aínda que tamén poden facelo enviando un correo electrónico a [email protected]. A asociación contestará enviando o número de conta onde debe ser ingresado o importe do calendario e, posteriormente, a interesada ou interesado recibirá o calendario na súa casa a portes debidos.
El sorteo de la Bonoloto dejó una pequeña alegría en Vigo. Un boleto sellado en un estanco de Coruxo tuvo un buen premio
El pan, la industria, la piedra y Antonio Palacios, protagonistas en el escudo y en la bandera de O Porriño que aprobó el Consello de la Xunta
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Los usuarios y usuarias de las playas de Baiona podrán volver a bañarse en Ladeira y Santa Marta. Ambas vuelven a tener un agua "excelente"
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL