Alertas
miércoles, 22 de marzo 2023
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Algúns dos arquitectos máis recoñecidos do mundo compiten por rehabilitar Santa Clara en Pontevedra

Convento de Santa Clara, la joya oculta de Pontevedra que se podrá visitar tras 750 años
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
22/02/2023

O antigo convento de Santa Clara, en Pontevedra, vai camiño de se converter nunha icona mundial despois de que estudos de arquitectura de “máximo nivel” mundial participaran no concurso posto en marcha pola Deputación de Pontevedra para a iniciara súa recuperación como museo. Entre os finalistas están os responsables de deseñar o memorial do 11S en Nova York ou a Biblioteca de Alexandría en Exipto.

Así, Nieto Sobejano, Kengo Kuma, a UTE David Chipperfield-Carlos Seoane, Kaan, e a UTE Snohetta-Alfonso Penela son as cinco equipas de arquitectura que aspiran a facer o proxecto final para a rehabilitación e ampliación de Santa Clara.  Os nomes dos estudos de arquitectura seleccionados foron comunicados pola presidenta Carmela Silva e o vicepresidente César Mosquera. “Queriamos que viñeran as mellores equipas de arquitectura do mundo… Xa nos presentados se cumpliu, e nos seleccionados agora volve reproducirse”, dixo o responsable do Museo. “Hai cousas espectaculares”, subliñou.

Másnoticias

A sede da Deputación en Vigo acolle a entrega do Premio “Mulleres Salgadas” a Dula Piñeiro

A sede da Deputación en Vigo acolle a entrega do Premio “Mulleres Salgadas” a Dula Piñeiro

21/03/2023
Un ‘Monopoly de la Igualdad’ gana el concurso de juguetes no sexistas y no violentos de la Diputación

Un ‘Monopoly de la Igualdad’ gana el concurso de juguetes no sexistas y no violentos de la Diputación

20/03/2023

O vicepresidente Mosquera quixo agradecer “a panzada” de traballo da equipa do Museo para analizar toda a documentación das 23 equipas aspirantes: valoráronse 6.679 folios e 629 proxectos (dos que 160 eran de Museos). As firmas seleccionadas presentaron 163 actuacións nos seus portfolios, 56 delas propostas de museos xa executados.

A semana próxima os seleccionados serán convidados para abrir a segunda fase, de elaboración dos anteproxectos, para a que haberá tres meses. Antes disto darase aos aspirantes toda a documentación existente (patoloxías, arqueolóxico…), e fixarase un día para coñecer ‘in situ’ Santa Clara.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, asegurou que “imos vento en popa a toda vela coa rehabilitación de Santa Clara, e temos unha eficacia que nos ten gratamente sorprendidas e sorprendidos”. Lembrou, como xa fixo en anteriores ocasións, que “estamos cumprindo rigorosamente todos os prazos que nos déramos para que poidamos ter moi pronto todo o procedemento finalizado e así poder licitar a rehabilitación e ampliar o Museo de Pontevedra en Santa Clara”.

En canto ás propostas presentadas hoxe, Carmela Silva salientou que “as grandes equipas internacionais de arquitectura que resultaron con máis puntuación, e que serán as que teñan a posibilidade de desenvolver un anteproxecto para Santa Clara, fixeron as obras máis importantes do mundo”, unhas obras que “hoxe son grandes exemplos e que permanecerán na historia como grandes proxectos arquitectónicos”. Isto, afirmou, fará que “nós aquí, na provincia, imos ter a posibilidade de contar cunha rehabilitación de Santa Clara que tamén, estou segura, será algo único, que nos situará no mundo e que moita xente virá visitar”.

As equipas finalistas

O futuro conxunto arquitectónico de Santa Clara poderá recaer nas mans de  dous arquitectos de Madrid, dous de Galicia, un de Xapón, outro de Reino Unido, unha equipa holandesa e outra de Noruega. Nieto Sobejano (que acadou 100 dos 100 puntos posibles con 42 proxectos presentados para valorar) é un estudo madrileño que ten entre as súas obras máis destacadas o Museo de Madinat ao-Zahra, o Museo de Moritzburg en Ache, a rehabilitación do Colexio de San Gregorio en Valladolid, o Museo Joanneum en Graz, o Centro de Arte Contemporánea de Córdoba e o Centro Arvo Pärt en Estonia.

O estudo Kengo Kuma & Associates (99,5 puntos e 27 proxectos entregados) foi creado por Kengo Kuma en 1990 en Tokyo e en 2008 en Paris. Está inscrito á Orde de Arquitectos Franceses d’Ile-de-France , é membro internacional da RIBA (Royal Institue of British Architects) en Inglaterra e membro honorario do AIA (American Institute of Architects) nos Estados Unidos. Entre as súas obras máis salientables están o Instituto de Belas Artes de Nezu (Tokyo) –con 3 premios internacionais-, o V&A Museum of desing Dundee (Escocia)-con 3 premios internacionais-, a Casa dos Contos HC Andersen (Dinamarca), ou o Odunpazari Museo de Arte Moderno (Turquía), entre moitos outros.

A UTE formada por David Chipperfield-Seoane (98 puntos -30 proxectos) aúna a experiencia do arquitecto inglés e o galego.  Chipperfield é catedrático de Arquitectura  e profesor invitado na Universidade de Yale. Comendador da Orde do Imperio Británico, deseñador Real para a industria en 2006, membro da Royal Academy en 2008, condecorado coa Orde do Mérito da República Federal de Alemania, e recoñecido (Sir) polos seus servizos á arquitectura en Reino Unido e Alemaña. Recibiu tamén a Real Medalla de Ouro da Arquitectura do RIBA concedida en recoñecemento a toda unha vida de traballo. Seoane, pola súa parte, fundou CSA Arquitectura en A Coruña en 1995, e dende hai anos traballa con Chipperfield como arquitecto asociado para as súas obras en Galicia. Entre as obras salientables destacan o Neues Museum (Berlín) –con 19 premios internacionais-, a James Simon Galerie (Berlín) -5 premios internacionais-, Jacoby Studiios (Alemania) -5 premios internacionais-, ou Amoreapacific (Seul, Corea do Sur) -6 premios internacionais-.

KAAN Architecten  (95 puntos- 35 proxectos) é un estudo de arquitectura con sede en Róterdan, São Paulo e París que opera a nivel mundial e combina a experiencia práctica e académica nos campos da arquitectura, o urbanismo e a investigación sobre a contorna construída.

Dirixido por Kees Kaan, Vincent Panhuysen e Dikkie Scipio. Entre a súa obra máis destacada está o Real Museo de Belas Artes (Amberes, Bélxica) -2 premios internacionais-, o Catharijneconvent (Utrech) ,1 premio internacional-, o Tribunal Supremo dos Países Baixos. (La Haya) -2 premios internacionais-, ou o Plan de actuación e a intervención paisaxística do Monte do Gozo.

Finalmente, a UTE Snohetta e-Alfonso Penela (94,80 puntos- 29 proxectos) xuntan forzas para aspirar a remodelar Santa Clara cunha bagaxe de proxectos moi mediática. Snøhetta comezou como un taller colaborativo de arquitectura e paisaxismo. Na actualidade conta  con 280 empregados de máis de trinta nacionalidades diferentes e unha distribución equitativa por xénero.Ten presenza global, con oficinas que van desde Oslo, París e Innsbruck, ata Nova York, Hong Kong, Adelaida e San Francisco.

Nos últimos anos Snøhetta deseñou algúns dos proxectos públicos e culturais máis notables do mundo. Iniciou a súa carreira en 1989 coa proposta gañadora do concurso para a nova biblioteca de Alexandría, Exipto. Isto foi seguido máis tarde pola comisión da Ópera e Ballet Nacional de Noruega en Oslo, e o Pavillón do Museo Nacional Conmemorativo do 11 de Setembro no World Trade Center na cidade de Nova York, entre moitos outros.

Pola súa banda Alfonso Penela é profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña e ten moita obra en Vigo . Entre outras, a rehabilitación da Casa Arines, a máis antiga da cidade, e do Xeral como Cidade da Xustiza, e do Mercantil como sede do Celta. O novo Reitorado e Barrio do Cura son outras obras destacadas.

O xurado

O xurado que estudará os anteproxectos para escoller o mellor deseño tamén se deu a coñecer hoxe e aprobarase mañá en Xunta de Goberno. Estará formado por especialistas, xa que a lexislación marca que pola natureza do contrato debe estar formado en dúas terceiras partes por persoas con titulación para poder desenvolver os proxectos: fundamentalmente equipas de arquitectura e museoloxía.

Como presidente estará o director do Museo Xosé Manuel Rey, e como vogais a xefa de xestión do Museo Sonia Mateos, o secretario da Deputación Carlos Cuadrado, a xefa e tamén unha arquitecta do servizo provincial de Arquitectura Mª Carmen Gómez e Sara Piñón –respectivamente-. A arquitecta que designa a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta é Belén Suárez –xefa do servizo de Arquitectura na delegación en Pontevedra-, a persoa designada polo Concello de Pontevedra é Rosa Magdalena Fernández, e a designada polo COAG, Jesús Irisarri Castro.

Na convocatoria do xurado inclúense tamén dúas persoas arquitectas de recoñecido prestixio designadas pola Deputación, Teresa Táboas, que ademais da súa experiencia está no Consello Asesor do Museo, e Gonçalo Byrne, presidente da Orden dos Arquitectos de Portugal, xunto a unha persoa con coñecementos específicos en Museoloxía, Pilar Fatás, que é directora do Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira en Cantabria. Como secretario actuará o xefe do servizo de Contratación provincial, Pablo Montero.

En relación á composición do xurado, Carmela Silva salientou “algo extraordinario e nada habitual: que é un xurado paritario, e non só paritario, senón maioritario” en canto ao maior número de mulleres compoñentes respecto a homes. No xurado, polo tanto, “hai grandes mulleres con traxectorias moi importantes para tomar grandes decisións”, asegurou a presidenta, que agradeceu “a sensibilidade” ao equipo do Museo.

Temas: Deputación de PontevedraPontevedra
Compartir en FacebookCompartir en TwitterCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

marzo de 2023

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Valença

Vigo

Vilaboa

Más noticias

Vigo estrena siete nuevas baldeadoras, barredoras e hidrolimpiadoras 100% eléctricas
Enfoque

Vigo estrena siete nuevas baldeadoras, barredoras e hidrolimpiadoras 100% eléctricas

...

PorMetropolitano
22/03/2023
Caballero se abre a que “algunos buses” circulen por el centro, pero con la AP9 como vía preferente
Enfoque

Aprobada por unanimidad la convocatoria de huelga de autobuses en toda Galicia el 31 de marzo

...

PorMetropolitano
22/03/2023
Fallece Pedro Pereira, presidente del Banco de Alimentos de Vigo hasta 2021
Enfoque

Fallece Pedro Pereira, presidente del Banco de Alimentos de Vigo hasta 2021

...

PorMetropolitano
22/03/2023
La nueva potabilizadora de Vigo, en O Casal, concluye la gran cúpula del edificio de ultrafiltración
Enfoque

La nueva potabilizadora de Vigo, en O Casal, concluye la gran cúpula del edificio de ultrafiltración

...

PorMetropolitano
22/03/2023
La viguesa Dani y el compostelano Ortiga conforman el cartel del Sonora’ 2.3 de la UVigo
Enfoque

La viguesa Dani y el compostelano Ortiga conforman el cartel del Sonora’ 2.3 de la UVigo

PorMetropolitano
21/03/2023

El cartel de la nueva edición de Sonora’ 2.3, el festival de las nuevas músicas de la UVigo, esta protagonizado por Dani y Ortiga

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

marzo de 2023

Tipo de evento

Todos

Conciertos

Espectáculos

Festivales

Festivos

Fiestas

Planes y actividades

Concello

Todos

A Cañiza

A Guarda

Arbo

As Neves

Baiona

Bueu

Cangas

Covelo

Gondomar

Moaña

Mondariz

Mos

Nigrán

O Porriño

O Rosal

Oia

Ponteareas

Pontevedra

Portas

Redondela

Salceda de Caselas

Salvaterra do Miño

Soutomaior

Tomiño

Tui

Valença

Vigo

Vilaboa

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Publicidad
  • Enviar evento
  • Hemeroteca

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X