A candidata do BNG ás eleccións europeas, Ana Miranda, defendeu a necesidade de implantar un Estatuto Europeo do Artista para "evitar discriminacións" entre os diferentes estados. Nunha visita ao Festival de Monicreques de Redondela, a nacionalista reivindicou que a voz do Bloque en Europa é "fundamental" para que os artistas galegos teñan "os mesmos dereitos que os artistas belgas", de forma que o Estatuto Europeo do Artista inclúa todo tipo de artes.
Así, a eurodeputada galega incidiu en que, no caso de Bélxica, "os artistas contan cun salario establecido e negociado polo estado". Neste sentido, puxo en valor que foi o grupo parlamentario da Eurocámara no que está incluído o BNG o que lanzou esta iniciativa a nivel europeo. "Xa que o debate non está finalizado, alcanzar este estatuto será un dos retos da próxima lexislatura", destacou a eurodeputada do Bloque.
En concreto, tal e como destacou o BNG nunha nota de prensa, este estatuto propón que os estados membros apliquen as recomendacións da Unesco relativas ao "estatuto dos artistas", das que todos son asinantes, tendo en conta que todos os traballadores están amparados polo ámbito laboral da UE, así como pola lexislación laboral nacional.
Outro dos aspectos que contempla este estatuto fai referencia a que os estados membros asignen os recursos económicos e humanos adecuados para o fortalecemento das disciplinas artísticas en todas as etapas educativas nas actividades curriculares e extraescolares. "As condicións sociais e laborais xustas son fundamentais para garantir a liberdade de expresión artística de todos os creadores", manifestou Ana Miranda.
La vicepresidenta de la Diputación Luisa Sánchez destaca que la nueva imagen de Pintor Colmeiro ya está lista para que Vigo la disfrute
El policía fue alcanzado por un petardo, que le impactaría en el pie derecho, por lo que tuvo que ser atendido en urgencias
Vilagarcía ha anunciado que ya es posible bañarse con normalidad en la playa de Canelas. La Xunta desaconsejó temporalmente el baño en ella
Caballero destaca que Zona Franca de Vigo invertirá 90,9 millones en la ciudad con el impulso de importantes proyectos
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL