• Precio entradas Castrelos
  • Cambio pacientes Povisa
  • Novedades Balaídos
  • Sons do Casco 2026
  • Pleno Caso Saltamontes
  • Vigo SeaFest
  • Propuestas turísticas Bouzas
  • Trenes Turísticos
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Arranca en Vigo un proxecto que busca “solucións transformadoras” para acadar a resiliencia climática

Arranca en Vigo un proxecto que busca “solucións transformadoras” para acadar a resiliencia climática
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
18/10/2023

A crise climática trae consigo inmensos desafíos para a sociedade e para combater eses retos necesítase desenvolver a chamada resiliencia climática, medidas coas que facer fronte ás realidades dun mundo máis cálido. Neste contexto, este mércores arrancou en Vigo o proxecto europeo Farclimate, financiado con 4,6 millóns de euros e no que participan 14 socios de cinco países, coordinados desde a Universidade de Vigo polo profesor Pablo Cabanelas, responsable do grupo de investigación Organización do Coñecemento (OE7), conformado principalmente por persoal investigador do ámbito económico e empresarial, así como do eido estatístico.

Estes 14 socios buscarán de maneira conxunta “solucións transformadoras para tratar de entender os cambios que poden vir nos próximos anos asociados ao clima”, tal e como explicou Cabanelas na reunión de lanzamento do proxecto, un encontro que se prolongará ata mañá xoves no edificio Redeiras e que contou tamén coa participación do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, que foi o encargado de darlle a benvida aos participantes. “Se ben para min hoxe é difícil estar feliz, dado os últimos acontecementos que están a acontecer a nivel internacional, é un orgullo para a nosa Universidade coordinar un proxecto destas características”, subliñou o reitor, quen afondou na idea de que a sociedade terá que realizar importantes cambios para adaptarse ás múltiples consecuencias que o cambio climático trae consigo. “O voso papel será moi importante en todo este proceso, xa que nos ides prover de ferramentas útiles coas que adaptarnos a un cambio global que xa está aquí”, recalcou Reigosa.

Másnoticias

La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

04/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

03/06/2026

“Especial atención” ás barreiras políticas, sociais e económicas

Todas as accións que se leven a cabo baixo o paraugas Farclimate, Moving ForwARd to achieve CLIMATE -resilient and sustainable European regional economic system-, irán dirixidas á consecución de sistemas económicos rexionais europeos sostibles e resilientes ao clima. Realizaranse actividades en, cando menos, 20 rexións e comunidades europeas e todas irán dirixidas a “abordar os difíciles retos de desenvolver e ampliar as medidas de resiliencia climática, facéndoas accesibles e compresibles para todos”, explicou o coordinador, ao que engadiu que se prestará “especial atención” ás barreiras políticas, sociais e económicas que xorden habitualmente arredor de todas estas cuestións.

Ademais de encargarse da xestión xeral do proxecto, a Universidade de Vigo liderará o paquete de traballo específico sobre caracterización dos casos prácticos e, a maiores, “terá un rol relevante noutras tarefas”, entre elas a definición dun enfoque metodolóxico que permita identificar os casos de estudo e definir plans de xestión resilientes ante o cambio no clima e a folla de ruta sobre estratexias políticas.

14 “grupos potentes” do eido público e privado

“Nesta viaxe non imos solos, hai grupos potentes que nos acompañan nesta aventura que acaba de comezar”, explica Pablo Cabanelas, quen salienta que os 14 socios implicados proveñen do eido público e privado. Dados os campos temáticos de estudo, cóntase con especialistas no eido forestal (CESEFOR), agrícola (Universidade de Lieja) e marítimo (Fundamar). O ámbito académico complétase coa Universidade Nova de Lisboa. A maiores o equipo inclúe especialistas en Living Labs, coma ENoLL o Green Growth Generation, ademais de dous Living Labs de Finlandia (Laurea) e Grecia (CERTH), e a Cámara Municipal de Fundao. “Todos estes grupos estarán complementados por organizacións privadas especialistas en temas medioambientais, formación e plataformas dixitais, coma Contáctica, Inviable e C4G”, apunta o coordinador, quen tamén menciona que, ademais de todo o anterior, o proxecto conta como asociado coa Unión Internacional da Conservación da Natureza (UICN), un dos grandes referentes en aspectos medioambientais.

“Entre todos conformamos un equipo multidisciplinar e con grandes complementariedades”, explicou na xuntanza o coordinador, quen se amosou convencido de que “sairán moitas achegas de interese”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

En marcha una nueva macroárea comercial en Vigo con Aldi y 14.000 metros de tiendas
Enfoque

Vigo allana el futuro del centro comercial que albergará Aldi, Jysk y Pepco

...

PorAlfredo Teja
05/06/2026
Proyectan en Salceda un gran Centro de Negocios con oficinas, coworkings y salas de reuniones
Enfoque

Proyectan en Salceda un gran Centro de Negocios con oficinas, coworkings y salas de reuniones

...

PorPaula Carballo
05/06/2026
Médicos critican el "desconocimiento" de la Xunta: "Llevamos más de 20 años haciendo cirugía menor"
Enfoque

Denuncian que el sistema de control de bajas de la Xunta "sobrecarga" los centros de salud de Vigo

...

PorMiguel Alonso
05/06/2026
Vigo reactiva el máximo nivel de restricciones de tráfico con cambio en horarios e itinerarios
Enfoque

Una persecución policial por Vigo y la AP-9 termina en accidente tras circular a más 120km/h en vías urbanas

...

PorMiguel Alonsoy1 Otros
05/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X