O Concello de Ponteareas realizará unha mostra de arte das alfombras florais nas inmediacións do paso da Semana Santa de Braga, un acto que cada ano congrega a milleiros de persoas. A mostra prodúcese despois de que o alcalde ponteareán, Xosé Represas, e a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, se reunirán co vereador de Turismo do municipio portugués, Altino Bessa, para promocionar dos actos do Concello.
Nun punto estratéxico nas proximidades da oficina de turismo de Braga, nunha das esquinas máis céntricas da Avenida da Liberdade, Ponteareas promocionará as alfombras florais do Corpus 2018 coa entrega de folletos informativos e a realización dunha mostra de alfombra que estará dende o venres día 30 ata o sábado día 31 adornando un dos puntos neurálxicos da cidade.
En pleno centro histórico, esta representación floral e este espazo de Ponteareas no que estarán alfombristas e membros do goberno local, serán visitadas e contempladas por todos os e as visitantes que se achegan a máis afamada procesión de Semana Santa de Portugal.
Deste xeito, a capital do Condado leva a súa tradición e arte efémera a unha das tres cidades máis importantes de Portugal que coñecerá a festa do Corpus Christi e a riqueza patrimonial, paisaxística e gastronómica da nosa vila. Arranca así a primeira acción de promoción que se centrará nas cidades e vilas do norte de Portugal e Galicia.
El sorteo de la Bonoloto dejó una pequeña alegría en Vigo. Un boleto sellado en un estanco de Coruxo tuvo un buen premio
El pan, la industria, la piedra y Antonio Palacios, protagonistas en el escudo y en la bandera de O Porriño que aprobó el Consello de la Xunta
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Los usuarios y usuarias de las playas de Baiona podrán volver a bañarse en Ladeira y Santa Marta. Ambas vuelven a tener un agua "excelente"
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL