• Desaparecido Miño
  • Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

“As mulleres que opinan son perigosas” regresa con figuras como Mercedes Milá ou Mamen Mendizábal

“As mulleres que opinan son perigosas” regresa con figuras como Mercedes Milá ou Mamen Mendizábal
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
31/05/2022

A volta á presencialidade do foro “As mulleres que opinan son perigosas” será os días 10 e 11 de xuño no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. Esta quinta edición do encontro, financiado  pola a Deputación e o Concello de Pontevedra, retransmitirase tamén en streaming e contará coa presenza de 18 mulleres xornalistas converténdose así na edición con maior número de convidadas. O público poderá intercambiar impresións con elas nun punto de encontro que se situará no hall do edificio. O destacado elenco de relatoras do xornalismo español e galego está integrado por Mercedes Milá, Mamen Mendizábal, Ana Pardo de Vera, Paloma del Río, Joana Bonet, Margaryta Yakovenko, María Varela, Inma López Silva, Diana López, Ángeles Caballero, Marta García Aller, Fernanda Tabarés, Almudena Sánchez, Luz Sánchez Mellado, Estefanía Molina, Carolina Sertal, Marta Otero e María Piñeiro. O encontro presentouse no Salón de Plenos da Deputación nun acto no que estiveron presentes Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra;  Victoria Alonso, deputada de Igualdade e Cultura; e Susana Pedreira e Diana López Varela, xornalistas e promotoras deste foro.

Carmela Silva animou a toda a cidadanía a desfrutar desta nova edición das “Mulleres que opinan” no que “imos a aprender moito e a reflexionar. É unha das ideas máis fermosas que se están a desenvolver en Galicia e en todo o Estado”. Este encontro, afirmou a presidenta provincial, pon de manifesto “a capacidade para sumar sinerxías e crear redes de mulleres que reclaman o seu espazo” e deu as gracias ás organizadoras do evento do que “parece imposible superar a edición anterior e sempre se supera”. Ademais, puxo en valor que neste encontro participen “mulleres con pensamentos diversos, posicionamentos ideolóxicos diferentes e unha mirada propia ante o mundo xa que iso é a sociedade, o poder debater dende todas as miradas e -engadiu- neste caso hai unha mirada violeta de mulleres que analizan o mundo e opinan sobre el”. Para Carmela Silva a programación deste ano é “insuperable” xa que trataranse temas tan relevantes como a saúde mental, a posición das mulleres no mundo do deporte, a visión das mulleres da situación política ou a importancia do xornalismo.

Másnoticias

Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha

Xunta y Diputación "blindan" el nuevo festival de Vigo, Xornada Cultural de Galicia: habrá nueva fecha

21/07/2026
Unha ponte colgante sobre o Miño en As Neves e Monçao para unir fronteiras

Impulsan crear un nuevo puente internacional en el área de Vigo para conectar Galicia y Portugal

21/07/2026

Susana Pedreira referiuse a esta nova edición de “As mulleres que opinan son perigosas” como “a edición do reencontro” tras os dous anos nos que tivo que realizarse en formato online por mor da pandemia. Este ano, relatou, “son 11 as mulleres que se suman por primeira vez á nosa familia de mulleres que opinan e 7 as que repiten. Consideramos que era necesario romper a norma de non repetir convidadas porque despois de dúas edicións online nesitabamos reencontrarnos”. Trátase de 5 xornalistas que participaron na primeira edición e que volven 4 anos e unha pandemia despois e que “levarán ao escenario” as reflexións do libro que se presentou en marzo a raíz destas conversas. Con elas unha sexta compañeira que participou online. Susana Pedreira subliñou que con este novo cartel xa son 62 as profesionais da comunicación que forman parte do foro algo que evidencia que “hai moitas mulleres en Galicia e no conxunto do estado que fan bo xornalismo”. Baixo esta premisa  animou “ás persoas organizadoras de congresos e foros de opinión e xornalismo a que consulten os nosos carteis e programas para non volver a dicir que non atopan mulleres cando programan os paneis de congresos nacionais”.

Pola súa banda, Diana López invitou “á xente de Pontevedra, Galicia e de calquera sitio a vir a esta edición presencial” na que, anunciou, haberá “un punto de seguimento no hall do museo cunha pantalla para poder escoitar ás convidadas en caso de que se complete o aforo”. Este espazo servirá tamén para encontrarse coas invitadas a través da mesa da librería Cronopios, na que se poderán adquirir os seus libros, mesmo asinados.

Aconséllase inscribirse de xeito previo para que todas as persoas que desexen acudir ao foro teñan garantida a súa praza. As inscricións poden realizarse nos sitios web da Deputación e do Concello de Pontevedra. Tódalas persoas que realicen a súa inscrición recibirán como agasallo o libro “Mulleres que opinan. Catro anos e unha pandemia”, que está a suscitar un gran interese. 

Temas: Deputación de Pontevedra
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Vigo, uno de los mejores puntos para ver el eclipse solar de este jueves
Enfoque

Pontevedra difunde estos consejos clave para disfrutar al máximo del eclipse en Galicia: estas son las claves

Los expertos dan las claves para disfrutar al máximo del histórico eclipse solar que se podrá ver en Galicia el 12 de agosto

PorUxía Pérez
22/07/2026
Enfoque

Caballero reubica el Vigo Arena, con un "modelo Vialia" y mayor que el Coliseum de A Coruña

Caballero desvela los detalles del Vigo Arena: ubicación y "modelo Vialia" para ser el recinto de grandes conciertos del Noroeste peninsular

PorCarlos I. Castrillón
22/07/2026
SATSE critica la sobrecarga de trabajo de las enfermeras en los centros sociosanitarios dependientes de la Xunta
Enfoque

El Sindicato de Enfermería denuncia la sobrecarga de trabajo del personal en centros de salud de Pontevedra

Satse denuncia que hay centros de salud en los que trabajan habitualmente siete enfermeras y ahora solo hay dos profesionales

PorEuropa Press
22/07/2026
Denuncian una "agresión brutal" a personal sanitario de Cangas en la noche de Halloween
Enfoque

Atropello en Vigo, un coche arrolla a un peatón en la parroquia de Lavadores

Atropello en Vigo, fuentes presenciales señalan que la víctima presentaba diversas heridas y sangraba en abundancia por la nariz

PorPaula Carballo
22/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X