O Concello das Neves vén de poñer en marcha un portal inmobiliario público, vivenasneves.gal, que ten coma obxectivo impulsar a "recuperación de poboación", facilitando que aquelas persoas que o desexen, podan atopar vivenda nas Neves, en venta o en alugueiro.
Como sinalaron o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, esta nova plataforma forma parte da filosofía de #ViveNasNeves, un proxecto impulsado polo Goberno local neste mandato, que quere "amosar e impulsar as vantaxes de vivir no noso concello", o seu atractivo cultural, e natural, servizos, oferta educativa en todos os niveis o a súa proximidade ás dúas grandes cidades do noroeste peninsular: Vigo e Oporto.
Vivenasneves.gal facilitará o contacto, "dun xeito ordenado" entre aquelas persoas que queren atopar casa nas Neves e ás que a están buscando. Para iso conta cunha nova oficina, situada no edificio do Mercado Municipal, que estará aberta de 10:00 a 14:00h.; o propio portal web, vivenasneves.gal; un enderezo electrónico no que será posible pedir cita, [email protected], e un teléfono, o 604 045 298, no que é posible facer, tamén consultas e solicitar e ofrecer información, tanto chamando directamente como por WhatsApp, incluindo fotos do inmoble que se queira poñer en aluguer o en venda.
Na actualidade hai xa unha "bolsa considerable" de ofertas que permitiron que a plataforma botase a andar con máis de 40 propiedades (casas, chalets, pisos, fincas, naves, áticos e oficinas) á disposición de particulares interesados en trasladarse ás Neves, axencias inmobiliarias e empresas que busquen locais nos que establecerse.
Os trámites son moi doados: hai que darse de alta na plataforma e seguir os pasos para publicar o teu inmoble. Unha vez rexistrada calquera persoa pode ver e editar o seu 'anuncio', accedendo ao seu perfil e facendo os cambios que queira.
Tamén é posible enviar por correo electrónico o formulario que se atopa na web e dende vivenasneves.gal incluirán directamente a propiedade que quere venderse ou alugarse.
El sorteo de la Bonoloto dejó una pequeña alegría en Vigo. Un boleto sellado en un estanco de Coruxo tuvo un buen premio
El pan, la industria, la piedra y Antonio Palacios, protagonistas en el escudo y en la bandera de O Porriño que aprobó el Consello de la Xunta
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Los usuarios y usuarias de las playas de Baiona podrán volver a bañarse en Ladeira y Santa Marta. Ambas vuelven a tener un agua "excelente"
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL