• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

As Olimpíadas Nacionais de Teleco reúnen en Vigo a máis 200 estudantes de ensino medio

As Olimpíadas Nacionais de Teleco reúnen en Vigo a máis 200 estudantes de ensino medio
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
24/04/2025

Desde Sada, Ribadeo, Silleda, Ourense, Cangas… máis 200 estudantes de ensino medio participaron este xoves no campus de Vigo nas III Olimpíadas Nacionais de Teleco, Teleco Games, unha cita na que loitan por conseguir un premio que os leve á final nacional, pero sobre todo, na que veñen a demostrar que son uns excelentes aprendices de enxeñeiros e enxeñeiras, e que están dispostos, “desde xa”, a pór sobre a mesa toda a súa creatividade e valía para demostralo. O primeiro obxectivo era prender neles o interese polas telecomunicacións e visto o entusiasmo posto en cada unha das presentacións, semella, a xuízo do equipo organizador, máis que cumprido.

Participaron 207 estudantes: 115 de Ensino Secundario Obrigatorio, 80 estudantes de Bacharelato e 12 de Formación Profesional. Divididos en 56 equipos, foron presentando os seus proxectos, tanto nos postos situados no corredor central da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, como no salón de actos. Fixérono ante un auditorio composto polos seus compañeiros de categoría do resto de centros participantes como polos representantes da organización, incluíndo responsables da escola e das catro empresas que apoian a competición: Indra e Oesía, a través ambas as dúas das súas cátedras, Televés e Borgwarner.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

Un día “moi importante” e “ilusionante”

“Chegan coa ilusión de presentar os seus proxectos, nos que levan traballando varios meses, todos distintos: algúns máis innovadores, outros máis convencionais, uns máis sofisticados, sobre todo os elaborados por alumnado de Bacharelato e Formación Profesional, e outros máis sinxelos, pero igual de interesantes, propostos polos alumnos e alumnas de ESO”, explica a directora do centro, a profesora e investigadora Rebeca P. Díaz.

“Hoxe é un día moi importante para nós, xa que é a fin dunha etapa de traballo que comezou xa o ano pasado por estas datas”, salientou, ao tempo que puxo en valor o apoio das empresas, que é o que fai posible que se poidan levar a cabo este tipo de actividades. “Elas son as que financian os premios, 1.300 euros para cada unha das catro categorías, e os kits que se lles envían aos institutos, o que fai que o importe económico sexa elevado polo que non poderiamos asumilo sen elas”, subliñou a directora, ao que engadiu que “ogallá os equipos deste ano teñan o mesmo éxito ca os do ano pasado, cando tivemos equipos galegos nos podios finais das catro categorías”.

Proxectos TIC cos que garantir unha enerxía accesible e segura

Entre as principais novidades desta terceira edición destaca a posta en marcha dunha nova categoría: 1º-2º de ESO, coa que se busca motivar as vocacións entre o alumnado máis novo. Por outra banda, nesta ocasión os proxectos debían xirar en torno ao Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 7, Enerxía alcanzable e non contaminante, e utilizar para conseguilo algún tipo de comunicación (wifi, bluetooth, etc.).

Enerxía fotovoltaica, sistemas de control enerxético de auga, biomasa, coches eléctricos, baterías de area…, finalmente presentáronse traballos de todo tipo nos que, con maior ou menor enxeño, se reflicte como as telecomunicacións poden contribuír a garantir o acceso a unha enerxía cada vez máis accesible, segura, sostible e moderna.

En cada un dos postos cada equipo presentaba con ilusión os seus prototipos. Desde o IES A Fariña, de Ourense, presentaron un dispositivo, bautizado como Ecocontrol, destinado a medir diferentes parámetros dun tanque de auga de xeito sostible, “xa que a electricidade que precisa para poder funcionar é xerada pola propia turbina instalada no depósito”. No caso do CIFP Ferrolterra presentaron un sistema de achique de auga para barcos autónomo: “o propio sistema detecta cando hai máis auga da debida e, automaticamente, manda unha sinal a un micro que activa unha bomba de auga que funciona ata que o nivel de auga volve ser o axeitado”, explica o docente que coordinou o traballo.

A polo podio nacional a finais de maio

Os mellores proxectos levarán diversos premios en metálico por valor de 5200 euros achegados polas catro empresas patrocinadoras. Ademais, terán tamén a posibilidade de representar a Galicia na final nacional, unha cita que se levará a cabo en liña do 21 ao 23 de maio para os equipos de bacharelato; o 26 e 27 nos casos dos centros de Formación Profesional e do 28 ao 30 para os da ESO.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Se confirma la tragedia, hallan el cuerpo sin vida del joven que desapareció el domingo en el Miño
Enfoque

Se confirma la tragedia, hallan el cuerpo sin vida del joven que desapareció el domingo en el Miño

...

PorUxía Pérez
22/07/2026
Vigo descubre los secretos mejor guardados de su patrimonio con la fascinante CMAG
Enfoque

O Concello de Vigo amosa a maior mostra de arte galega na Casa das Artes

...

PorB.C.
22/07/2026
Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo
Enfoque

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O Porriño toma medidas especiales por el "gran apagón" que afecta a toda España
Enfoque

"Hito histórico" para O Porriño, aprueban su escudo y su bandera con estos elementos

...

PorMiguel Alonso
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X