• Acoso escolar Vigo
  • Praza de España
  • Navidad Vigo
  • Nueva plaza Vigo
  • Chiringuitos Vigo
  • Dj Vigo
  • Cocido A Cañiza
  • Hotel Rías Baixas
  • Casting Netflix Galicia
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Así é a banda sonora de Vigo e a súa área nomeada aos Martín Códax da Música

Cinco conciertos en Vigo y su área y un festival de orquestas para arrancar el puente
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Paula CarballoPorPaula Carballo
21/04/2018

Case 400 proxectos musicais competían este ano por formar parte da preselección dos Martín Códax da Música. Os premios, organizados pola Asociación Músicos ao Vivo, naceron en 2013 co obxectivo de recoñecer e visibilizar a industria cultural de Galicia no ámbito musical.

A saúde da nosa creación musical vén reflexada no alto número de inscritos dos que, finalmente, foron escollidos 54 nomeados en 18 categorías diferentes que se verán as facianas o vindeiro 9 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. Entre todos eles, dez son de Vigo ou a súa área metropolitana, ademais dun festival, o NigranJazz, e a sala El Contrabajo, de Vigo.

Másnoticias

La "banda de delincuentes más querida de Galicia" se cita en Vigo para dar un "concierto guapo"

La "banda de delincuentes más querida de Galicia" se cita en Vigo para dar un "concierto guapo"

14/03/2024
Uxía Lambona e a Banda Molona presentan este viernes en Tui su nuevo show "Un soño é..."

Uxía Lambona e a Banda Molona presentan este viernes en Tui su nuevo show "Un soño é..."

02/11/2023

Pop/indie: Eladio y los Seres Queridos

Na categoría de pop a representación viguesa vén da man de Eladio y Los Seres Queridos. Despois de gañar o Premio MIN da Música Independente no 2017 a mellor álbum galego por “Cantares”, o grupo presentou o seu “Historias de Caza”, 32 minutos de factura pop. Entre os festivais nos que se poderá desfrutar dos vigueses está o novo macro evento galego “O Son do Camiño”.

Rock: Moon Cresta e IGMIG

No apartado rock, os vigueses de Moon Cresta e IGMIG Ai que lio forman a dupla representante de Vigo. Os primeiros seguen o emblema de “power & funk" para mesturar esforzo e creatividade. Formado por Manu "Doble L", Antón "Piru", Sergio "Sir" Puga e David "Mr. D", o grupo combina o rock co funk pasando polo psychedelic.

Pola súa parte, IGMIG Ai que lio é un trío musical vigués con grandes doses de postpunk, rock progresivo ou electrónica… Improvisación, interacción co público e unha posta en escena eufórica definen a este grupo olívico.

Jazz: Yago Vázquez Trío

O vigués Yago Vázquez  é un dos mellores pianistas do jazz actual despois de ter participado en máis de 30 álbums. O vigués vive hoxe en Nova York, cara onde se mudou en 2008 para completar os seus estudos na New School. Podes leer a entrevista de Yago Vázquez para Metropolitano.gal aquí.

Clásica/Contemporánea: Roberto Oliveira e Son Trío

Roberto Oliveira está especializado en música contemporánea, específicamente na súa adaptación á percusión, electrónica e arte visual sincronizado. O salcedense, que realiza concertos como solista, en ensembles ou con orquestras sinfónicas, centra os seus espectáculos nunha “explosión de sensaciones”.

Nesta categoría están tamén nomeadas Son Trío, un grupo feminino de Vigo que une a tres mulleres novas con moi ampla experiencia artística por separado. Formado en 2017 por Katerina Linke (piano, composición), Su Garrido Pombo (voz) e Susanna Blanco (cello) acaba de estrear cunha fantástica acollida o proxecto ‘Miña almiña’ baseado na letra de Rosalía de castro e música orixinal propia.

Electrónica: Cintaadhesiva

A electrónica tamén conta con representación viguesa nos Martín Códax da Música con Cintaadhesiva, proxecto literario-musical, que sobre o fío condutor da música de Jesús Andrés Tejada, os textos de Silvia Penas van dotando de significado as melodías, os ritmos, a cadencia e as imaxes. Trátase dunha totalidade orgánica onde texto, música e vídeo non se acompañan, senón que tratan de fundirse e confundirse.

Reggae/ska/metizaxe: The Turre's Band

The Turre´s Band naceu coma un “experimento sociolóxico” alá polo 2001 nas terras do Torroso en Mos, cando trece músicos, fartos da monotonía existente na música do momento decidiron innovar e dar un paso máis. A súa música vai dende o swing/big band, blues, a fanfarria e a ledicia e desenfreno dos ritmos ska e a música balkánika até un dos inventos máis importantes dos últimos anos …a muiñeira-ska.

Blues/funk/soul: Best Boy

Dende Tui, Best Boy son un dos favoritos na categoría de blues/funk/soul. Formado por Ángel Sánchez e Lucas Fernández, o grupo que tamén conta con influencias do rock e o pop-folk escapa de calquera categoría ou clasificación. Cada concerto é diferente, íntimo, sen artificios e orgánico. Música en estado puro.

Canción de autor: Uxía

A cantora mosense Uxía vén de gañar o Premio ao Mellor Álbum en Galego nos Premios MIN 2018 da Música Independente, co seu último disco, UXIA-O, dedicado ao poeta Uxío Novoneyra.

 

Temas: Best BoyCintaadhesivaEladio y los Seres QueridosIgmicMoon CrestaPremios Martín Códax da MúsicaRoberto OliveiraSon TríoThe Turre's BandUxíaYago Vázquez Trío
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Abel Caballero anuncia el inicio de obras en estas 50 calles de Vigo
Enfoque

¿Obras en tu calle en Vigo? El Concello anuncia la primera fase de su plan masivo de asfaltados

Abel Caballero anuncia el inicio de su plan masivo de obras que cuenta con una inversión total de 26,5 millones de euros

PorPaula Carballo
24/10/2025
Lonza se consolida en O Porriño con la ampliación de la zona logística de última generación
Enfoque

Lonza se consolida en O Porriño con la ampliación de la zona logística de última generación

El alcalde de O Porriño visitó junto al presidente de la Xunta en una visita a las instalaciones de la multinacional biofarmacéutica

PorCarlos I. Castrillón
24/10/2025
Educación califica como "preocupante" el caso de bullying en Vigo y afirma que está "encima"
Enfoque

Educación califica como "preocupante" el caso de bullying en Vigo y afirma que está "encima"

Educación señala que los cinco alumnos implicados han cometido una falta "tipificada como grave" y que serán "expedientados"

PorEuropa Press
24/10/2025
A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú
Enfoque

A UVigo incrementa a súa proxección internacional en Costa Rica, Colombia e Perú

A Universidade de Vigo participou nas feiras Study in Spain celebradas nas cidades de San José, Bogotá e Lima

PorCarlos I. Castrillón
24/10/2025
As mulleres lideran as novas incorporacións ao corpo de docentes catedráticos e titulares da UVigo
Enfoque

As mulleres lideran as novas incorporacións ao corpo de docentes catedráticos e titulares da UVigo

PorUxía Pérez
23/10/2025

A toma de posesión celebrouse este xoves no edificio Ernestina Otero - Elas representan o 62,5% das novas catedráticas

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

03octTodo el día26Bodies Evolution, exposición del cuerpo humano en VigoEXPO | VIGO

25octTodo el día26Vegana.gal, feria vegana en VigoFERIA VEGANA | VIGO

25oct18:00Greenwalk Awards en Vialia VigoMODA | VIGO

26oct16:00Motohalloween en VigoRUTA DE MOTOS | VIGO

31oct17:0021:30Samaín en RedondelaSAMAÍN | REDONDELA | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X