• Fiestas de Coia
  • Vigo SeaFest
  • Obras O Porriño
  • Alerta Calor
  • San Xoán Redondela
  • Fiestas Tui
  • Entroido de Verán Redondela
  • Obras en Vigo
  • Fiesta medieval
  • Concierto Nigrán
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

O BNG critica a modificación orzamentaria que retira a partida para ampliar o colexio Pintor Laxeiro

O BNG critica a modificación orzamentaria que retira a partida para ampliar o colexio Pintor Laxeiro
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
17/10/2019

Diante da proposta de modificación orzamentaria aprobada pola Xunta de Goberno Local do pasado 3 de outubro, por un importe total de preto de 1.600.000 euros, o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, anunciou publicamente o rexeitamento da súa formación.

Igrexas presentou unha emenda de devolución que será abordada na comisión informativa de Facenda a semana próxima, antes da súa tramitación a Pleno, e que fundamentou en dous motivos. En primeiro lugar, o edil nacionalista denuncia que o Goberno municipal non xustifica a insuficiencia das partidas que pretenden aumentar, e que se refiren na súa meirande parte a segundas anualidades de investimentos en marcha e a proxectos DUSI. “Unha de dúas, ou o Goberno local incorreu nunha grave falla de previsión orzamentaria ou se produciron sobrecustos que non se xustifican no expediente”, explicou.

Másnoticias

¿Qué supermercados abrirán en el festivo de la Reconquista de Vigo?

¿En qué supermercados de Vigo se podrá hacer la compra este festivo de San Xoán?

23/06/2026
Abierto un casting en Vigo para el rodaje de una serie en la ciudad en 2026

Un casting busca hombres y mujeres para participar en el rodaje de una película en Vigo

23/06/2026

No entanto, a oposición da fronte nacionalista céntrase na discrepancia sobre algunhas das minoracións que se recollen na proposta de modificación. En concreto, Igrexas alude ao recorte de 317 mil euros previstos para a compra dun local anexo para ampliar o CEIP Pintor Laxeiro, e a retirada de 260 mil euros consignados para melloras no campo de fútbol do Carballal.

“Rexeitamos de plano que o Concello suprima a partida que estaba destinada a unha ampliación imprescindíbel do CEIP Pintor Laxeiro”, manifestou o voceiro nacionalista. “Trátase dunha reivindicación histórica da comunidade educativa para mellorar as instalacións dun centro que por falla de espazo non conta con salón de actos nin cun local digno para a súa biblioteca”, acrecentou. Igrexas reprochou tamén que este investimento teña sido reiteradamente comprometido, de maneira pública e sobre todo en períodos electorais, por parte do mesmo Goberno municipal que agora lle quere retirar os fondos.

En relación ao campo do Carballal, do que fai uso o clube de futbol Gran Peña, o BNG critica que se recorte esa partida que ía ser destinada a continuar coas melloras das instalacións precisamente cando vai máis dun ano que os seus vestiarios non teñen auga quente.

Na emenda presentada advirten tamén da minoración de 718 mil euros previstos para a segunda anualidade do acceso á nova estación intermodal de Urzaiz, na medida en que pode afectar aos prazos de execución dunha obra imprescindíbel para a cidade.

“A pregunta que cómpre facer é que explica que un Goberno municipal con plena capacidade de obrar, apoiado nunha maioría mecánica no Pleno, non sexa capaz nin de executar os seus propios orzamentos. Que explica que cuns orzamentos en vigor desde o 1 de xaneiro deste ano non se teña executado a ampliación do Pintor Laxeiro nin se puxeran en marcha as melloras do Carballal?”, inquiriu o concelleiro nacionalista. “Estamos diante dun exemplo máis de que temos un Goberno municipal moi produtivo en titulares e promesas, pero enormemente improdutivo en xestión e solucións. A súa política redúcese a propaganda inútil”, reprochou.

Aliás, Igrexas amosouse moi crítico co xeito de proceder do Goberno municipal que, segundo afirmou, tenta executar esta modificación orzamentaria “con nocturnidade e aleivosía” denunciando que non se informou nin á comunidade educativa e a dirección do CEIP Pintor Laxeiro nin tampouco á directiva do Gran Peña.

Temas: BNGVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

¿Qué supermercados abrirán en el festivo de la Reconquista de Vigo?
Enfoque

¿En qué supermercados de Vigo se podrá hacer la compra este festivo de San Xoán?

Muchos locales de Vigo permanecerán cerrados durante el festivo de San Xoán. ¿Qué supermercados abrirán este 24 de junio en Vigo?

PorSara Rodríguez
23/06/2026
Activada la alerta amarilla por tormentas fuertes en toda la provincia de Pontevedra
Enfoque

Alerta en más de 100 concellos de Galicia por "fuertes" tormentas, incluido el interior de Pontevedra

El interior de Pontevedra estará este miércoles en alerta por tormentas "localmente fuertes". Estos son los concellos afectados

PorIván Dacal
23/06/2026
Abierto un casting en Vigo para el rodaje de una serie en la ciudad en 2026
Enfoque

Un casting busca hombres y mujeres para participar en el rodaje de una película en Vigo

Alén Filmes ha anunciado un nuevo casting para el rodaje de una película en Vigo. Estos son los requisitos para poder optar a un papel

PorIván Dacal
23/06/2026
Desmontan el Saltamontes del accidente mortal en Vigo tras la inspección de los peritos
Enfoque

Piden que se impute al jefe municipal de Seguridad y al presidente de la comisión en el Caso Saltamontes

Una de las acusaciones ha presentado recurso de apelación ante la Audiencia de Pontevedra. Piden la imputación de dos personas más

PorEuropa Press
23/06/2026
Vigo verá en pantalla gigante los partidos de España en el Mundial, hasta dos opciones para disfrutarlo
Enfoque

La UVigo tiene su propio modelo para predecir el rendimiento de cada Selección en el Mundial de fútbol

PorMetropolitano
22/06/2026

La UVigo presenta un un modelo estadístico que permite comparar el rendimiento de los equipos con los resultados en el Mundial. Así funciona

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

23jun22:30Noite das Fogueiras do Casco VelloSAN XOÁN | GRATIS | VIGO

25junTodo el día28Petra Rosa Festival en O PorriñoFESTIVALES | O PORRIÑO

26jun22:00Cine de verano al aire libre en CastrelosCINE | VIGO | GRATIS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X