O Bloque Nacionalista Galego ven de anunciar, a través dun comunicado, que presentará unha denuncia perante a Xunta Electoral de zona polor "uso partidista" da Entidade Local Menor (ELM) de Bembrive por parte do PSOE. A fronte nacionalista censura o anuncio dun acto de carácter electoral da candidatura socialista, coa participación do alcalde de Vigo, Abel Caballero. Según indican, o anuncio foi publicado este sábado na páxina oficial de Facebook da ELM e eliminado horas despois. Un feito que, a xuízo do BNG, "vulnera o disposto na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral".
“É indecente que se utilice unha institución pública para facer propaganda electoralista a escasas semanas dunhas municipais”, criticou o candidato do BNG á Alcaldía pedánea, Roberto Fernández Vila, que afeou ademais que na publicación se aluda “a nosa candidatura, como se a lista do PSOE fora a da propia Entidade".
Fernández Vila valorou estes feitos como "un exemplo máis da xestión caciquil que marcou os gobernos do PSOE na Entidade Local Menor de Bembrive", cuxos dous anteriores pedáneos resultaron condenados por casos de corrupción.“Urxe abrir unha nova etapa na ELM que deixe atrás estes anos escuros e de ruína”, defendeu.
Pola súa parte, o concelleiro e candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, inscribiu esta “flagrante utilización partidista e electoral” dentro da permanente “apropiación da Entidade Local Menor de Bembrive por parte do PSOE”. “Levan moitos anos tratando a Entidade como o seu negocio particular, cunha xestión nefasta envolvida en reiterados casos de corrupción. É hora dun cambio que, por pura hixiene democrática, devolva a Entidade Local de Menor ás veciñas e veciños de Bembrive, e ese é o compromiso do BNG”, reclamou.
Igrexas esixiu ao PSOE que deixe de utilizar as institucións para o seu “vantaxismo electoral”. “O que ten que facer Abel Caballero en Bembrive é dar a cara dunha vez e explicar como os dous últimos alcaldes pedáneos do PSOE, designados e patrocinados persoalmente por el, suman 20 anos de inhabilitación e varios de prisión para un deles, un verdadeiro récord de corrupción na nosa cidade”, reclamou.
El policía fue alcanzado por un petardo, que le impactaría en el pie derecho, por lo que tuvo que ser atendido en urgencias
Vilagarcía ha anunciado que ya es posible bañarse con normalidad en la playa de Canelas. La Xunta desaconsejó temporalmente el baño en ella
Caballero destaca que Zona Franca de Vigo invertirá 90,9 millones en la ciudad con el impulso de importantes proyectos
Anuncian solicitarán el acceso a todos los expedientes de autorización de eventos públicos tramitados desde el 1 de enero
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL