• "Renaturalización" de Bouzas
  • Pisos en Vigo
  • Qué hacer en Vigo
  • Panorama City
  • Praza España de Vigo
  • Vialia Vigo
  • Se vende hotel único
  • Restaurantes Galicia
  • Bono Turismo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Confirmado o crecemento da poboación de tartarugas que reintroduciu en Corrubedo hai 20 anos

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
25/02/2025

No ano 2004, o grupo de investigación en Ecoloxía Evolutiva e da Conservación (EcoEvo) introducía sete crías da tartaruga europea Emys orbicularis no Parque Natural de Corrubedo, no marco dunha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia co obxectivo de reintroducir esta especie nun hábitat no que estivera presente historicamente. Nos seis anos seguintes, o equipo que coordina o catedrático da Escola de Enxeñaría Forestal Adolfo Cordero incorporou ás lagoas outras oito crías e cinco exemplares adultos, para desenvolver desde entón un labor de seguimento e avaliación desta poboación dunha especie considerada en perigo de extinción no catálogo autonómico de especies protexidas. Estes traballos permitiron en primeiro termo comprobar como o número de sapoconchos presentes nunha poza do complexo dunar se mantiña estable ata 2018, con cifras que oscilaban entre os 13 e o 15 individuos, para logo experimentar un crecemento e alcanzar os 50 exemplares a finais de 2023, 30 deles nacidos no propio parque natural. Non obstante, as análises xenéticas realizadas confirman tamén a “reducida diversidade” desta poboación, o que, recoñecen os investigadores, “non permite facer prever expectativas optimistas" sobre a súa "viabilidade a longo prazo”. Ademais, sinalan, "a escasa capacidade de colonización dentro do parque, con moi poucos individuos atopados fóra da chara principal, tamén poderá condicionar a supervivencia futura da especie" nesta contorna.

Os resultados dos traballos realizados durante dúas décadas de seguimento foron recentemente publicados por Cordero, Guillermo Velo e César Ayres nun artigo na revista Animal Biodiversity and Conservation. Estes traballos desenvolvéronse ao abeiro dunha serie de axudas e contratos de investigación financiados, principalmente, polo Goberno galego e tamén pola Universidade de Vigo. A nivel global, Emys orbicularis figura na categoría de especies “case ameazadas” na listaxe da IUCN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza) e no caso de Galicia, a súa presenza é escasa, o que fai que non existan na comunidade, como recoñece Cordero, “outras experiencias similares” de reintrodución como a levada a cabo nas lagoas de Olveira.

Másnoticias

Investigadoras da UVigo reforzan a difusión de recursos de Cíes para que sea xeoparque da Unesco

11/09/2025

Un estudo da UVigo analizará o papel das peregrinacións militares a Santiago na proxección internacional de España

10/09/2025

Unha poboación que comezou con 15 crías e cinco adultos

Esta escaseza motivou, como recoñece Cordero, que esta reintrodución se levase a cabo “usando maioritariamente individuos neonatos”, ante a imposibilidade de empregar exemplares adultos doutras poboacións existentes en Galicia, sen “poñelas en risco”. Así, a repoboación iniciouse en 2004 coa liberación, cando tiñan oito meses, de “sete individuos nados no laboratorio”, descendentes da poboación existente nas Gándaras de Budiño. Dous anos despois, sumáronse outras oito crías máis, neste caso descendentes dunha mesma femia e que foron liberadas un mes despois de nacer. Esta repoboación completouse coa incorporación de cinco exemplares adultos, procedentes de centros de recuperación próximos, co obxectivo de “aumentar a variabilidade xenética desta pequena poboación”. Tratábase, en concreto, de dous machos, liberados en 2024 e desaparecidos catro anos despois, e de tres femias, que foron levadas a esta área en 2006, 2011 e 2012.

Os traballos periódicos de seguimento levados a cabo polos investigadores nos anos posteriores permitiron constatar que o tamaño desta poboación, presente nunha única charca, mantívose estable ata 2018, con cifras anuais que oscilaban entre os sete e os 18 exemplares vivos, para logo triplicarse e superar desde 2022 os 40 exemplares. Este aumento, explican, “pode deberse ao inicio da reprodución dos primeiros individuos nacidos no parque”, posto que en 2010 detectaron por primeira vez a presenza dunha cría e as femias da tartaruga europea alcanzan a súa madurez sexual aos seis anos, o que á súa vez lévaos a concluír que a charca de Olveira pódese consdierar un “hábitat óptimo” para este sapoconcho.

Problemas que afectan a súa viabilidade a futuro

Nos traballos de campo realizados en 2022 e 2023 obtivéronse mostras de sangue de 25 novos exemplares nacidos no parque natural e as análises de ADN permitiron confirmar a “diversidade xenética reducida” desta poboación, o que, a pesar dos “positivos resultados” dos parámetros demográficos e de crecemento non permiten “facer expectativas optimistas sobre a viabilidade a longo prazo desta poboación”. Ao mesmo tempo, o feito de que só poida atoparse nunha charca artificial de 0,3 hectáreas fai tamén prever que esta poboación “non poida crecer moito máis” neste espazo, como recoñece Cordero. De aí que entre as propostas a futuro dos investigadores figuren iniciativas dirixidas a ampliar e “diversificar os hábitats” desta poboación, “incluso coa creación dunha charca ou lagoa artificial que permita aumentar o seu número”.

Dando continuidade ao traballo desenvolvido ao longo destas dúas décadas, o grupo EcoEvo prevé poder realizar unha nova mostraxe este ano, que se sumaría ao seguimento que Velo está a realizar con cámaras-trampa, coa colaboración dos axentes ambientais do parque natural.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Concentraciones ante la tienda de DIGI en Vigo por condiciones "flagrantemente ilegales"

...

PorMetropolitano
13/09/2025
ARCHIVO
Enfoque

Registran hasta 16 enmiendas por los impuestos de Vigo y comparan a Caballero con "el Tío Gilito"

...

PorMetropolitano
13/09/2025
Foto: Grupos de Emergencias
Enfoque

Un incendio en un establo alerta a los bomberos de Vigo y deja una gran columna de humo

...

PorAlfredo Teja
13/09/2025
Enfoque

La rotura de una tubería en Vigo inunda parte de Praza Independencia y deja sin agua a los vecinos

...

PorMetropolitano
13/09/2025
Enfoque

Investigadoras da UVigo reforzan a difusión de recursos de Cíes para que sea xeoparque da Unesco

PorCarlos I. Castrillón
11/09/2025

O traballo xeocientífico comezou no ano 2023 abranguendo tres liñas de actuación

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X