O Bloque Nacionalista Galego lamenta a "marxinación da música galega e en galego" un ano máis nos concertos de Castrelos. A fronte nacionalista pide que o Goberno municipal rectifique a programación deste verán para incluír bandas locais e grupos galegos após a confirmación de seis actuacións no auditorio, nas que só unha delas contará cun grupo galego e con música en lingua galega.
“Non podemos permitirnos o luxo de marxinar a música galega e en galego nun escaparate cultural de tanta relevancia como son os grandes concertos de Castrelos”, reclamou o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas. “Que mellor oportunidade e aposta para a nosa música que brindarlles a posibilidade de tocaren ao vivo neste auditorio privilexiado?”, cuestionou.
O edil do Bloque valorou que existe unha nómina “moi ampla” de bandas e artistas galegos que “merecen facer parte dunha programación de concertos de primeiro nivel”. Nese sentido, criticou que tampouco se inclúan actuacións de grupos da cidade malia levar “moitos anos a demandar que se lles teña en conta”.
“Estamos a tempo de evitar que un verán máis a programación das festas de Vigo insista na galegofobia dos últimos anos, a tempo de que os concertos da cidade sexan unha aposta decidida pola música deste País e da música no noso idioma”, remachou Igrexas.
El policía fue alcanzado por un petardo, que le impactaría en el pie derecho, por lo que tuvo que ser atendido en urgencias
Vilagarcía ha anunciado que ya es posible bañarse con normalidad en la playa de Canelas. La Xunta desaconsejó temporalmente el baño en ella
Caballero destaca que Zona Franca de Vigo invertirá 90,9 millones en la ciudad con el impulso de importantes proyectos
Anuncian solicitarán el acceso a todos los expedientes de autorización de eventos públicos tramitados desde el 1 de enero
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL