• Obras Avenida de Madrid
  • Nuevo en Vigo
  • Nuevo mirador
  • Fiesta Cesantes
  • Mercado Histórico Portugal
  • Barrio do Cura
  • Tardeo Vigo
  • Precios Parque Acuático
  • Festa da Rosa Mos
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Da evolución da gheada á influencia do Xabarín Club na normalización da lingua, así é o número de Cumieira

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
26/01/2023

Naceron a finais da década de 1990 e están arrancando a súa traxectoria profesional como investigadoras no ámbito da lingua e literatura galegas. Para facilitarlles este camiño o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo edita desde 2016 a revista Cumieira. Cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega, coordinada polo profesor Xosé A. Fernández Salgado e concibida coa unha ferramenta coa que darlle proxección pública aos traballos académicos destas novas xeracións de estudosas e estudosos do galego. Neste novo volume, e xa van 7, recóllense cinco novas investigacións.

A mocidade actual, máis castelanizada

Baixo o título A Xeración Xabarín e a normalización da lingua galega, Sol Vilas, graduada en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, examina o papel dos medios de comunicación no proceso de normalización do galego, analizando a influencia do programa Xabarín Club na etapa infantil e xuvenil. Tras o contraste dos datos das enquisas realizadas a dous grupos de persoas de diferente idade (a da Xeración Xabarín e a da xuventude actual), a investigadora constata que “a mocidade actual, que non tivo acceso a un contido televisivo de calidade en galego, está máis castelanizada”.

Másnoticias

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

06/06/2025

iLingua, o primeiro instituto de investigación das Humanidades da UVigo integra 80 expertas e expertos

05/06/2025

Diferentes actitudes lingüísticas entre o ensino público e o privado

Tamén no ámbito da xuventude se centra a investigación de Andrea Gamallo, Actitudes lingüísticas do alumnado de Vigo: diferenzas entre centros públicos e privados, un traballo no que a investigadora, graduada tamén en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, analiza as actitudes lingüísticas do alumnado de 1º de Bacharelato de cinco centros educativos, públicos e privados, da cidade de Vigo. Tras a análise das enquisas realizadas, a autora conclúe que o perfil do centro (publico ou privado) inflúe significativamente na construción das actitudes lingüísticas, pero tamén teñen peso outros factores como as redes sociais, os medios de comunicación, as relacións con outras persoas ou o hábitat.

Evolución da gheada no concello de Lalín

No caso de María Pol, do Grao en Lingua e Literaturas Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, centra a súa investigación na análise da evolución da gheada no concello de Lalín. Para facelo investigou o uso do galego en tres xeracións de familias desta localidade, empregando a metodoloxía dos estudos de cambio lingüístico en tempo aparente e da lingüística popular. A autora conclúe que, cuantitativamente, o uso da gheada redúcese conforme a idade dos entrevistados e, cualitativamente, que a gheada é un sinal de identidade.

A familia xa non emprega ‘vostede’ como fórmula de cortesía

As diferencias entre xeracións protagonizan tamén o artigo escrito por Uxía Esmeralda Casablanca, graduada en Lingua e Literaturas Galegas da USC, centrado no estudo da cortesía no ámbito da familia. Investígase, neste caso, o uso das formas de tratamento (ti e vostede) en tres xeracións de familias de toda Galicia a partir dos datos dun cuestionario. No seu traballo conclúe que no galego, coma noutras linguas, produciuse e aínda se está a producir un cambio lingüístico no sistema das formas pronominais de tratamento, de xeito que as formas solidarias (ti) están substituíndo ou substituíron xa as formas de cortesía (vostede) para o tratamento con todos os membros da familia, independentemente da súa idade e posición na rede de relacións.

Mulleres coidadoras e literatura

De carácter máis literario é o artigo de Lucía Salceda, O tratamento da muller coidadora nalgunhas obras da literatura galega. Nel a autora, graduada en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, reflexiona sobre a imaxe que se foi creando dentro do sistema literario galego da muller como «coidadora», a partir da análise de varias obras literarias de contextos temporais distintos, chegando a conclusión de que os personaxes femininos seguen a desempeñar o labor de coidadoras dentro das historias literarias, fomentando así a perpetuación dos roles de xénero.

En papel e en liña

Todas as persoas interesadas en consultar a revista poden facelo descargando gratuitamente o PDF da revista na web do departamento (premer aquí). Así mesmo, cada número é editado tamén en papel e, posteriormente, distribuído entre as principais bibliotecas galegas, así como nas facultades de filoloxía das universidades do Minho, Complutense, de Barcelona, de Salamanca, de Oviedo e de León.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Retenciones kilométricas en la AP-9 en Vigo tras un accidente de tráfico

...

PorIván Dacal
08/06/2025
Enfoque

Unas céntricas galerías de Vigo se revitalizan con un nuevo rincón gastronómico

...

PorGabriel González
08/06/2025
Enfoque

Las obras de la Avenida de Madrid provocarán cortes de tráfico en Vigo durante esta semana

...

PorIván Dacal
08/06/2025
Un AVE de Renfe estacionado en una de las vías de la estación Puerta de Atocha // EUROPA PRESS
Enfoque

Renfe incrementa desde este lunes los viajes entre Galicia y Madrid

...

PorEuropa Press
08/06/2025
Enfoque

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

PorMetropolitano
06/06/2025

O prazo de inscrición para este título xa está aberto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

07junTodo el díaFestas do Santísimo Cristo dos Aflixidos en ValladaresFIESTAS | VIGO | GRATIS

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X