As obras para a construción da senda peonil entre Torroso e Petelos entraron xa na súa fase final e dende o BNG de Mos denuncian, “con preocupación”, que o resultado “non vai supoñer unha mellora significativa para a seguridade dos peóns”. A anchura da vía, que é de seis metros chegando excepcionalmente aos sete nalgún punto, non permite que dous autobuses poidan cruzarse con seguridade e por ela circula cada día o servizo de transporte escolar cara o CEIP de Petelos e o IES de Mos.
O voceiro nacionalista no concello, Miguel Aldea, lamenta que o goberno de Nidia Arévalo “non atendera as demandas para mellorar a seguridade viaria na zona”. A fronte nacionalista lembra que cando se anunciou o proxecto, pediu que se aproveitaran as obras para mellorar a seguridade viaria na zona, pero a solicitude non foi escoitada. “As cousas boas que se poden facer quedan sempre a medias por falla de valentía política ou por falla de miras de futuro e progreso”, indica Aldea.
A vía na que se está actuando é empregada por un gran número de persoas que se desprazan cada día aos centros educativos, pero tamén ao Multiusos das Pozas, o Pavillón Óscar Pereiro e a piscina municipal. O portavoz do BNG sinala que, “salvo unha pequena actuación nunha curva, o trazado segue a ser o mesmo que había antes” e ademais, advirte de que a anchura proxectada para a vía non cumpre nin sequera co mínimo marcado no Plan Xeral recentemente aprobado.
Segundo Aldea, “invístese o diñeiro público pensando só en chegar a inaugurar antes das eleccións, pero non pensando no futuro de Mos”. Na súa opinión, “xa que se expropiou terreo, deberíase cambiar o trazado, rectificando as curvas e aumentando a anchura, creando tamén zonas de estacionamento nalgunha parte da vía”. Isto, insiste, “sería pensar no futuro e non o que fixo o goberno do PP, por iso dende o BNG dicimos que estamos ante outra oportunidade perdida”.
El alcalde de Vigo pide la implicación de Xunta y Diputación para financiar la ampliación de aforo de Tribuna
Vigo sumará un nuevo edificio con 20 viviendas de promoción pública. Se construirá con una técnica innovadora
La ruptura de uno de los depósitos del Puerto de Vigo ha provocado un derrame sobre el mar. Así están trabajando para controlar el vertido
La OCU sitúa el recibo del agua de Vigo como el más caro de Galicia y por encima de otras ciudades de España como Madrid, Zaragoza o Gijón
A homenaxeada é enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL