• Pozas en Galicia
  • Rallye Rías Baixas 2025
  • Fiestas Playa América
  • Parque de ocio en Mos
  • Solpor a Bocados Vigo
  • Parque acuático Porriño
  • PortAmérica 2025
  • Próxima apertura Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Digna Rivas: "Gustaríame facer o paseo peonil polo litoral de Cesantes e o do Viaduto"

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Ángel VilaPorÁngel Vila
24/05/2023

Digna Rivas afronta con ilusión a cita electoral do 28 de maio, unhas eleccións nas que tentará renovar como alcaldesa de Redondela tras converterse en 2019 na primeira muller da historia do concello pontevedrés en chegar á Alcaldía. A candidata do PSdeG-PSOE apela a súa "capacidade de traballo" para continuar durante catro anos máis a “transformación” do concello, uns cambios nos que pon o obxectivo en dous grandes proxectos, o paseo litoral de Cesantes e do Viaduto.

Pregunta. Como definiría estas catro anos sendo a primeira alcaldesa da historia de Redondela?

Másnoticias

Imagen de Archivo

Pedro Sánchez dice que confió en Cerdán y Ábalos y asegura que fue traicionado

05/07/2025
Imagen de archivo del Entroido de Verán de Redondela

El Entroido de Verán de Redondela ya tiene fecha, vuelve el fiestón del verano en el área de Vigo

04/07/2025

Resposta. Estes catro anos fixéronse cortos, pola situación, que non xustificación, que foi a pandemia. Enfrontámonos a algo descoñecido e foi tan pronto chegamos. O primordial naquel momento era xestionar os recursos que tíñamos para solucionar problemas do día a día. Non me arrepinto, o volvería facer igual. En calquera caso, vendo o programa, doume conta de que fixemos moitísimo máis do que ía no programa. Transformamos Redondela bastante, pero aínda queda que facer. Teño a ilusión de rematar ese traballo. Como di un bo amigo, Abel Caballero, unha cidade se transforma en 18 anos non en catro así que me quedan polo mínimo outros catro para seguir transformando este concello.

P. A pandemia marcou a lexislatura. Por culpa da Covid-19 houbo proxectos que non se fixeran?

R. Non. Estase facendo todo, o problema é que se retrasou. Asfaltar un camiño non é coller unha empresa e facer un contrato. Para facer ese camiño hai unha licitación, un proceso, que leva mínimo un ano: proxecto, autorización, licitación... As obras agora están a realizarse non polas eleccións, senón porque despois da pandemia comezouse a aprobar todo. O importante é que están aí e que se están a facer. Todo o que estaba previsto ou máis está en marcha. Non soamente infraestruturas, senón moitas outras necesidades nas parroquias, que son a prioridade.

P. Defende sempre que prioriza as actividades nas parroquias. Que se está a facer que antes non se facía?

R. É moi importante. Traballei con xente maior antes de entrar en política e para min era moi importante achegar servizos ás parroquias. Estamos facendo obradoiros de memoria cognitiva ou novas tecnoloxías. Até fai pouco había que vir ao centro ou a Chapela. Pero sacamos outros obradoiros que foron un éxito. Estes cursos son tan importantes como unha obra. Tamén quero destacar as excursións culturais de 'Maiores en Ruta'. Un programa para todos e todas por un prezo moi reducido para que a xente poida saír da casa. Había moita xente que levaba moitos anos sen ir de excursión. Por vez primeira vez unha barbaridade de xente vai de excursión e socializa entre veciños.

P. Nesta lexislatura houbo a experiencia de coalición entre PSOE e AER que acabou saltando polos aires. Arrepíntese do pacto ou o volvería facer?

R. Non me arrepinto nin de ter pactado con AER nin de facer o que fixen rompendo o pacto. Había que gobernar, a esquerda tiña que gobernar e o pacto co BNG e AER gobernando con nós era necesario para dar o cambio tan necesario. Estou aquí para que as cousas se fagan e se teño que tomar una decisión que vai repercutir na cidadanía non o penso dúas veces. Volvería facelo. Foi por unha limpeza das praias en condicións para que a xente puidera desfrutar de tres meses de verán...

P. Da por resolto ese debate?

R. Si. Considerei con argumentos técnicos, non o fago sen respaldo técnico, que era correcto. Hai que ter valentía para tomar a decisión sabendo que poden facer unha moción de censura, pero eu non penso no meu posto, penso na cidadanía e o estaban pedindo. A única solución que había era esa. AER é unha agrupación que estivo aí, agradezo o tempo que estiveron con nós, creo que traballamos ben conxuntamente, pero facemos o que debemos facer, traballar para os veciños e veciñas.

P. En que situación está o novo PXOM? Estará en catro anos?

R. Si, a aprobación inicial. Cando chegamos o PXOM estaba en cueiros. No mandato anterior contratouse unha empresa pero non se fixera case nada en catro anos. Nós traballamos de maneira telemática durante a pandemia, fixemos reunións e está agora a piques de ir a aprobación inicial. Falta un informe de Costas, tan pronto estea poderase aprobar.

P. Como cambiará Redondela o PXOM?

R. Eu son realista. Aquí en 30 anos ninguén foi valente para poñerse co PXOM. É unha necesidade para os veciños e veciñas, vai traer moito traballo pero eu son de traballar día a día e sei que tan pronto aprobemos hai que comezar a ir parroquia a parroquia e colectivo a colectivo para facer as alegacións. Non podemos escondernos. O PXOM é necesario e a veciñanza leva máis de 30 anos pedíndoo. Como cuarto concello da provincia temos que ter o PXOM.

P. Cales son as catro claves polas que os veciños deben apostar pola túa candidatura?

R. Non é apostar, eu creo que os veciños deben crer con feitos do que se fixo nestes anos. Non vou a dicir que me tes que votar. Teño ilusión e comezouse un proxecto de transformación de Redondela e teño claro como seguir. Hai que avanzar. Son traballadora, transparente e honrada. Este goberno é dos veciños, non de uns ou de outros, e servimos á veciñanza. Non todos teñen eses valores. E teño ilusión, tanta ou máis que hai catro anos.

P. Cales son as grandes actuacións e proxectos dos que estás máis orgullosa?

R. A transformación da entrada de Redondela na Praza de Ponteareas e a demolición da nave do acceso ao concello, que era dun feísmo tremendo. Agora xa é outra Redondela. Tamén A Picota, que a estamos transformando, as obras non son doadas e causan complicacións, pero ten que quedar perfecta. Aí estamos xestionando para alugar un terreo moi preto para aparcamento e solucionar ese problema. Tamén a transformación da Casa dos Mestres. Quero apuntar que aí non se nos permitiu facer vivenda social, polo que apostamos por unha dotación cultural. E non me quero esquecer de Chapela, queda moito por facer, pero aparte da Senda Verde, estamos xa co skate park, a reforma da Alameda Rosalía de Castro, tan necesaria, e o tan solicitado “campito” que a xuventude levaba anos e anos pedindo a reforma.

P. A grande actuación que che gustaría poñer en marcha?

R. Vai ser complicado pero son moi testuda e estou traballando con Costas para facelo. Nunca se intentou e vai ser complexo. Un paseo peonil polo litoral de Cesantes. E tamén o paseo no viaduto. Estou en reunións para facelo, sería o miradoiro perfecto. Son as dúas máis complicadas pero hai que comezar.

P. A compra de Aucosa por Wofco vai dar un cambio de uso. Está solucionado o problema de cheiros?

R. O tema Aucosa está resolto xudicialmente. Pero o máis importante para min é que os veciños e veciñas de Chapela, Cabanas e Rande non teñan eses cheiros insoportables. Sobre o proceso de cambio estamos esperando a que a Xunta dea licenza e non imos facer nada sen ter todas as autorizacións pertinentes e con informes técnicos.

P. O PP censurou a súa actuación co problema de Axuda no Fogar. Que se está a facer?

R. Non debe ser un tema político. Estea quen estea a situación administrativa sería a mesma, pero algúns o usan politicamente de forma rastreira. Non me paro aí. Que solucións hai? Neste momento estamos impoñendo as penalidades correspondentes e fiscalizando á empresa. Contratamos a outra traballadora social para que se sume á outra traballadora para fiscalizar o tema. Non é doado rescindir o contrato e non o teríamos o servizo ao día seguinte. O contrato remata en setembro e non ten prórroga. Estamos traballando nos pregos para a nova licitación.

P. Que se pode facer a nivel local para facilitar o acceso á vivenda á xente moza?

R. Dende o Concello é moi complicado. É competencia da Xunta, pero aquí en Redondela é inexistente. Aos feitos me remito. Non fixeron nada. Nin en vivenda, nin en Sanidade nin en Educación. En Mos o que a Xunta leva invertido é impresionante. Aquí nada, a pinguiñas. Debe ser que os veciños e veciñas de Redondela non son merecedores dos dereitos. Pois se a Xunta non da cartos as obras faranse igual, custa máis e hai que buscar baixo as pedras, pero se consegue.

P. A nivel cultural, que propostas ten a súa candidatura.

R. A nivel ocio somos un referente. Cultural e turisticamente, en ocio e servizos estamos sendo referentes que non éramos. Na pandemia fomos dos poucos concellos que con “Cultura Segura” fixemos moitas cousas igual. Temos unha festa do Choco moi potente, con carpa e orquestras de renome. Títeres, Coca, e Redondela non para. Tamén é moi importante que imos da man cos colectivos e asociacións, tamén nas parroquias. Hai que colaborar e axudar nas festas, son tradicións que non deben rematar.

P. Todo parece que a batalla está entre vostede e Javier Bas, o considera un adversario potente?

R. Non considero adversario a ninguén. Cada un ten que demostrar os feitos e a veciñanza é moi intelixente. Non debo dicirlle a ninguén o que facer e así o demostrará o día 28 de maio. O traballo non é so en campaña, debe ser os 365 días do ano e hai que estar aí traballando pola veciñanza dando a cara. Iso é o primordial.

P. Refírese a que Bas non estivera ao fronte da oposición estes catro anos?

R. Eu non o faría. Hai que ser responsables nas boas e nas malas, pero sobre todo nas malas. Para tomar un café estamos todos pero cando hai un problema hai que estar aí. Eu teño dúas mans e dúas pernas, veño de abaixo e sei o que é traballar, estou en política porque creo no que estou facendo, non por un salario. Se un se presenta nas eleccións e as perde debe dar a cara e estar aí para liderar o teu grupo. E tampouco entendo que se te queres presentar a unha vila como alcalde hai que ser valente e a primeira acción é dimitir como deputado e traballar 24 horas polos veciños. É unha opinión persoal.

P. Se os resultados do PSOE non son bos vai seguir na oposición?

R. Si, por suposto. Non pararei até que Redondela estea consolidada cun goberno de esquerdas, pero tamén digo que se chegado o momento tivera que dar un paso atrás o daría, eu non son de personalismos.

P. Que se xoga Redondela o 28 de maio?

R. Xógase o continuar a transformación. Crer na veciñanza. Os dereitos por riba de todo. A equidade de traballar para todos e todas. Queda moito por facer e aí están os feitos. Os proxectos son realidades, teñen un expediente aberto. Non son proxectos sen base urbanística. Todo o que avanzo para o próximo mandato ten unha base, é realidade. Non unha transformación que me saque da chistera. Hai que seguir avanzando, hai moitísimo que avanzar e o imos a facer.

Temas: Elecciones municipales 2023PSdeG-PSOERedondela
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Jornada de sábado en el Rallye Rías Baixas // FOTOS: IVÁN DACAL
Deportes

Las mejores fotos del Rallye Rías Baixas 2025 de la jornada del sábado

Pasión total en Vigo y su área en la jornada de sábado del Rallye Rías Baixas, una jornada en la que el motor volvió a O Castro

PorIván Dacal
05/07/2025
Fotos: Dsafio Zone
Enfoque

Abre en Mos un "innovador" parque de ocio de 600 metros cuadrados y nueve zonas de juegos

El Dsafio Zone ofrece nueve zonas de juego pensadas para adultos y los más pequeños de casa. Así es el nuevo parque de ocio del área de Vigo

PorIván Dacal
05/07/2025
VISTA AÉREA DE O CASTRO DE VIGO // Shutterstock / Alexandre Rotenberg
Enfoque

Vigo continúa con la recuperación de O Castro para "seguir recuperando la historia de la ciudad"

Caballero anuncia la inversión de 33.000 euros para restaurar la base de los cañones que están a la entrada de la Fortaleza de O Castro

PorMiguel Alonso
05/07/2025
Imagen de Archivo
Enfoque

Pedro Sánchez dice que confió en Cerdán y Ábalos y asegura que fue traicionado

El presidente del Gobierno dice sentirse traicionado, pero asegura que continuará al frente del Ejecutivo "por responsabilidad"

PorMetropolitano
05/07/2025
Enfoque

O Campus Auga celebrará en setembro o I Congreso Transnacional da Xuventude Investigadora

PorMetropolitano
04/07/2025

Está aberto o prazo de inscrición e tamén o de envío de comunicacións e pósters - A cita terá lugar os días 24 e 25 no edificio Politécnico

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

01julTodo el díaFeira do Libro de Vigo

04julTodo el díaFiestas de Coia en Vigo | Programación 2025FIESTAS | VIGO

09jul19:30Verbenas na Caridade con Rumbantela en VigoPLANES | VIGO

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X