• Jardín en Vigo
  • Nuevo obrador Vigo
  • Estadio Balaídos
  • Castillo Sobroso
  • Conciertos atardecer
  • Fiesta histórica
  • Mercado O Porriño
  • Despliegue militar
  • Festa da Coca
  • Mundial 2030
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

'Feitiño', 'cibercarracho' ou 'educación emocional', entre as candidatas a Palabra do Ano 2023

'Feitiño', 'cibercarracho' ou 'educación emocional', entre as candidatas a Palabra do Ano 2023
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
14/12/2023

"Biodiversidade", "cibercarracho, -a", "cooficialidade", "dereitos humanos", "educación emocional" e "feitiño, -a". Estas son as seis voces que optan a se converter na Palabra do Ano 2023. A partir deste xoves e ata as 23:59 horas do luns 25 de decembro, todo o público poderá votar pola súa opción favorita a través do Portal das Palabras, a páxina web de divulgación do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié.

A través dun comunicado, a Real Academia Galega explica que todas as palabras finalistas están relacionadas con preocupacións sociais en aumento ou acontecementos que deixaron unha fonda pegada na cidadanía por diversos motivos, e que se reflectiron de maneira reiterada na primeira fase da campaña, centrada na recolla das propostas da cidadanía.

Másnoticias

Rueda espera que el nuevo Papa visite Galicia en el Xacobeo 2027: "Sería magnífico"

El papa León XIV recibirá el primer facsímil del Códice Calixtino, la joya robada de la Catedral de Santiago

04/06/2026
Antonio Resines protagoniza en Galicia la nueva película que se rueda en la provincia de Pontevedra

Antonio Resines protagoniza en Galicia la nueva película que se rueda en la provincia de Pontevedra

03/06/2026

"A preocupación polo impacto da acción humana sobre o medio natural é unha constante que se plasma no proceso de elección da Palabra do Ano", indican. Así, entre as palabras finalistas figura "biodiversidade", substantivo que se refire á diversidade de especies vexetais e animais dun ecosistema.

Segundo a RAG, o termo evoca nos últimos tempos dende as mobilizacións en Galicia contra grandes parques eólicos que poden ameazar o medio natural e social local ata o gran desafío mundial que supón o cambio climático, dúas preocupacións reiteradas na fase de recolla de suxestións. A voz créase mediante o prefixo de orixe grega bio-, que entra na formación de palabras co significado de "vida", e o nome diversidade, carácter do que é diverso, de distinta índole ou especie.

Á persoa que comete un delito por medio das tecnoloxías da información e a comunicación chámaselle ciberdelincuente, segundo recolle o Dicionario, pero tamén está a ter certo predicamento o termo "cibercarracho, -a", outra das voces finalistas. Este neoloxismo de carácter coloquial permite, dende o atractivo do humor, "chamar a atención sobre a necesidade de adoptar medidas de protección ante os ciberataques". A voz fórmase a partir do prefixo ciber-, que resulta do acurtamento de cibernético, e o substantivo carracho, que nomea o arácnido da orde dos ácaros do que existen varias especies e que se alimenta do sangue de mamíferos e aves, tamén denominado carracha, carraza, carrapato ou carrapata.

Outra finalista é "cooficialidade", palabra que designa "aquilo que é oficial canda outra realidade", e que no contexto galego aplícase ao conxunto de linguas que comparten oficialidade. "Con ela sinálase o paso adiante dado este ano no recoñecemento do galego e das demais linguas cooficiais do Estado ao se acordar o seu uso normalizado no Congreso dos Deputados", explica a RAG.

Con este termo tamén preténdese chamar a atención sobre os "pendentes" para reparar a marxinación histórica do galego e da discriminación dos seus falantes, na liña do expresado pola propia RAG na declaración institucional difundida o pasado mes de novembro. O vocábulo créase a partir dun prefixo, co- e o substantivo oficialidade, que se forma sobre oficial, do latín tardío officiālis ‘propio do deber’, ‘oficioso’, ‘ministro’, ‘oficial’.

Dos dereitos humanos ás persoas feitiñas

Neste 2023 celébranse os 75 anos da Carta Universal dos Dereitos Humanos. Durante a campaña da Palabra do Ano rexistráronse moreas de voces propostas que constitúen unha chamada á defensa do contido deste texto fundamental nun contexto de conflictos bélicos. Por iso entre as voces finalistas figura o sintagma nominal "dereitos humanos".

Trátase dunha adaptación ao galego da paremia creada pola ONU, común nas linguas da contorna: direitos humanos en portugués, diritti umani en italiano ou human rights en inglés. Fórmase co substantivo dereito, que procede do latín directus ‘liña recta’ ou ‘que segue o correcto’, e mais o adxectivo humano, pertencente ao ser humano.

Outra das propostas é o sintagma nominal "educación emocional" que fai referencia á saúde mental e a necesidade de incorporar a educación emocional a todas as etapas formativas para mellorar as relacións interpersoais, a capacidade de facer fronte aos retos que presenta a vida e o benestar persoal. O termo fórmase a partir do substantivo educación, do latín educatio, e mais o adxectivo emocional, vinculado co latín emotio que, á súa vez, se relaciona con motio ‘mover’.

Por último, como recoñecemento aos vocáblos que transmiten afecto foi seleccionada como finalista a palabra "feitiño, -a", voz tradicional do galego de uso moi estendido que se refire dende o léxico patrimonial a "aquela persoa da que queremos destacar as súas virtudes morais e / ou físicas". A palabra vén sendo o participio do verbo facer, feito, que ten tamén ese mesmo significado, ao que se lle engade o sufixo diminutivo galego por excelencia, -iño, -a. Con el creamos tamén outra variante dun adxectivo de noso equivalente, xeitoso, a-, que se converte así en xeitosiño, -a.

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié animan a todo o público a participar e votar pola súa finalista favorita a través do Portal das Palabras. Nas edicións anteriores a votación popular proclamou como Palabra do Ano comadre (2022), tanxugueiras (2021), nós (2020), sentidiño (2019) deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016), refuxiado, -a (2015) e corrupción (2014).

Temas: galegoGaliciaRAG
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial
Enfoque

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial

El jardín de Vigo con más especies exóticas presenta una nueva apertura en su interior. Un espacio donde convive la botánica y la artesanía

PorSara Rodríguez
04/06/2026
Vigo suma un nuevo obrador de barrio que une la tradición de Galicia con los sabores de Nicaragua
Enfoque

Vigo suma un nuevo obrador de barrio que une la tradición de Galicia con los sabores de Nicaragua

Una nueva panadería de barrio que servirá de puente entre Vigo y Nicaragua. Así es este proyecto familiar que acaba de abrir en la ciudad

PorAlfredo Teja
04/06/2026
El Celta recoge antes del partido alimentos y otros productos para los afectados por la DANA
Enfoque

Campaña en Vigo para que el estadio de Balaídos no lleve el nombre de Abanca: "É público, é vigués"

El estadio de Balaídos y las calles aledañas se llenan de pancartas reclamando que el campo "es vigués, no de Abanca"

PorCarlos I. Castrillón
04/06/2026
Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen
Enfoque

Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen

El Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de la provincia, ya se puede volver a visitar. Estuvo cerrado varios meses por obras

PorIván Dacal
04/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X