O Sinsal despídese de San Simón até o próximo verán e pon rumbo a Vigo

O Sinsal volve deixar a súa pegada. Galicia loita por ser recoñecida como a terra dos festivais. Ese obxectivo está máis preto grazas a eventos como o que ten lugar na illa de San Simón. O importante non é a cantidade de citas musicais, senón tamén da singularidade que posúe o Sinsal. Elementos diferenciais que o fan un espectáculo único, difícil de atopar noutras partes do mundo. Cartel secreto, paisaxe, coidado polo medio e actividades para todas as idades que provocan que haxa, incluso, unha xornada para cada tipo de público.

O festival volveu deixar grandes momentos, experiencias que xa forman parte do verán das miles de persoas que volveron esgotar todas as localidades dos catro días que durou o Sinsal 2019. O sábado foi o momento da maxia e, como vén sendo habitual, da máxima festa. O encanto estivo no ceo. Pola mañá, choiva; pola tarde, sol. Un binomio que amosa a pluralidade dun Sinsal que permitiu gozar dende o xoves 25 ata o domingo 28 de variadas propostas musicais, unhas galegas como a de Mercedes Peón e outras máis exóticas como The Venopian Solitude ou Kyekyeku & Ghanalogue Highligfe.

O Sinsal despediuse de San Simón até o próximo verán cunha xornada de domingo marcada pola presenza de familias. O peche do evento é unha canteira de festivaleiros. A cita volveu ofertar actividades para a cativada como paseos en kayak, arquitectura ou obradoiros de origami e cianotipia.

¿NO TIENES EL SERVICIO DE ALERTAS DE WHATSAPP?
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo.

Darme de alta <> Quiero saber más

Próximo destino: Vigo

O Sinsal seguirá a escribir experiencias e cultura neste 2019. O evento pon rumbo a Vigo para celebrar a súa segunda edición no Museo do Mar de Galicia. A cita terá lugar os días 7 e 8 de setembro. O obxectivo é o mesmo que en San Simón, que a música e o patrimonio marítimo vaian da man. A organización non garda con tanto misterio o cartel musical e xa anuncio que no espazo cultural dependente da Xunta de Galicia actuará como cabeza de cartel Rocío Márquez, referente do flamenco que racha cos clichés do xénero.

No evento tamén participarán a arpista Mary Lattimore, a cantante galega Faia Díaz ou o grupo Iko Cuyagua, un dos gañadores do concurso que cada ano pon en marcha Estudios Mans, da Fundación Paideia. Ademais, a ESAD (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia) amosará un proxecto ao redor do universo de Verne. As entradas para asistir ao Sinsal Museo do Mar de Galicia sairán á venda a principios do mes de agosto.

 

GALERÍA DE FOTOS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*