• Pulmón verde Teis
  • Vigo Arena
  • Entradas The Dorrs
  • Festival Baiona
  • Liquidación en Vigo
  • Porrigalia
  • Próxima apertura
  • Visitas gratis O Rosal
  • Fiesta gastro
  • Fiestón Ourense
  • Playa O Cocho
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Fósiles de Teruel constatan “a guerra” librada entre insectos e plantas hai 100 millóns de anos

Fósiles de Teruel constatan “a guerra” librada entre insectos e plantas hai 100 millóns de anos
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
15/02/2023

Os investigadores do Centro de Investigacións Mariñas da Universidad de Vigo Artai Santos e Jose Bienvenido Diez asinan, xunto con científicos da Fundación Conjunto Paleontológico de Teruel-Dinópolis e do Hessisches Landesmuseum de Darmstadt de Bonn, un estudo que acaba de ser publicado pola revista Plants no que describen unha elevada diversidade de interaccións entre plantas e insectos de hai 100 millóns de anos, procedentes dun xacemento situado na localidade turolense de Estercuel.

O paleobotánico Artai Santos, autor principal desta investigación, explica que “as interaccións descritas afectan ás follas de dous tipos de anxiospermas terrestres e unha acuática. O estudo revelou 23 tipos de danos diferentes pertencentes a oito tipos de estratexias de alimentación (denominados ‘grupos funcionais de alimentación’) como son a alimentación en orificios, a alimentación en marxes, a esqueletización, a alimentación superficial, a perforación e succión, o minado, a oviposición e a formación de banquias”.

Másnoticias

De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas

De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas

22/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026

Os estudos sobre as interaccións entre as plantas e os insectos herbívoros na actualidade mostran que estes animais desenvolveron unha gran variedade de estratexias e comportamentos tendentes á consumición dos tecidos e fluídos das plantas e estas, á súa vez, reaccionan ante estes ataques intentando minimizar os danos que os insectos lles xeran. Deste modo, o estudo destes danos achega unha evidencia directa sobre as relacións ecolóxicas entre estes dous grupos dominantes de organismos nos ecosistemas do pasado. Por este motivo, o estudo das evidencias das interaccións entre plantas e insectos nos rexistros de follas fósiles constitúe unha importante información sobre os paleoecosistemas da Terra, xa que achegan datos sobre os grupos de insectos que se desenvolveron no pasado e sobre a evolución das súas estratexias de herbivoría, así como das defensas desenvolvidas polas plantas que reaccionaron ante estes ataques.

Artai Santos, do CIM-UVigo é o autor principal do estudo

“Unha revolución nos ecosistemas terrestres do momento”

Segundo explica Luis Miguel Sender, investigador da fundación Dinópolis e coautor do estudo, “o alto grao e diversidade de danos, así como os tipos de estratexias de herbivoría implicados suxire que estas plantas anxiospermas xa eran unha fonte importante de alimento e aloxamento para os insectos nos ecosistemas ibéricos a finais do Cretácico Inferior, que foi o momento clave na diversificación das anxiospermas e supuxo unha revolución nos ecosistemas terrestres do momento.”

Todas estas achegas están recollidas no artigo, titulado Plant–Insect Interactions on Aquatic and Terrestrial Angiosperms from the Latest Albian (Early Cretaceous) of Estercuel (Northeastern Spain) and Their Paleoenvironmental Implications, que asina Artai Santos como autor principal, xunto ao tamén investigador do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio da UVigo Jose Bienvenido Diez Ferrer; Luis Miguel Sender, da Fundación Conjunto Paleontológico de Teruel-Dinópolis/Museo Aragonés de Paleontología e Torsten Wappler, do Departamento de Historia Natural do Hessisches Landesmuseum Darmstadt e da Universidade de Bonn. A publicación forma parte das investigacións do Grupo de investigación Focontur, financiado a través do Departamento de Ciencia, Universidad y Sociedad del Conocimiento del Gobierno de Aragón. Ademais, insírese no proxecto PGC2018-094034-B-C22 e nas investigacións da Unidad de Paleontología de Dinosaurios de Teruel, que contan co financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación do Goberno de España. Por outra banda, os traballos de campo desta investigación contaron coa autorización do Departamento de Educación, Cultura e Deporte do Gobierno de Aragón e o material estudado atópase no Museo Aragonés de Paleontología en Teruel.

Temas: Universidade de VigoUVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán anuncia la rehabilitación de varios lavaderos y fuentes para devolverles su valor patrimonial
Enfoque

Nigrán anuncia la rehabilitación de varios lavaderos y fuentes para devolverles su valor patrimonial

El Concello intervendrá en seis lavaderos y una fuente situados en las parroquias de Camos, Parada, Chandebrito y San Pedro da Ramallosa

PorMetropolitano
22/07/2026
El nuevo ecobarrio de Vigo, sin coches, con vistas al mar, vivienda protegida y zonas comerciales
Enfoque

Vigo ganará un gran "pulmón verde" en Teis y se hará con la zona arbolada del Colegio Apóstol

"Será un gran pulmón verde paralelo de Sanjurjo Badía", afirma el alcalde. Para ello la ciudad sumará a su patrimonio municipal un espacio de uso privado

PorÁngel Vila
22/07/2026
Un "templo" del ciclismo en Vigo comienza una nueva vida con una "liquidación histórica" de sus artículos
Enfoque

Un "templo" del ciclismo en Vigo comienza una nueva vida con una "liquidación histórica" de sus artículos

Una tienda de Vigo anuncia que comenzará una nueva etapa. Tendrá una liquidación de bicicletas, ropa, cascos y más

PorSara Rodríguez
22/07/2026
Vigo da el primer paso para mejorar los accesos a una de las playas de Alcabre, el arenal de O Cocho
Enfoque

Vigo da el primer paso para mejorar los accesos a una de las playas de Alcabre, el arenal de O Cocho

Abel Caballero anuncia que el Concello ha comprado dos parcelas en Alcabre para mejorar el acceso a una de sus playas

PorCarlos I. Castrillón
22/07/2026
De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas
Enfoque

De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas

PorUxía Pérez
22/07/2026

Explora o potencial das macroalgas para frear as proliferacións de algas nocivas - A investigadora do CIM Rocío Blanca Sújar realiza unha estadía en Sapporo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X