Na zona mais ao sur da provincia de Pontevedra, na vila da Guarda, un grupo de rapaces e rapazas veñen de demostrar que non fai falla estar en Silicon Valley para artellar os robots do futuro. Polo de agora a creación dos alumnos do IES da Sangriña, de entre 16 e 17 anos, tradúcese nun pequeno robot teledirixido, pero o obxectivo e seguir medrando cara un proxecto máis ambicioso.
Os "Celtic Bots", así se chaman as súas creacións, poden coñecerse na Alameda da Guarda entre as 18:00 e as 20:00 horas até o sábado. Todas as persoas interesadas en coñecer o primeiro traballo deste equipo poden visitar o seu circuíto instalado na Alameda, onde se poderá conducir o robot e poñelo a proba nun campo de obstáculos. Os creadores irán anotando os tempos e puntuación de cada un dos participantes, dependendo das probas e atrancos que sexan capaces de superar, de xeito que se converta nunha competición entre afeccionados.
María González, impulsora do proxecto, tivo a idea de crear un grupo de robótica fai algo máis de dous meses, co fin de montar e programar un aparello electrónico que, dirixido de forma remota, fose capaz de moverse e superar obstáculos. Agora tradúcese nestes pequenos robots. Porén, o plan de cara o novo curso pasa por aumentar o número de participantes nesta iniciativa tecnolóxica, incluíndo a alumnos e alumnas de todas as ideades e procedentes doutros centros educativos que teñan interese e capacidades en distintas disciplinas.
Neste sentido, apunta María, “existe moitos prexuízos sobre o que é a robótica”, referíndose a esta como unha rama multidisciplinar na que conviven distintos campos, como “a construción, deseño, matemáticas ou a administración”, polo que perfís moi distintos teñen cabida.
Ambas instituciones, que acumulan ya más de 200 propuestas, aseguran que habrá una "variada programación" que incluirá eventos y espectáculos
Esta decoración "revolucionaria" pretende crear un efecto visual que permite dotar de decoración navideña las 24 horas del día
La oferta comercial de Vigo sigue aumentando con la apertura de dos nuevas tiendas en pleno centro de la ciudad
Un nuevo local en Vigo que ofrecerá todo tipo de experiencias gastronómicas. Apúntate la fecha de su fiesta de inauguración
O obxectivo é fomentar a presenza de mulleres nas titulacións do eido científico e tecnolóxico. A convocatoria, aberta ata este mércores
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL