O decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Francisco X. González Sarria, vén de solicitar ao novo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que faga públicos datos sobre a crise sanitaria como os casos novos diarios, o tipo de test polo que foron obtidos ou a incidencia acumulada nos diferentes municipios, en formatos de datos abertos e reutilizables e inseridos en series históricas completas.
González Sarria remitiu esta semana unha carta ao recentemente nomeado como conselleiro de sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña. Na misiva, tras darlle os parabéns e desexarlle éxito no cargo, o decano do Colexio exprésalle a súa preocupación polas dificultades que están a ter os e as xornalistas para acceder á información no cadro da crise sanitaria da COVID-19.
O Colexio de Xornalistas lembra que a Xunta de Galicia ten o deber de divulgar todos os datos sobre a pandemia de maneira accesible para toda a cidadanía, e que o artigo 20 da Constitución Española recoñece o dereito a comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión. A libre disposición dos datos sobre a pandemia para os medios e a cidadanía en xeral permitiría ás e aos profesionais da información analizar toda unha serie de elementos epidemiolóxicos, socioeconómicos e demográficos que poden contribuír a entender mellor o desenvolvemento da pandemia.
Porén, Galicia é neste momento, xunto a Estremadura, a autonomía máis opaca do Estado na comunicación de datos sobre a Covid-19, e só algúns autos xudiciais feitos públicos polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia permiten coñecer parcialmente algúns datos pormenorizados sobre a enfermidade, o que provoca ademais unha disparidade na información dispoñíbel.
Por todo isto, o decano do Colexio de Xornalistas solicítalle ao conselleiro de sanidade que todos os datos nos que se basean as decisións que está a tomar a Consellería de Sanidade sexan abertos para a súa consulta tanto para os e as xornalistas como para a poboación en xeral. En concreto, reclámase coñecer os casos novos diarios, o tipo de test polo que foron obtidos ou a incidencia acumulada nos diferentes municipios e dispoñer desta información en formatos de datos abertos e reutilizables, inseridos en series históricas completas, que que permitan un seguimento puntual da incidencia da COVID-19 como o que se está a facer na maioría das Comunidades Autónomas.
Una terraza de Nigrán con increíbles vistas al mar suma una nueva propuesta gastro. Un restaurante de Vigo aterriza con su cocina fusión
Un conocido influencer argentino de casi medio millón de seguidores se enamora de O Porriño. "De los ayuntamientos más bonitos de España"
Renfe advierte de alteraciones en los trenes de Galicia por las obras en la estación de A Coruña. Estos serán los cambios de cara a verano
Detenido un vecino de Tomiño como supuesto autor de un robo con fuerza en una vivienda. Accedió con una llave obtenida ilícitamente
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL