• Próxima apertura Vigo
  • Montaje Navidad
  • Barco Navidad Vigo
  • Panettone Vigo
  • Vuelos Peinador
  • Indoor Park
  • San Martiño
  • Parque O Porriño
  • Vivienda lujo
  • Ryanair Galicia
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Investigadores da UVigo estudarán a presenza de microplásticos en macroinvertebrados dos ríos de Pontevedra

Investigadores da UVigo estudarán a presenza de microplásticos en macroinvertebrados dos ríos de Pontevedra
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
09/12/2021

20.000 euros achegará a Deputación de Pontevedra para a realización, por parte de persoal investigador da UVigo, dun estudo sobre as implicacións medioambientais e o efecto ecotoxicolóxico dos microplásticos nas comunidades de macroinvertebrados en ríos da provincia de Pontevedra. O estudo, que dá continuidade ao realizado o ano pasado por un grupo de investigadores e investigadoras, encabezados pola docente do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da UVigo Josefina Garrido González, e que se centrou nos ríos Lagares e Gafos, permitirá ampliar a zona de estudo e abordar novos obxectivos, co fin último de coñecer a dimensión do problema e que as administracións correspondentes poidan tomar medidas.

“Nós estamos moi preocupadas e preocupados polo que acontece cos plásticos, son miles e miles de millóns de toneladas que chegan aos océanos e os microplásticos teñen unha incidencia moi relevante sobre algo que para nós é fundamental: o marisqueo e a pesca” dixo Carmela Silva no acto de sinatura do convenio entre a Deputación de Pontevedra e a UVigo, celebrado esta mañá na sede viguesa do organismo provincial. Para Silva, este acordo é unha proba da “preocupación e ocupación de ambas as dúas institucións pola influencia que poidan ter os microplásticos nun sector como o da pesca que é fundamental para a nosa economía, pero moi particularmente para a saúde das persoas”, así como un medio para dispor de información e se poidan tomar decisións por parte das administracións de forma particular, para que a Universidade poña en marcha iniciativas e para concienciar á sociedade.

Másnoticias

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

Preacuerdo de Xunta y universidades sobre Medicina, Vigo paraliza la idea de una Facultad

06/11/2025
Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

05/11/2025

Pola súa banda, o reitor agradeceu a confianza depositada pola Deputación de Pontevedra na UVigo para a realización deste estudo de un ano de duración, e asegurou que “o dos microplásticos é un tema que cómpre investigar e saber como están o nosos ecosistemas e que mellor xeito de comezar que polos ríos e que tamén se verá reflectido na rías”, dixo Reigosa. O reitor lembrou na súa comparecencia que este traballo é a continuación do titulado Efecto de los microplásticos sobre las comunidades acuáticas de macroinvertebrados en ríos de la provincia de Pontevedra, desenvolvido o ano pasado, baixo da dirección da docente e investigadora da UVigo Josefina Garrido. Nese traballo pioneiro en Galicia, as e os investigadores realizaron unha avaliación preliminar da incidencia dos microplásticos, un estudo cuxo interese non unicamente radicaba en coñecer o impacto destes contaminantes nos sistemas dulceacuícolas, senón tamén en ter en conta que estes son a principal fonte de entrada dos microplásticos ao medio mariño, o que afecta gravemente aos sectores produtivos marisqueiros.

Un estudo cun dobre enfoque

O estudo, cuxo convenio asinaron hoxe a Deputación e a UVigo, desenvolverase no ámbito da ecoloxía e a bioloxía ambiental da provincia, realizando unha aproximación á problemática dos microplásticos cun dobre enfoque: determinar a súa presenza e efectos nocivos no medio acuático continental, e facer unha aproximación á capacidade dos seres vivos presentes no medio para solucionar o problema a través da súa biodegradación. “A investigación realizada nos ríos Lagares e Gafos permitiu coñecer a presenza destes contaminantes e os seus posibles efectos sobre a fauna. Non obstante, pola importancia dos resultados obtidos en zonas onde non se agardaba atopar microplásticos, como nas cabeceiras de ambos ríos, fíxose preciso estender o estudo a un maior número de ríos na provincia con diferentes condicións ambientais e presións (presencia de poboacións, industria, actividade agrícola e gandeira, extraccións...) sobre as masas de agua, para determinar a importancia desta contaminación e a súa probable incidencia na provincia de Pontevedra e no seu medio natural”, detalla Josefina Garrido

Aínda que existen diferentes tipos de indicadores biolóxicos de ecosistemas fluviais, como microorganismos, macrófitos ou peixes, un dos grupos máis amplamente utilizados como un tipo de indicadores é o dos macroinvertebrados acuáticos, seres non vertebrados cun tamaño superior a 500 µm, como esponxas, planarias, samesugas, oligoquetos, moluscos ou crustáceos, así como insectos, que nos seus estados inmaduros (larvas e ovos) son acuáticos e entre os que destacan ordes como: efemerópteros, plecópteros, odonatos, hemípteros, coleópteros, tricópteros e dípteros. A investigación que dirixirá Josefina Garrido contempla, en detalle, o estudo das variacións dos microplásticos en especies biomarcadoras; a estimación da cantidade total de microplásticos que son transportados anualmente por cada río; a determinación da biodegradabilidade dos materiais plásticos en auga de río, simulando as condicións no laboratorio e a determinación do efecto ecotóxico de microplásticos en lombrigas de terra e da capacidade destas para biodegradar os materiais de ensaio.

Garrido lembra que a presenza dos microplásticos en masas de agua manifestouse como un dos principais problemas ambientais nos últimos anos e mesmo diversos estudos amosaron a súa aparición en organismos mariños e alertaron do risco da súa incorporación ás cadeas tróficas e a o posible afección ao ser humano. “Non obstante, estes contaminantes no foron estudados tan en profundidade en aguas correntes dulceacuícolas nin na nosa rexión”, lamenta a investigadora do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da UVigo.

Temas: Deputación de PontevedraUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Aena califica de "espurios" los argumentos de Ryanair y dice que sus exigencias podrían ser ilegales
Enfoque

Ryanair se despide de Vigo con vuelos a Londres desde 15 euros y lanza otras ofertas para Galicia

...

PorIván Dacal
06/11/2025
Vigo pide retomar el trasvase y la construcción de una nueva presa
Enfoque

Caballero afirma que "ya no hay atisbo de sequía" en Vigo con Eiras a "su nivel máximo"

...

PorMetropolitano
06/11/2025
Vigo ultima la gran novedad de su Navidad con un mercado y dos pistas de hielo
Enfoque

Vigo ultima la gran novedad de su Navidad con un mercado y dos pistas de hielo

...

PorSara Rodríguez
06/11/2025
O BNG de Vigo urxe reforzar o mantemento de Peinador e impulsar medidas como un bus directo coa cidade
Enfoque

Milán, Ámsterdam o Valencia, estos son los 9 destinos que el aeropuerto de Vigo puede ganar

...

PorAlfredo Teja
06/11/2025
Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal
Enfoque

Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

PorCarlos I. Castrillón
05/11/2025

El grupo biofarmacéutico entregará sus reconocimientos anuales en una gala que tendrá lugar el próximo martes 11 de noviembre

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X