• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Investigadores de atlanTTic estudan as vantaxes de aplicar as redes privadas 5G á industria

Investigadores de atlanTTic estudan as vantaxes de aplicar as redes privadas 5G á industria
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
06/02/2023

“Queremos que as empresas coñezan de primeira man as melloras que poden lograr empregando as redes privadas 5G e que posibilidades lles abren estas novas tecnoloxías”. Así explica Felipe Gil, investigador de atlanTTic, Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo e profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, o obxectivo principal do proxecto posto en marcha desde o Laboratorio 5G da UVigo sobre os beneficios para a industria destas redes privadas, un traballo no que contan coa estreita colaboración da empresa Cradlepoint, filial de Ericsson e líder mundial en solucións de redes sen fíos LTE e 5G entregadas na nube.

“Buscamos gañar o maior coñecemento posible, tanto das vantaxes como das limitacións que teñen estas tecnoloxías para o desenvolvemento da Industria 4.0”, salienta Gil, recalcando a idea de que se trata de compartir coas empresas da contorna todo este coñecemento para poder axudarlles a tomar as mellores decisións. Trátase de achegar solucións para todo tipo de empresas, pero pensadas especialmente para os principais sectores locais, desde o industrial, coa automoción á cabeza, pasando pola loxística, o comercio, a sanidade ou a administración pública.

Másnoticias

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026
O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

O CIM analiza se a alcalinización dos océanos é segura para a vida mariña con maior temperatura da auga

16/07/2026

Desde o Laboratorio 5G, no que tamén participa a Xunta de Galicia a través de Amtega e Retegal, e co apoio de Cradlepoint, pretenden, neste primeiro semestre do ano, estar xa en disposición de amosar casos de usos típicos das redes privadas arredor do campus, así como simular un escenario idóneo onde se amosen novos casos de uso para esta tecnoloxía.

Tecnoloxías que permiten eliminar cables e simplificar instalacións

Similares ás redes privadas informáticas, as redes privadas 5G permiten crear unha rede de telecomunicacións para un uso específico dentro dun espazo concreto, tanto interior –unha fábrica, un almacén, etc- como exterior –o campus, o porto, etc.-, pero sen cables de por medio, xa que as comunicacións se realizan a través de antenas e dispositivos 5G que se comunican entre si de xeito “inmediato, estable e constante”. Tendo en conta isto, as contornas industriais amósanse como un dos escenarios que máis se poden beneficiar do uso desta tecnoloxía sen fíos “robusta e con control de calidade das comunicacións”, recalca Gil, ao que engade que isto permitirá eliminar os cables en moitas máquinas, “simplificando as instalacións e posibilitando unha reconfiguración máis sinxela”, así como engadir máis elementos móbiles conectados “tipo robots ou elementos de transporte” e dotar aos operarios de terminais para intercambiar máis información e de máis calidade.

Un caso común dentro das empresas de calquera sector é que o seu Wi-Fi teña problemas de escalabilidade, é dicir, problemas relacionados co feito de ter que soportar un gran número de dispositivos, de cobertura, debido ás restricións impostas por usar unha frecuencia compartida, etc. En contraste, as redes privadas permiten que o número de antenas necesarias sexa moito menor ca nunha rede Wi-Fi, que a mobilidade sexa unha parte central da solución e que os dispositivos conectados non teñan colisións ao transmitir ou recibir datos. “Actualmente en España utilízanse as redes Wi-Fi para todo tipo de aplicacións, aínda que non sempre garanten unha boa comunicación en zonas extensas, cun gran número de dispositivos ou nas que é necesario asegurar a calidade dos servizos e grazas a Cradlepoint é posible dispor dunha maior calidade de servizo, así como ofrecer servizos diferenciados ás comunicacións máis críticas por medio do network slicing”, explica Daniel Morros, enxeñeiro de ventas en Cradlepoint España.

Longa traxectoria colaboradora con empresas e institucións

Desde o grupo de investigación GTI do centro de investigación atlanTTic, ao que pertencen Gil, contan cunha longa traxectoria colaboradora con empresas e institucións, a quen tratan de axudar para que poidan experimentar, tanto coas novas características e funcionalidades estándar das redes 5G, como na proposta e experimentación de novas funcionalidades que sexan de utilidade para as súas actividades. “Estamos traballando en dotar de dinamismo ás redes, en mellorar e validar as estratexias de slicing, edge computing, reconfiguración dinámica das redes, orquestación, etc”, apunta o investigador vigués.

Gil explica que para validar o funcionamento real das redes privadas en contornas industriais é preciso contar con equipos profesionais e de calidade e por iso buscaron a colaboración con Cradlepoint, “unha das poucas empresas que está achegando solucións que cumpren estas características”, salienta o investigador, ao tempo que fai fincapé en que o dispositivo que están a empregar nesta investigación permite comprobar tanto as prestacións das redes privadas das contornas de proba, como comprender mellor as características, “en canto a comunicación”, dos distintos casos de uso e escenarios que se proban.

“O 5G, a primeira xeración de tecnoloxía sen fíos que ofrece aplicacións moito máis aló do uso exclusivo do consumidor, é unha ferramenta ideal na dixitalización da sociedade e, neste marco, as redes privadas tamén están cobrando forza porque permiten acceder a unha cobertura móbil 5G de alto rendemento en exteriores e interiores, o que as fai especialmente adecuadas para o sector industrial e para os campus educativos”, salienta pola súa banda Lorenzo Ruggiero, director de área para o sur de Europa en Cradlepoint, quen amosa o orgullo desta firma “por colaborar coa Universidade de Vigo no desenvolvemento de proxectos de innovación 5G”.

Temas: 5GtecnologíaUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo
Enfoque

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O Porriño toma medidas especiales por el "gran apagón" que afecta a toda España
Enfoque

"Hito histórico" para O Porriño, aprueban su escudo y su bandera con estos elementos

...

PorMiguel Alonso
21/07/2026
Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis
Enfoque

Una "patisserie" que llegó hace un año a Vigo inaugura su segundo local con dos días de café gratis

...

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Baiona iza la bandera roja y prohíbe temporalmente el baño en dos de sus playas
Enfoque

Baiona quita la prohibición de bañarse en dos de sus playas, que vuelven a tener un agua "excelente"

...

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X