A primeira edición do Bocaselas rematou este sábado 12 de maio, cun balance de éxito absoluto por parte dos establecementos hostaleiros participantes. Partindo dunha previsión inicial duns 7.000 bocadillos, o certo é que a cifra case se duplicou ao longo das catro fins de semanas do evento, superando os 12.000 bocadillos vendidos. Xente de tódalas idades pasou polos diferentes establecementos para degustar os bocadillos nunha primeira ruta que tralo exito sen dúbida establecerá a súa continuidade para os vindeiros anos.
Un total de 15 locais participan nesta primeira edición do Bocaselas, que se celebrou os venres e os sábados entre o 20 de abril e o 12 de maio con dúas rutas diferenciadas: unha para os venres con 9 locais participantes, e outra para os sábados na que foron 6 os establecementos presentes, vendéndose os bocadillos ao prezo de 1,50 euros, podendo acollerse en tódolos á oferta "bocatín + caña a 2,50 euros".
Concello e sector hostaleiro foron da man nesta nova iniciativa que demostrou que o público de Salceda e arredores volveu dar unha resposta positiva. Precisamente o público terá a opción de conseguir vales de compra nos establecementos participantes no sorteo que se celebrará o vindeiro xoves 17 de maio durante os actos de celebración do Día das Letras Galegas. Ata ese día aínda poden entregar nos diferentes locais as súas tarxetas de participación nas que foron recollendo os selos dos establecementos, precisando un mínimo de cinco selos para poder participar no sorteo de premios.
Loli Castiñeira, concelleira de Comercio e Turismo, subliñou que "Salceda segue a ofrecer novas alternativas de ocio e tempo libre, converténdose xa en referencia en toda a comarca".
Rueda destaca que el objetivo es prevenir cualquier tipo de violencia que bien sea laboral, física, psicológica o sexual
Vueling lanza una oferta para que viajeros de Galicia puedan coger vuelos desde 13 euros este otoño. ¡Estos son los destinos que ofrece!
El BNG de Vigo reclama soluciones inmediatas de estas incidencias que impiden a menores de 15 años tener el billete gratis
El futuro parque deportivo inclusivo tendrá un presupuesto de hasta 4,5 millones de euros para deportes adaptados y no adaptados
Vigo acogerá el próximo mes de noviembre una nueva edición de la Semana de Cine Submarino. Así es este ciclo de la UVigo
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL