• Jardín en Vigo
  • Nuevo obrador Vigo
  • Estadio Balaídos
  • Castillo Sobroso
  • Conciertos atardecer
  • Fiesta histórica
  • Mercado O Porriño
  • Despliegue militar
  • Festa da Coca
  • Mundial 2030
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Ledicia Costas e Manuel Bragado reivindican o papel de Vigo como “cidade de novela”

Un vigués, indemnizado con 10.000€ tras ser incluido indebidamente en un fichero de morosos
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
15/09/2022

Ledicia Costas e Manuel Bragado, dous dos baluartes máis recoñecidos das letras galegas, visitaron este xoves a Facultade de Filoloxía e Tradución para participar nunha conversa na que se reivindicou o papel de Vigo como “cidade de novela”. Foi un acto pensando e organizado para darlle a benvida ao curso 2022/2023 e, sobre todo, para agradecerlle ao alumnado de novo ingreso ter elixido esta facultade e, esta cidade, como lugar no que levar a cabo os seus estudos universitarios, uns estudos nos que “as letras”, no senso máis amplo da palabra, serán as grandes protagonistas.

O acto arrancou coa presentación do decano, o catedrático José Montero, e tras el, contouse coa participación doutras autoridades que tamén quixeron sumarse a esta actividade de benvida. Fíxoo o alcalde da cidade, Abel Caballero; o vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacións, Alfonso Lago, e tamén o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa. Todos presumiron de vivir nunha auténtica cidade de novela, “capital do sector editorial galego” e berce de escritores tan relevantes como a propia Ledicia Costas, Manuel Bragado, Domingo Villar, Pedro Feijoo ou Manuel Esteban, que fixeron de Vigo un lugar literario, recoñecido dentro e fóra da fronteira galega.

Másnoticias

La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

04/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

03/06/2026

Do Vigo criminal ao Vigo histórico, pasando polo Vigo obreiro

“Unha das fortalezas que caracterizan esta facultade é o seu pulo na investigación, na docencia e nas diversas linguas e literaturas que aquí temos como materia”, explicoulles o decano ás persoas asistentes, ao tempo que fixo fincapé na dobre vertente, “docente e creadora”, que se dá neste centro, destacando nesta liña o feito de poder contar entre o profesorado con nomes de escritores tan prestixiosos como Anxo Angueira, Manuel Forcadela, Rexina Vega ou Gonzalo Navaza, e con investigadores e investigadoras tan prestixiosas como a profesora Helena Cortés, Premio Nacional de Tradución.

A docente do Departamento de Tradución e Lingüística Iolanda Galanes exerceu de mestra de cerimonias. Ela foi a encargada de moderar a conversa entre Costas e Bragado, pero o seu papel foi moito máis aló diso. Arrancou a súa presentación cunha intervención na que foi debullando, un a un, os múltiples percorridos literarios que poden realizarse na cidade de Vigo, entre eles: o Vigo criminal, “que tivo no profesor Manuel Forcadela a un dos precursores, pero ao que tamén podemos sumar nomes como María Xosé Porteiro”; o Vigo histórico, “aquel de Xavier Quiroga, da época da Segunda Guerra Mundial, e con Fran P. Lorenzo, que nos contou como se xestaron os grandes edificios desta cidade”, o Vigo obreiro de Darío Xohán Cabana ou de Francisco Castro, ou o Vigo querido de Agustín Fernández Paz, “que, mesmo non sendo de aquí, morou nesta cidade e causou pegada nel”, e o Vigo lugar de editores como Manuel Bragado, Fran Alonso ou Francisco Castro, “que tamén son escritores”. Son só algúns dos percorridos que Galanes puxo sobre a mesa, non os únicos, falou tamén, “como non podía ser doutro xeito”, do roteiro sobre Domingo Villar, de murais con escritoras como protagonistas, ou dos trobadores que cantaron ás ondas do mar de Vigo.

Mirada da escritor/a

Que é Vigo para ti? ou Cales son os vosos lugares favoritos? Son algunhas das preguntas as que Costas e Bragado foron respondendo no fío da súa conversa. “Vigo para min é a cidade amada e dígoo porque creo que cada cidade é un estado de ánimo e só desde ese estado emocional é posible comprender o tema do que hoxe estamos a falar”, salientou Bragado, quen defendeu tamén que esta é unha cidade portuaria onde todo chega e todo marcha desde o mar. No caso de Costas, que aproveitou este acto para erixirse como “filla adoptiva desta facultade”, definiu Vigo como unha matrioska, formada por moitos lugares que foron concellos independentes, cada un cos seus encantos, desde o casco vello e os seus edificios máis emblemáticos, ata o Vigo máis rural.

Temas: Universidade de VigoUVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial
Enfoque

El jardín más exótico de Vigo anuncia "un nuevo secreto", sumará una cafetería y zona comercial

El jardín de Vigo con más especies exóticas presenta una nueva apertura en su interior. Un espacio donde convive la botánica y la artesanía

PorSara Rodríguez
04/06/2026
Vigo suma un nuevo obrador de barrio que une la tradición de Galicia con los sabores de Nicaragua
Enfoque

Vigo suma un nuevo obrador de barrio que une la tradición de Galicia con los sabores de Nicaragua

Una nueva panadería de barrio que servirá de puente entre Vigo y Nicaragua. Así es este proyecto familiar que acaba de abrir en la ciudad

PorAlfredo Teja
04/06/2026
El Celta recoge antes del partido alimentos y otros productos para los afectados por la DANA
Enfoque

Campaña en Vigo para que el estadio de Balaídos no lleve el nombre de Abanca: "É público, é vigués"

El estadio de Balaídos y las calles aledañas se llenan de pancartas reclamando que el campo "es vigués, no de Abanca"

PorCarlos I. Castrillón
04/06/2026
Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen
Enfoque

Así luce el Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de Galicia y que estrena nueva imagen

El Castillo de Sobroso, uno de los más conocidos de la provincia, ya se puede volver a visitar. Estuvo cerrado varios meses por obras

PorIván Dacal
04/06/2026
La UVigo lanza sus cursos de idiomas de verano con clases en el Casco Vello de Vigo
Qué hacer

¿Cómo son los arquetipos femeninos del género de terror? Un curso los analiza en Vigo

PorPaula Carballo
04/06/2026

Un curso de la UVigo aborda diferentes arquetipos del género de terror. Está abierto al público general y ya es posible anotarse

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X