• Pulmón verde Teis
  • Vigo Arena
  • Entradas The Dorrs
  • Festival Baiona
  • Liquidación en Vigo
  • Porrigalia
  • Próxima apertura
  • Visitas gratis O Rosal
  • Fiesta gastro
  • Fiestón Ourense
  • Playa O Cocho
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Máis de 2.000 estudantes participan nos tres campus nas Xornadas de Benvida da UVigo

Máis de 2.000 estudantes participan nos tres campus nas Xornadas de Benvida da UVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
07/09/2023

1.040 alumnos no campus de Vigo, 650 no de Ourense e 540 no de Pontevedra. En total foron máis de 2.000 as alumnas e alumnos que esta semana participaron nos tres campus nas Xornadas de Benvida para o alumnado da Universidade de Vigo, unha actividade á que estaba convidado todo o alumnado, pero pensada especificamente para achegarlle as mozas e mozos que este ano se incorporan ás aulas universitarias información e asesoramento sobre os diferentes servizos que a institución académica pon a súa disposición nun ambiente totalmente lúdico e festivo.

A primeira xornada tivo lugar o pasado martes no campus de Pontevedra, que estrea este curso a titulación de Deseño, o único grao que se incorpora este curso á oferta do Sistema Universitario de Galicia; continuaron onte mércores en Ourense e remataron hoxe xoves no Pavillón Universitario do campus vigués, onde a asistencia de público foi constante ao longo de toda a mañá. “Estamos máis que satisfeitos polo notable éxito de afluencia das Xornadas de Benvida nos tres campus”, explicou a vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade Natalia Caparrini, quen se amosou “moi contenta” polo alto nivel de participación acadado.

Másnoticias

De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas

De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas

22/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026

Os universitarios e universitarias puideron consultar información nos postos dos diferentes servizos (Área de Benestar, Saúde e Deporte, Unidade de Igualdade, Área de Normalización Lingüística, Área de Emprego e Emprendemento, Centro de Linguas…), así como das delegacións e asociacións de estudantes (UVigo SpaceLab, CES UVigo, ESN...). Como novidade este ano incorporáronse tamén a esta oferta o Servizo de Posgrao e a Escola Aberta de Formación Permanente, co obxectivo de abrir o interese das xornadas non só ao novo estudantado de grao, senón tamén de mestrado ou doutoramento.

Experiencia de Briseida, Mauro, Nuno, Celia e Alba

A maioría dos estudantes acudiron á feira en grupo, con compañeiros de piso ou residencia, ou con persoas que xa tiveron oportunidade de coñecer nas presentacións organizadas polas diferentes escolas e facultades. Un destes grupos é o de Briseida Afonso, Mauro Míguez e Nuno Rozas, tres estudantes ourensáns que arrancan agora a súa vida universitaria. Briseida, de Padrenda, estudará Tradución e Interpretación; Mauro, de Ribadavia, Química; e Nuno Rozas, de Carballeda de Avia, Ciencias do Mar. “Este tipo de actividades están xenial para poder ir situándonos”, explica Briseida, quen admite que están aínda “aterrando no campus”. Encantados coas titulacións elixidas, Nuno admite que a súa primeira opción era Bioloxía, “pero, se ao final me gusta Ciencias do Mar, mantereime nela”.

A viguesa Celia Fernández, do Grao en Comercio, e a pontareana Alba Rivas, do Grao en Enfermaría, agradecen os agasallos que se están a repartir na feira (axenda universitaria, memorias USB, bolsas de tea co logo da UVigo…). Entre os postos que máis lle sorprenderon mencionan o da Área de Normalización Lingüística ou o da asociación de estudantes ESN Vigo, xa que a ambas lles encantaría “facer unha estancia Erasmus noutro país”.

Inauguración oficial do curso 2023/2024

Tras estas tres xornadas de benvida mañá venres terá lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais o Acto solemne de apertura do curso académico 2023/2024 no que están previstas as intervencións do reitor, Manuel Reigosa, que falará en nome dos tres reitores galegos; do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e da catedrática da Facultade de Belas Artes Yolanda Herranz, que será a encargada de impartir a conferencia inaugural. Programado para as 12:00 horas, o evento contará coa asistencia de diferentes personalidades do mundo académico, social e político.

Con motivo desta inauguración oficial, este día foi declarado non laborable na UVigo, de tal xeito que o resto de dependencias da institución académica permanecerán pechadas.

Temas: Universidade de VigoUVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El BNG denuncia que el Concello de Vigo recauda "más que nunca" pero solo usa un 27% del dinero
Enfoque

El BNG denuncia que el Concello de Vigo recauda "más que nunca" pero solo usa un 27% del dinero

Lamentan que el Gobierno local "promete pero no hace" y proponen destinar el dinero no usado para vivienda pública o bus urbano

PorUxía Pérez
23/07/2026
O Porriño reformará el velódromo para crear en un espacio referente del deporte urbano
Enfoque

El histórico Velódromo de O Porriño se transforma en el Halcón Milenario, así será el "skatepark galáctico"

Así será el gran complejo de deporte de urbano de O Porriño en el Velódromo, con un skatepark inspirado en el "Halcón Milenario" de Star Wars

PorCarlos I. Castrillón
23/07/2026
Vigo pone en marcha la primera fase para transformar la plaza del Concello uniéndola a O Castro
Enfoque

Vigo pone en marcha la primera fase para transformar la plaza del Concello uniéndola a O Castro

El Concello pone en marcha la transformación de la plaza, que creará un bosque, cubrirá dos calles y contará con nueva cafetería y gradas

PorÁngel Vila
23/07/2026
Vigo estrena este viernes el "submarino" gratuito en plena Ría en el que podrás ver el fondo del mar
Enfoque

Vigo estrena este viernes el "submarino" gratuito en plena Ría en el que podrás ver el fondo del mar

Abre el visor submarino de Vigo en el que podrás sumergirte gratis en la Ría y que tendrá un mirador único al atardecer

PorCarlos I. Castrillón
23/07/2026
De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas
Enfoque

De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas

PorUxía Pérez
22/07/2026

Explora o potencial das macroalgas para frear as proliferacións de algas nocivas - A investigadora do CIM Rocío Blanca Sújar realiza unha estadía en Sapporo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X