Marea de Vigo, tal e como fixo na anterior lexislatura, volve a denunciar a situación na que se está deixando á Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO), situación, segundo o Grupo municipal, que “non supón novidade algunha, xa que o desmantelamento da escola vén de varios anos atras, coincidindo co Goberno de Abel Caballero”
“É unha absoluta irresponsabilidae deixar caer a esta escola centenaria – asegurou Oriana Méndez, concelleira da Marea de Vigo - , na que se teñen formado grandes artesáns de recoñecemento internacional, e que ademais conta cunha gran demanda de acceso”. “Isto só supón – continuou – unha falta de visión cultural por parte deste Goberno que insiste en colocar as expresións artísticas nun segundo ou terceiro plano”.
Xa no pasado curso do 2018-2019, a causa da mala xestión en materia de recursos humanos por parte do Goberno local, as clases tivéronse que suspender en reiteradas ocasións pola falla de persoal tanto docente como administrativo. “Debido a esta mala xestión, o curso pasado xa non comezou de xeito ordinario, comezando as clases en xaneiro en lugar de setembro por non ter feito antes a selección do persoal” indicou Oriana Méndez.
Ante esta situación, “o que nos atopamos agora é que na convocatoria para o curso que vén só se ofertan de novo acceso as prazas que quedaron vacantes do pasado curso; isto é, 59 prazas para o novo curso fronte as arredor de 300 que se ofertaban nos pasados cursos”.
Marea de Vigo avoga por poñer á disposición da EMAO e habilitar espazos municipais para poder desenvolver clases para o vindeiro curso. “É vontade politica habilitar espazos para poder ofertar máis prazas ante a demanda por parte da cidadanía, favorecendo ademais que se seguise contratando máis profesorado nas diferentes disciplinas”.
Vigo celebrará un pleno extraordinario por el caso Saltamontes el 19 de junio. La oposición critica que Caballero no comparecerá
El Códice Calixtino protagonizó uno de los robos más llamativos de la historia de Galicia. Ahora, el papa León XIV recibirá la primera edición facsímil
Una terraza de Nigrán con increíbles vistas al mar suma una nueva propuesta gastro. Un restaurante de Vigo aterriza con su cocina fusión
Un conocido influencer argentino de casi medio millón de seguidores se enamora de O Porriño. "De los ayuntamientos más bonitos de España"
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL