Marea de Vigo denuncia a imposición dun protocolo sen negociación algunha coa comunidade educativa, “protocolo que implicaría grandes cambios nas aulas, no transporte, nas actividades extraescolares e en servizos esenciais como o Plan Madruga e os comedores escolares” sinala Oriana Méndez
Tras meses de demandas por parte da comunidade educativa á Consellería de Educación para a elaboración consensuada dun protocolo para inicio do curso, a Consellería vén de aprobar o “seu” propio protocolo, que xa conta cun forte rexeitamento por parte de toda a comunidade educativa. “Non conta con medidas efectivas que minimicen os contaxios, non diminúen as ratios para garantir a distancia de seguridade seguindo as recomendacións da OMS e o Ministerio de Sanidade e non contempla a opción de incrementar o persoal para poder facer fronte a moitas das medidas que establece o propio protocolo” asegura Oriana Méndez, concelleira da Marea de Vigo.
“De nada vale establecer un protocolo de xeito unilateral sen dotalo nin de orzamento nin de persoal, deixando coma sempre nas mans da comunidade educativa e das familias cuestións tan relevantes como a garantía de comedor escolar para todo aquel alumnado que así o precise” engade a concelleira.
Marea de Vigo apoia todas as demandas da comunidade educativa e as ANPAS, e pide a participación activa de todas as administracións que teñen competencias en educación, para garantir servizos como as aulas matinais, actividades extraescolares, transporte escolar, e os comedores escolares, “servizos fundamentais para a conciliación familiar e laboral, como o comedor, que hoxe en día é a garantía de que moito alumnado teña unha comida equilibrada ao día” conclúe Oriana Méndez.
Ya se han desvelado los precios del parque acuático de Monterrei, en Pereiro de Aguiar, para el verano de este 2025. ¡Descúbrelos aquí!
Los videojuegos más clásicos tienen una "vida extra" actualmente, también en Vigo. Estos son los artículos mejor pagados en una tienda gamer de Vigo
Vigo, que se escapa de la alerta amarilla por calor, podría alcanzar los 32 grados en el inicio de la próxima semana
Las obras pondrán fin al adoquín de la calle Doutor Cadaval del centro de Vigo para renovar el firme por rodadura pulida
O prazo de inscrición para este título xa está aberto
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL