O voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez, explicou en rolda de prensa os eixos nos que se fundamentan as emendas que a Marea de Vigo rexistrou no día de hoxe cara ao debate sobre o uso dos remanentes. “Nesta altura é esencial para a economía viguesa incrementar as partidas para o comercio e hostalería local, servizos sociais, sector cultural ou tecido veciñal” apuntou.
Pérez lembrou que durante a pandemia xa se levaron a cabo modificacións orzamentarias por un valor de 18 millóns de euros “que foron utilizados en diversas cuestións como algunhas relacionadas con axudas sociais, mais agora temos unha grande oportunidade de adicar 33 millóns de xeito efectivo para axudar a paliar os efectos da crise económica derivada da COVID-19”.
“Hai cuestións que non poden esperar, como completar o catálogo de servizos sociais en materia de vivenda, con programas de alugueiros e hostais para poder dar solución habitacional urxente, nun contexto tan complexo como o das persoas en situación de rúa ante a crise sanitaria” expuxo Rubén Pérez.
Análogamente ás propostas de axuda directa ao comercio local, Marea de Vigo da especial importancia á hostalería local, para a que propón axudas directas para o pago de alugueiro, cobertura de gastos comúns e mantemento e mesmo creación de emprego no sector, xunto á implantación de melloras comerciais.
Marea de Vigo insiste na idoneidade de utilizar os recursos dos remanentes para paliar a crise económica, sendo “rotundamente falso que non se poidan consignar estes gastos, tal e como leva dito o Goberno de Abel Caballero ata agora, cando chega a poñer por diante das axudas económicas gastos ornamentais e de dubidosa prioridade como a cubrición do tranvía de Castelao” conclúe o voceiro municipal.
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Los usuarios y usuarias de las playas de Baiona podrán volver a bañarse en Ladeira y Santa Marta. Ambas vuelven a tener un agua "excelente"
La vicepresidenta de la Diputación Luisa Sánchez destaca que la nueva imagen de Pintor Colmeiro ya está lista para que Vigo la disfrute
El policía fue alcanzado por un petardo, que le impactaría en el pie derecho, por lo que tuvo que ser atendido en urgencias
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL