O Concello de Mos vén de notificar ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital que a empresa R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U non completou as actuacións necesarias para a implantación do programa de extensión da banda longa de nova xeración en Mos, pola que recibiu subvención da devandita administración estatal. A maior parte do municipio, que supera os 15.000 habitantes, non pode navegar a alta velocidade debido á ausencia de fibra.
Segundo explican dende o Goberno local, "o municipio mosense tería que estar xa dotado de internet de alta velocidade grazas ao Programa Extensión da Banda Larga de Nova Xeración da Administración Xeral do Estado, que promovía despregamentos de redes ultrarrápidas de acceso a internet no territorio galego". R Cable dispoñía de prazo até 2020 para despregar redes ultrarrápidas de máis de 100 Mbps en núcleos de toda Galicia, entre eles debería ter estado Mos.
Desde a administración local mosense laméntase que a operadora "teña freado a implantación da banda ancha en Mos xusto no momento máis necesario, cando a crise sanitaria da COVID-19 obriga e esixe o teletraballo". Tanto técnicos municipais como representantes do goberno local aseguran que levan meses traballando neste asunto sen que tiñan conseguido nada. Teletraballar dende Mos é cada día misión imposible para centos de veciños, que se teñen que confomar con conexións de 4G, cada vez máis saturadas.
A operadora recibiu subvención para realizar a instalación de fibra nos núcleos de San Pedro de Cela, Santa María de Dornelas, Santa María de Guizán, San Salvador de Louredo, Santa Eulalia de Mos, San Miguel de Pereiras, San Mamede de Petelos, Santa María de Sanguiñeda, San Martín de Tameiga e San Mamede de Torroso. A data de hoxe soamente San Antoíño en Louredo, parte da parroquia de Petelos, e tamén algunhas partes das parroquias de Dornelas e Tameiga contan co despregue.
"¿Qué es eso de que quieren poner un peaje las constructoras entre Vigo y Ourense? Lo que nos faltaba", exclama el alcalde de Vigo
Colas kilométricas en la AP-9 a la salida de Vigo por un accidente de tráfico. La operación salida empieza con grandes retenciones
Está aberto o prazo de inscrición e tamén o de envío de comunicacións e pósters - A cita terá lugar os días 24 e 25 no edificio Politécnico
Los redactores tendrán un plazo de dos meses para la presentación del proyecto básico y de tres meses más para el de ejecución
O estudo levouse a cabo nunha vintena de regatos da provincia de Pontevedra
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL