• Planazos finde
  • Liquidación en Vigo
  • La Vuelta
  • Proyecto turismo
  • Eclipse lunar
  • 120 años de bar
  • Celta 360
  • Reapertura vintage
  • Urbanismo Vigo
  • Festas do Cristo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Nace, con sede no Centro de Investigación Mariña da UVigo, a Sociedad Española de Criobiología

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
17/03/2023

Con sede no Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e coa científica Estefanía Paredes como presidenta fundacional, nace a Sociedad Española de Criobiología (SECrio). Esta entidade pretende agrupar unha ampla diversidade de profesionais con intereses neste ámbito de coñecemento que estuda os efectos das baixas temperaturas en materiais ou sistemas biolóxicos.

Detrás do nacemento desta nova sociedade está un grupo de investigadores da Universidade de Vigo, Universitat Autònoma de Barcelona, Universitat de València, Universitat Politècnica de València, Universidad de Sevilla, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Instituto Valenciano de Investigaciones Agrarias e a empresa Overture Life. O obxectivo é que se converta nun foro de intercambio de coñecementos entre profesionais e estudantes de diversas áreas científicas, tecnolóxicas e industriais que estudan os sistemas biolóxicos a baixa temperatura ou empregan as técnicas de criobioloxía para o seu traballo. Estes intercambios e colaboracións entre expertos repercutirá tamén, explican dende a sociedade, “no aumento do coñecemento fundamental e o desenvolvemento aplicado da criobioloxía no noso país”.

Másnoticias

A investigadora da UVigo Lucía Cassani acada o premio Young Investigator Award

05/09/2025

A UVigo comeza a escavación dunha antiga necrópole situada no propio campus universitario

04/09/2025

A xuntanza fundacional tivo lugar este mes e nela nomeáronse os membros da directiva, que estará coordinada pola investigadora do CIM-UVigo Estefanía Paredes. A científica explica que “o nacemento desta sociedade é algo que persoalmente levaba xestándose na miña cabeza un tempo, era algo que tiña comentado con outros investigadores que era necesario desenvolver”. Finalmente, o ano pasado no marco do congreso da Society for Cryobiology, os investigadores españois participantes concretaron nunha xuntanza “os beneficios científicos de formar unha sociedade española e decidiron que me apoiarían se me lanzaba a dar os primeiros pasos, e así foi”. Sobre o equipo directivo, Paredes recalca que se trata dun “grupo fantástico de científicos con moita experiencia nacional e internacional”, sen cuxa disposición “non estaría hoxe aquí. Despois de tanto tempo, ver a Sociedade Española de Criobiología ser unha realidade é moi satisfactorio”.

Sede no CIM-UVigo

Esta sociedade nace intimamente ligada á Universidade de Vigo, xa que ademais de recaer a  dirección en Estefanía Paredes, a súa sede estará no CIM-UVigo, concretamente nas instalacións da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, Ecimat. “Xa somos internacionalmente coñecidos coma autoridade de coñecemento en criobioloxía aplicada a organismos mariños”, recoñece Paredes, pero que a sede estea aquí “é moi positivo para a visualización do CIM a nivel nacional, para a atracción de talento para colaboracións e para facilitar o acceso a financiación”. Ademais, engade, o centro da Universidade de Vigo será “o nodo central para comunicación e interacción dos membros da sociedade e isto sempre enriquece a comunidade científica. Penso que vai ser moi positivo”.

Unha vez culminado o proceso de creación da sociedade e coa vista posta no curto e medio prazo, os seus impulsores agardan que esta entidade sirva para “crear comunidade, facilitar o contacto entre científicos e fomentar a posibilidade de colaboracións; vemos a sociedade coma unha plataforma que vai permitir a diferentes científicos cun interese común compartir os seus resultados, discutir retos e identificar novas oportunidades de investigación. Unha nova sociedade científica pode achegar a investigadores de diferentes disciplinas e facilitar a colaboración interdisciplinar e innovadora”. Ademais, explican, “queremos dar soporte aos investigadores novos de construír a súa rede de colaboradores, facilitar estancias ou publicitar emprego especializado. Finalmente, a sociedade tamén ten coma obxectivo visibilizar o noso traballo e a súa utilidade para a sociedade”.

Que é a criobioloxía?

Dentro do ámbito da criobioloxía inclúense tanto os estudos de sistemas sometidos a calquera temperatura entre 0 °C e o cero absoluto (-273,15ºC) como aqueles que se atopan por debaixo do seu rango fisiolóxico, dende a hipotermia moderada ata condicións de hibernación.

En criobioloxía realízanse estudos básicos de procesos biolóxicos ou fisicoquímicos asociados ás baixas temperaturas que contribúen á xeración de coñecemento, así como o desenvolvemento de aplicacións prácticas que contribúen á investigación e o desenvolvemento. Ademais, explican dende SECrio, existen técnicas criobiolóxicas como a criopreservación que son moi empregadas para a conservación de diversos materiais biolóxicos como espermatozoides, óvulos, embrións, sementes, esporas, bacterias, proteínas, etc. por períodos de tempo moi prolongados. Porén, dende a sociedade recalcan que exclúen do concepto de criobioloxía e do seu alcance “a crioxenia humana no sentido da crioconservación de seres humanos e animais despois do seu falecemento coa esperanza da súa resurrección futura”.

Temas: CriobiologíaUniversidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

La heladería de moda en Vigo reta al invierto y ya prepara sorpresas para Navidad

...

PorAlfredo Teja
07/09/2025
Enfoque

La Xunta recibe una veintena de solicitudes de ayuda para la reconstrucción tras los incendios

...

PorEuropa Press
06/09/2025
Enfoque

Restaurante, hotel, spa y miradores, así es el proyecto para reformar una casa en Galicia

...

PorMiguel Alonso
06/09/2025
Enfoque

El "bar de pueblo" que ha llegado a los 120 años vive su jornada más especial en Mos

...

PorUxía Pérez
06/09/2025
Enfoque

A investigadora da UVigo Lucía Cassani acada o premio Young Investigator Award

PorMetropolitano
05/09/2025

O seu traballo céntrase na extracción verde de compostos bioactivos de subprodutos agroalimentarios

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

04sepTodo el díaFiesta del Marisco de Vigo 2025GASTRO | VIGO

04sepTodo el díaFiestas del Cristo en O Porriño - Programación completaO PORRIÑO | FIESTAS

07sep09:00Festa dos Callos de SalcedaFIESTA GASTRONÓMICA | SALCEDA

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X