A modernidade e esa sustentabilidade tan demandada precisa de accións como carrís especiais para bicis e patinetes eléctricos. Vigo atópase nese camiño. Inaugurou fai unhas semanas o primeiro tramo dun vial que conectará Samil co barrio de Teis. Marea de Vigo, sen embargo, amosa a súa preocupación pola actúa. O seu portavoz, Rubén Pérez Correa, sinala que “o carril bici está decidido sen un criterio técnico e improvisando medidas recomendadas pola DGT” e destaca que supón “un serio risco” para as persoas usuarias, os viandantes e os condutores de vehículos ao transitar en paralelo á liña do Vitrasa”. Abel Caballero xa sinalou que non habería tal problema coa liña do transporte público xa que o tránsito de ciclistas ou usuarios de patinete eléctrico sería regulado a través de semáforos.
Marea de Vigo esixe que as cuestións de seguridade estean sempre presentes neste tipo de actuacións que implican mobilidade e teñan incidencia na vía pública. Rubén Pérez Correa lembra que foi aprobada unha moción que reclamaba a necesidade de adaptar a cidade “aos novos xeitos de mobilidade que cada día son unha realidade máis complexa e con formulacións que requiren tanto de infraestruturas coma de organización diferentes”.
O grupo municipal tira de hemeroteca. Destaca que no ano 2017 xa consideraba acertada a concreción dunha ordenanza sobre mobilidade sostible, pero que entendía que esta “tiña que artellarse dentro das liñas estratéxicas do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) aprobado polo Concello de Vigo en 2014”. Nese documento recollíase coma un dos obxectivos a mellora das condicións de mobilidade peonil e ciclista. Rubén Pérez apunta que “a decisión de que o carril bici transcorra por estas vías non está realmente acorde cos obxectivos marcados no PMUS e nas propostas iniciais de carrís bici, xa que e precisamente polas dificultades de tráfico e deseño que comportan rúas coma Pizarro ou Camelias, se priorizaban outras vías”. Marea de Vigo reitera a súa petición ao Concello sobre este Plan de Seguridade e asegura que o solicitará ao valedor en caso de non dispoñer do mesmo o 31 de outubro.
La organización ha suspendido el tercer tramo de este viernes en el Rallye Rías Baixas. Un coche se incendió tras un accidente
"¿Qué es eso de que quieren poner un peaje las constructoras entre Vigo y Ourense? Lo que nos faltaba", exclama el alcalde de Vigo
Colas kilométricas en la AP-9 a la salida de Vigo por un accidente de tráfico. La operación salida empieza con grandes retenciones
Está aberto o prazo de inscrición e tamén o de envío de comunicacións e pósters - A cita terá lugar os días 24 e 25 no edificio Politécnico
O estudo levouse a cabo nunha vintena de regatos da provincia de Pontevedra
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL