• Incendios Galicia
  • Planazo O Rosal
  • Apertura Vigo
  • Fiesta Gastro Vigo
  • Baños de bosque
  • Planes finde
  • Shopping Night O Porriño
  • Río Verbena Fest
  • Cambio velocidad A-55
  • Brunch Vigo
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

Novas actividades na UVigo para celebrar o Día Mundial da Creatividade e da Innovación

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
21/04/2025

Coincidindo co 21 de abril, Día Mundial da Creatividade e da Innovación, a UVigo lanza novas actividades coas que celebrar esta data e que se suman, nos campus de Vigo e Ourense, a todas as actividades programadas en Pontevedra ao abeiro da Semana CREA, programación que arrancará maña martes e que engloba unha decena de conferencias, mesas de debate e obradoiros tanto no campus como noutros espazos da cidade.

As actividades organizadas para os campus de Vigo e Ourense chegan da man da Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i), englobadas dentro do Plan de Ciencia de Ida e Volta, iniciativa que conta co apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Másnoticias

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

01/08/2025

El Gobierno anuncia una ayuda de 7,5 millones para la UVigo para fortalecer su área de fotónica

31/07/2025

Obradoiro práctico para impulsar a creatividade nas aulas

No caso de Vigo a cita será o mércores 23 de abril ás 17:00 horas no edificio Redeiras co obradoiro gratuíto Pensamento creativo: obradoiro práctico para impulsar a creatividade na aula, dirixido a profesorado de Educación Primaria e Secundaria. A formación correrá a cargo da directora da Área de Imaxe da Universidade de Vigo, Juli Molares Cardoso, profesora na Facultade de Comunicación, onde coordina o mestrado en Dirección de Arte Publicitaria.

Este taller, para o que aínda quedan prazas dispoñibles, propón un percorrido práctico arredor da creatividade como ferramenta educativa. Estruturado en tres bloques, comezará cunha introdución ao concepto de creatividade, desmontando mitos frecuentes e analizando as barreiras que dificultan o seu desenvolvemento nas aulas. A continuación, afondarase no pensamento lateral, como método para abordar problemas de xeito non convencional. Por último, exploraranse diversas técnicas de pensamento creativo mediante exercicios verbais, conceptuais e visuais que estimulan a asociación de ideas, o cambio de perspectiva e a resolución de problemas de maneira innovadora.

Taller para persoas migrantes en colaboración coa Cruz Vermella

A programación complétase o venres 25 de abril cun segundo obradoiro que terá lugar nas oficinas de Cruz Vermella en Ourense dirixido a persoas migrantes. Nesta caso, a formación será conducida por Joseba Delgado-Parada, investigador predoutoral FPU do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación da Facultade de Educación e Traballo Social.

Baixo o título Design Thinking Extremo, este taller busca mellorar a capacidade das persoas participantes para identificar e resolver problemas cotiáns, a través da metodoloxía Design Thinking, que segue un proceso estruturado con fases como empatizar, definir, idear e prototipar. Utilizaranse estratexias creativas como o uso de vídeos animados para favorecer a identificación emocional, técnicas como o Brainstorming e os Seis Sombreros para Pensar de De Bono, así como ferramentas visuais para representar solucións. A proposta, inspirada na guía de iniciación de Fernández Iglesias et al. (2020) e no repositorio Thinklusion, ten como obxectivo fomentar a empatía, reforzar a autoestima e estimular a autonomía das persoas migrantes ante os desafíos dos seus procesos de adaptación.

As persoas participantes neste obradoiro reciben apoio de Cruz Vermella dende o proxecto de Integración de Inmigrantes, para o que a organización conta co apoio da Xunta de Galicia a través de fondos IRPF. Só durante o ano 2024, foron atendidas 1113 persoas chegadas dende diferentes países, maioritariamente de Venezuela, Colombia e Cuba. O perfil habitual é unha muller de mediana idade, con responsabilidades familiares, que precisa formación prelaboral e apoio psicosocial.

Historias persoais nunha serie de cinco pódcast

Ademais, aproveitando a celebración desta actividade, a UCC+i lanzará a vindeira semana unha serie de cinco episodios en formato pódcast, protagonizados por algunhas das persoas participantes neste obradoiro. Neles recóllense historias persoais que amosan como a metodoloxía Design Thinking contribuíu na súa toma de decisións diaria. “En cada episodio abordaremos unha historia persoal, de xeito que o pódcast conforme un repositorio para outras persoas migrantes en situación de vulnerabilidade”, explican desde a organización.

Desde a UCC+i destacan, neste senso, que “a colaboración entre a Universidade de Vigo e Cruz Vermella fai posible a transferencia de coñecemento e metodoloxías innovadoras a contextos reais, contribuíndo así a crear pontes entre o ámbito académico e as necesidades da cidadanía”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Una persona con cámara de vídeo graba un fuego en el polígono industrial de A Rúa, a 16 de agosto de 2025, en A Rúa, Ourense, Galicia (España).
- Rosa Veiga - Europa Press
Enfoque

Estabilizado el mayor incendio de Galicia tras quemar al menos 30.000 hectáreas en diez días

...

PorIván Dacal
23/08/2025
Enfoque

Vigo se prepara para la apertura del "primer estudio boutique de barre y pilates exclusivo para mujeres"

...

PorShelly Villaverde
23/08/2025
Foto: CIG
Enfoque

Quejas en Vigo por la "sobrecarga laboral" de los trabajadores de Eroski y Familia en Galicia

...

PorMetropolitano
23/08/2025
Vista de los incendios del Macizo Central, a 11 de agosto de 2025, en Chandrexa de Queixa, Ourense, Galicia (España).
- Rosa Veiga - Europa Press
Enfoque

Galicia da por estabilizados dos de los grandes incendios forestales de Ourense

...

PorEuropa Press
23/08/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X