• Homenaje en Vigo
  • Obras Balaídos
  • Visitas Teatro Cine Fraga
  • Temporal Vigo
  • Navidad Top Portugal
  • Ofertas Ryanair Galicia
  • Bono Comercio Galicia
  • Photocalls Vialia
  • Magosto Nigrán
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Enfoque

O alumnado da UVigo presenta proxectos innovadores para loitar contra o cambio climático

O alumnado da UVigo presenta proxectos innovadores para loitar contra o cambio climático
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
03/05/2023

Os problemas relacionados co medio ambiente e o cambio climático centraron este mércores a presentación de proxectos da vixésima edición do Congreso de Traballos Colaborativos, unha experiencia na que alumnas e alumnos de distintos graos traballan conxuntamente no desenvolvemento de proxectos innovadores nos que, ao igual que acontece na realidade laboral, interveñen persoas de moi distintos perfís profesionais. Con dúas edicións por curso, unha por cada cuadrimestre, nesta 20 edición participaron nesta experiencia 97 alumnas e alumnos da Escola de Enxeñería Industrial e das facultades de Bioloxía e Filoloxía e Tradución. Presentaron traballos sobre como eliminar ecoloxicamente os residuos plásticos, creación de plásticos biodegradables, novos sistemas que melloran a produción de alimentos e proteínas animais, redución do consumo de auga, impacto ambiental…

O encontro, no que se presentan un total de 16 proxectos e que se prolongou ao longo de toda a mañá, celébrase nesta ocasión no salón de actos do edificio de Ciencias Experimentais. A inauguración contou coa participación da vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama; a decana da Facultade de Bioloxía, Mercedes Gallardo; o subdirector da Escola de Enxeñería Industrial, Mohamed Boutinguiza, e a profesora Nuria Pedrol, coordinadora desta edición do congreso xunto co profesor José Antonio Alonso Rodríguez, principal impulsor, xunto con José Luis González Cespón, desta iniciativa posta en marcha no 2012.

Másnoticias

Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

05/11/2025
Descubre los 17 cines de Galicia, cuatro de ellos en Vigo, que ofrecen precios reducidos a mayores de 65 años

Tarde de cine gratis en pleno centro de Vigo con la proyección de 5 cortos

05/11/2025

Todos fixeron fincapé en que o traballo na vida real tamén é colaborativo. “En calquera proxecto ou empresa reúnense enfoques moi distintos e o éxito non chega se non se camiña de maneira conxunta”, salientoulles a vicerreitora, quen fixo fincapé na importancia de que estes proxectos, “exemplos claros de transferencia da ciencia á sociedade” axuden a resolver problemas reais das e dos cidadáns. A colaboración non sempre é doada e neste aspecto fixo fincapé a coordinadora da actividade, Nuria Pedrol, que agradeceu ao alumnado todo o esforzo realizado para levar a bo termo os diferentes traballos, algo no que tamén insistiron Mercedes Gallardo e Mohamed Boutinguiza. “Cada grupo ten talentos diferentes”, salientou a coordinadora, ao que engadiu que ao longo deste congreso vaise poder comprobar de xeito claro as competencias que teñen adquirido, “non só as específicas de cada un dos graos, senón tamén as transversais que tanto vos tentamos transmitir dende que chegades á universidade”.

“Unha nova perspectiva máis ecolóxica”

Insectos polinizadores para a agricultura, invernadoiros verticais para a produción de brotes, novos produtos alimentarios con baixos contidos en graxas e baixas taxas de contaminación, unha pranta de produción de bioetanol a partir de microalgas, outra dedicada á produción de celulosa bacteriana ou unha empresa de venda de seda ecolóxica a nivel industrial. Os exemplos dos traballos que se presentaron ao longo de toda a mañá son variados.

Os primeiros en presentar o seu proxecto foron un equipo composto por seis mozas e mozos, estudantes da Facultade de Bioloxía e da Escola de Enxeñería Industrial. Bautizaron a súa iniciativa como Peelastic, unha idea empresarial coa que buscan minimizar o uso do plástico convencional, altamente contaminante, debido sobre todo á súa lenta degradación, por un bioplástico desenvolto a partir dun residuo tan común como a cáscara de laranxa. “Unha das principais aplicacións deste material biodegradable é a produción de bolsas e utensilios que se degradarían na súa totalidade nun período de tempo moi breve e sen provocar danos ao medio ambiente”, explicaron os estudantes na presentación do proxecto. Trátase, ao seu modo de ver, de ir creando “unha nova perspectiva máis ecolóxica de ver o mundo”, empregando, neste caso, un residuo habitual como materia prima para un novo proceso produtivo, “materia que en condicións normais sería desbotada”.

En relación tamén coa utilización dos plásticos petroquímicos de un só uso e que tardan miles de anos en degradarse, presentouse un proxecto dirixido á produción de bioplásticos con fins médicos. Neste caso, a materia prima serían residuos procedentes da industria láctea e o resultado final diferente tipo de material sanitario como poden ser suturas, lentes ou próteses temporais. “Unha vez o produto cumpra a súa función degradarase coa maior facilidade”, recalcaron os alumnos.

Preto de 2000 estudantes

Nestes 10 anos de congreso pasaron por esta experiencia preto de 2000 estudantes das diferentes titulacións impartidas na Escola de Enxeñería Industrial e as facultades de Bioloxía, Ciencias Xurídicas e do Traballo, Ciencias Económicas e Empresariais, e Filoloxía e Tradución. “É impresionante ver o compromiso e a dedicación que demostraron os estudantes para traballar xuntos e crear proxectos innovadores e de gran calidade”, explica o profesor da Escola de Enxeñería Industrial José Antonio Alonso Rodríguez. “Este logro é unha proba do valor da colaboración e do traballo en equipo, habilidades esenciais en calquera carreira e na vida”, subliña o docente, ao tempo que recalca a idea de que estes estudantes demostraron que cando se unen os esforzos e se comparten coñecementos e habilidades, pódense conseguir grandes cousas.

O feito de que estes traballos colaborativos leven unha década presentándose é, a xuízo de Rodríguez Alonso, unha clara indicación de que este programa está a proporcionar unha experiencia de aprendizaxe “valiosa e significativa”, sobre todo en ámbitos como a comunicación, tanto escrita como oral; a colaboración e o pensamento crítico. “Este logro tamén reflicte o compromiso e a dedicación do profesorado e do persoal universitario que apoiou aos estudantes na súa viaxe de aprendizaxe e na produción destes traballos”, destaca o coordinador, ao tempo que resalta o feito de que esta é unha experiencia que o alumnado acostuma gardar na súa memoria. “En máis dunha ocasión os estudantes graduados contáronnos que esta experiencia foi un aspecto diferencial na súa entrevista de traballo, ben por ter participado nela, ben pola súa forma de comunicarse”, subliña o docente.

Ao longo destes anos as temáticas dos proxectos tamén foron cambiando. Nas primeiras edicións os temas, segundo explican os organizadores, eran máis técnicos e, pouco a pouco, foron evolucionando cara a cuestións de carácter máis social “sen perder a base técnica”.

Temas: Universidad de VigoUniversidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal
Enfoque

Un proyecto sobre el cáncer de mama triple negativo de la UVigo gana el premio Zendal

...

PorCarlos I. Castrillón
05/11/2025
Rueda plantea a Caballero grandes conciertos en Vigo durante 11 años para celebrar los 'Xacobeos'
Enfoque

La Xunta plantea a Caballero un acuerdo para desbloquear los grandes proyectos de Vigo

...

PorAlfredo Teja
05/11/2025
Transportes avanza en el proyecto para mejorar la N-120 en Ponteareas y hace algunos cambios
Enfoque

Transportes avanza en el proyecto para mejorar la N-120 en Ponteareas y hace algunos cambios

...

PorEuropa Press
05/11/2025
El viento tumba árboles, cables eléctricos y vallas en Vigo, con 17 incidencias por el temporal
Enfoque

El viento tumba árboles, cables eléctricos y vallas en Vigo, con 17 incidencias por el temporal

...

PorMetropolitano
05/11/2025
Descubre los 17 cines de Galicia, cuatro de ellos en Vigo, que ofrecen precios reducidos a mayores de 65 años
Qué hacer

Tarde de cine gratis en pleno centro de Vigo con la proyección de 5 cortos

PorMetropolitano
05/11/2025

Maratón de cortometrajes en pleno centro de Vigo. El Casco Vello acoge una proyección con algunos de los cortos más premiados de Galicia

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X